Campos de voluntariado: inscrición


 

 Solicitude de praza:

O prazo de solicitude comezará o día 19 de maio de 2021, ás 09:00 horas.

A solicitude presentarase mediante un formulario en liña, dispoñible neste enlace (habilitarase o mesmo día da apertura do prazo).

Cada persoa solicitante elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco campos de voluntariado. Na solicitude deberá identificar o campo que solicita co seu código respectivo (ver máis abaixo: "Como solicitar:").

As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Resérvase un número de prazas en campos de voluntariado en Galicia para persoas con discapacidade. Os requisitos que deben cumprir estas persoas son os seguintes:

  • O grao de discapacidade debe ser igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%.
  • Deben ter a capacidade de integración nun grupo.
  • As súas limitacións e/ou necesidades especiais deben permitirlles manexarse nas instalacións do campo e participar e beneficiarse das actividades que nel se van desenvolver.

Para estes efectos, a persoa solicitante debe indicar, no formulario de solicitude, o grao de discapacidade recoñecida. 

CAMPOS EN GALICIA:

O prazo de campos en Galicia ábrese o día 19 de maio, ás 9:00 h e estará aberto ata 5 días antes do comezo de cada campo.

Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado durante os 3 primeiros días do prazo de solicitude. Unha vez transcurrido este prazo, a persoa que queira participar en máis dun campo deberá solicitalo mediante un novo formulario.

CAMPOS EN CCAA:

1ª CONVOCATORIA

O prazo desta convocatoria para campos de voluntariado noutras CCAA, ábrese o día 19 de maio, ás 9:00 h, e péchase o día 21 de maio, ás 14:00 h.

Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado nesta convocatoria. Para participar nun segundo campo de voluntariado, haberá que esperar á segunda convocatoria.

2ª CONVOCATORIA

Unha vez pechada a 1ª convocatoria, o programa de servizo de voluntariado prevé, para as CCAA, unha nova oferta xeneralizada de prazas en 2ª convocatoria ou repesca, na que se incluirán todas aquelas prazas que estean vacantes nos campos de voluntariado nas comunidades autónomas (os campos con prazas libres poderán ser os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos).

Prazos desta convocatoria:

  • O prazo para solicitar as prazas para os campos de voluntariado noutras comunidades autónomas comezará o 1 de xuño ás 10:00h. Este prazo permanecerá aberto ata 5 días antes do inicio do campo.

O procedemento de solicitude será o mesmo que o establecido para a 1ª convocatoria, é dicir, mediante formulario en liña.

Para esta 2ª convocatoria, aconsellámoslles as persoas interesadas que estean pendentes do portal da D. X. de Xuventude, Participación e Voluntariado onde se irán actualizando en tempo real as listas de prazas e campos de voluntariado. 

 Como solicitar:

A través do formulario en liña, solicitaranse ata un máximo de 5 campos, por orde de prioridade.

 

&incricionCodigoCampo  

 

 Adxudicación de praza:

As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción das solicitudes, respectando a prioridade marcada no formulario.

Unha vez adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coas instrucións para formalizar a inscrición nun prazo de 2 días hábiles que empezará a contar dende o envio deste correo electrónico.

 Lista de agarda:

No caso de non obter praza en ningunha das opcións sinaladas no formulario de solicitude, incluirase a persoa solicitante na lista de agarda dos respectivos campos solicitados. O número de orde na lista de agarda farase tamén por orde de recepción da solicitude.

No caso de quedar algunha vacante, a persoa incluída nunha lista de agarda, recibirá un correo electrónico coas instrucións para formalizar a inscrición.

 Renuncia de praza:

exclamacionSe por algún motivo che xurdira un imprevisto que che impide participar no campo de voluntariado, deberás comunicar a renuncia o máis axiña posible para liberar a praza e facilitar así a participación doutro/a voluntario/a.

O correo electrónico para comunicar a renuncia é o mesmo que o indicado para a remision da documentación:

         Campos de CCAA: camposdetraballo.xuventude@xunta.gal

         Campos da provincia da Coruña: camposcoruna.xuventude@xunta.gal

         Campos da provincia de Lugo: camposlugo.xuventude@xunta.gal

         Campos da provincia de Ourense: camposourense.xuventude@xunta.gal

         Campos da provincia de Pontevedra: campospontevedra.xuventude@xunta.gal

No correo debes indicar o teu DNI/NIE e o código e nome do campo de voluntariado ao que renuncias.