acciondeveran2021

Acción de Verán

CAMPAÑA DE VERÁN

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2021.

Como xa ocorreu en 2020, as circunstancias derivadas da crise sanitaria da Covid 19fan moi necesario poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio favorable para as súas emocións e sentimentos. Así, a oferta comprenderá actividades que se levarán a cabo coas adaptacións necesarias en canto a limitacións de aforo máximo nas instalacións xuvenís ofertadas, reforzo das medidas hixiénico sanitarias e incremento das rateos monitor/participante para unha prestación do servizo máis eficiente e con todas as garantías.

Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas.

 

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

CAMPAMENTOS

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro. Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!

Descarga toda a información dos campamentos

DATA DO SORTEO: 

O sorteo público terá lugar o venres11 de xuñoás 12 horas, na sala de prensa da Consellería de Política Social, na 3ª planta das dependencias desta consellería, no edificio administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

RESULTADO DO SORTEO:

 

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS E PARTICIPANTES SOBRE O PROTOCOLO COVID-19. CAMPAÑA DE VERÁN 2021

Consulte aquí a información

 

FASE DE RESERVAS

Anúnciase a apertura da fase de reservas a partir do venres, 25 de xuño, para os campamentos da primeira quenda de xullo. As chamadas faranse conforme ao sinalado no artigo 10 da orde reguladora.

Anúnciase a continuación das chamadas da fase de reservas para o resto das quendas de xullo, a partir do venres 2 de xullo.

 

A partir do luns, 19 de xullo, continuarase coas chamadas da fase de reservas para as quendas de agosto.

 

FASE DE RESULTAS

Anúnciase a apertura da fase de resultas (para aqueles campamentos nos que non hai solicitantes en lista de reserva) o día 5 de xullo.

A reserva destas prazas deberá efectuarse en liña, en horario de 9:00 a 13:00 horas, mediante este formulario

O formulario é válido para o día da súa presentación e para as prazas que se oferten ese día neste enlace:

Consulta de resultas

A oferta de prazas actualizarase en tempo real no enlace.

PROCEDEMENTO

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Teléfonos de información:

 

Xefatura Territorial da Coruña.

Teléfonos: 881 881 240 / 881 881 238 / 881 881 239

Xefatura Territorial de Lugo.

Teléfonos: 982 294 224 / 982 294 599

Xefatura Territorial de Ourense.

Teléfonos: 988 386 120 / 988 386 117

Xefatura Territorial de Vigo

Teléfonos: 986 817 078 / 986 817 080 / 986 817 079 / 986 817 782

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Teléfonos: 881 999 025 / 881 999 194 / 981 545 293 / 881 999 314

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

CAMPOS DE VOLUNTARIADO

A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2021 un total 40 campos de voluntariado que se desenvolverán por todo o territorio galego, aos que se suman as prazas ofertadas para mozos e mozas galegos en campos de outras comunidades autónomas.

Neste programa pode participar a mocidade de 18 a 30 anos.

Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc. 

No escenario actual, no que segue sendo moi necesario ofrecer recursos e alternativas de educación non formal para o tempo de lecer da mocidade, vólvese a apostar por esta iniciativa, recuperando agora a mobilidade entre comunidades autónomas, sempre e cando a evolución sanitaria o permita.

  • Grupos reducidos

Deste xeito, os campos de voluntariado, que seguirán sendo espazos de convivencia, compromiso e participación social, desenvolveranse en grupos reducidos de participantes, cun máximo de 12 persoas voluntarias.

Así mesmo, levaranse a cabo baixo as máximas garantías de prevención e hixiene, seguindo as recomendacións e protocolos visados polas autoridades sanitarias.

Programa 2021:

OFERTA

 

 Máis información

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROGRAMA "COÑECE GALICIA": MINICAMPAMENTOS DE LUNS A VENRES EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

Volvemos a por en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa “Coñece Galicia”!

Trátase dunha iniciativa lúdico formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

Ofrécense 600 prazas en diferentes quendas alternativas de participación nos meses de xullo e agosto de 2021, distribuídas nun total de 13 programas e instalacións diferentes.

Destinatarios/as

“Coñece Galicia” está dirixido a nenos e nenas empadroados en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento da solicitude e que queiran gozar dun programa lúdico formativo nos espazos naturais da nosa comunidade autónoma.

Programación e requisitos

Consulta aquí toda a información sobre os requisitos de participación e as actividades programadas.

Formulario de solicitude

Accede aquí ao formulario de solicitude. AVISO: Pechada a inscrición por terse esgotadas as prazas e listas de agarda en todas as quendas.

Anexos e modelos:

Máis información:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Teléfonos (L-V) de 9 a 14 horas): 981 544 645 - 981 544 854 - 981 545 702 - 981 545 822

Correo electrónico: roteiros.ctb@xunta.gal

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------

CESIÓN DO USO DE INSTALACIÓNS XUVENÍS DA ADMINISTRACIÓN GALEGA PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE OCIO EDUCATIVO E DE TEMPO LIBRE (Só para entidades ou grupos non asociados)

A Consellería de Política Social é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que realizan actividades para a xuventude non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do seu traballo. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través desta orde o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a campaña de verán 2021.

Mediante esta convocatoria, a Consellería de Política Social oferta o uso de instalacións xuvenís durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 10 de setembro.

Consulta a Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia: Galego | Castelán

Información xeral

FASE DE RESULTAS

No caso de que unha vez adxudicadas as prazas quedasen prazas sobrantes, disporase delas en fase de resultas.

As entidades e os grupos que presentaron solicitude na primeira fase do procedemento e non resultaron adxudicatarios por aplicación dos criterios da orde, terán prioridade para o acceso a estas prazas. Disporán da prioridade sinalada durante 5 días hábiles a partir da publicación da listaxe de resultas.

As entidades e grupos interesados remitirán a súa solicitude de prazas mediante un correo electrónico, no enderezo ofertaconcertada.benestar@xunta.es, cunha antelación mínima de 7 días hábiles á data de inicio da estadía que se solicita.

A adxudicación das prazas de resultas realizarase por orde de recepción de solicitudes.

Unha vez rematado o período de prioridade, as prazas dispoñibles poranse a disposición de calquera entidade ou grupo interesado que cumpra os requisitos da orde de convocatoria, mediante a apertura dun novo período de solicitudes. Estas novas solicitudes presentaranse tamén por correo electrónico, no enderezo ofertaconcertada.benestar@xunta.es, cunha antelación mínima de 7 días hábiles á data de inicio da estadía que se solicita.

A adxudicación das prazas de resultas a estas entidades e grupo non prioritarios realizarase, así mesmo, por orde de recepción de solicitudes.

LISTAXE DE PRAZAS E DATAS DISPOÑIBLES (a 02/07/2021)

RESOLUCIÓN: Adxudicación do uso de instalacións xuvenís. DOG do 21 de xuño de 2021

 

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

CAMPAMENTOS ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Pode consultarse a convocatoria aquí

 

 

 

 

 

Volvemos a por en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa “Coñece Galicia”!

Trátase dunha iniciativa lúdico formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

Ofrécense 600 prazas en diferentes quendas alternativas de participación nos meses de xullo e agosto de 2021, distribuídas nun total de 13 programas e instalacións diferentes.

Destinatarios/as

“Coñece Galicia” está dirixido a nenos e nenas empadroados en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento da solicitude e que queiran gozar dun programa lúdico formativo nos espazos naturais da nosa comunidade autónoma.

Programación e requisitos

Consulta aquí toda a información sobre os requisitos de participación e as actividades programadas. (insertar dossier)

Formulario de solicitude

Accede aquí ao formulario de solicitude.
(a partir das 16:00 horas do día 25/06/2021)

Información



Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado



Teléfonos (L-V, de 9 a 14 horas): 981 544 645 - 981 544 854 - 981 545 702 - 981 545 82


Correo electrónico: roteiros.ctb@xunta.gal