Campos de voluntariado: cota de participación

 

 Cota:

campoTraballo54

Hai dos tipos de cota:

  • Nos campos de voluntariado en Galicia a cota e participación é de 110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos).
  • Nos campos de voluntariado noutras CCAA: a cota de participación é fixada pola comunidade autónoma correspondente. Os prazos pódense consultar no cadro de oferta de prazas.

A cota abonada para participar nos campos de voluntariado inclúe:

  • Os gastos de manutención, aloxamento e máis os derivados das propias actividades dos campos (como materiais e algunhas actividades complementarias), así como o seguro médico.

Non inclúe:

  • Os gastos ocasionados polo traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade que correrán a cargo do voluntario ou da voluntaria.

 Descontos:

Os descontos aplicables (non acumulables) aos campos de voluntariado en Galicia serán:

  • Carné xove: -25% na cota de participación
  • Carné de familia numerosa: -25% na cota de participación
  • Familia monoparental: -25% na cota de participación.

En ningún caso os descontos aplicables serán acumulables. Así, a cota de participación será de 82,50€ no caso de ser aplicable algún destes descontos.

 Pagamento dos campos en Galicia:

O pagamento da cota de participación farase mediante impreso de taxa. No correo electrónico de comunicación da adxudicación da praza enviaranse as instrucións para facer o pagamento. O prazo para facer efectivo este pagamento e remitir toda a documentación de inscrición é de 2 días.

 Pagamento dos campos noutras CCAA:

Nos campos de voluntariado nas CCAA o pago da cota de participación farase mediante ingreso en conta bancaria que se indicará por correo electrónico tras a reserva de praza.

Non obstante, hai campos de voluntariado con impreso de pagamento propio que será remitido tamén ao correo electrónico trala inscrición e que se pode consultar a continuación.

Instrucións para o pagamento en campos con impreso propio:

Cantabria: no apartado "Descrición", deberá figurar o nome e os apelidos da persoa participante, a denominación e a data do campo de traballo.

Estremadura: Datos para cubrir o impreso:

  • Na páxina de inicio: "OTROS"
  • Órgano xestor: 17. Igualdad y Portavocia;
  • Concepto: 171053 - Prest. Serv. Campamentos, albergues y campos de trabajo.

Andalucía: Datos para cubrir o impreso:

  • Marcar o cadro de autoliquidadación.

  • Indicar o nome do Campo, data e lugar de realización.

  • Cubrir a data de devindicación (día no que se realiza o pago) e a cota (90€).

  • Código Territorial: no despregable, sinalar Instituto Andaluz de la Juventud

  • Código Provincia: S.S.C.C (elixir o único que hai)

  • Código Centro: SERV. CENTRALES I.A.J. (elixir o único que hai)

  • Concepto do pago: no despregable sinalar "Campos de servicio voluntario para jóvenes (0140)"

Euskadi: enviarase o enlace para cumplimentar a súa carta de pagamento por correo electrónico.

 Devolución da cota:

Nos campos de voluntariado en Galicia, só se devolverá a cota de inscrición nos seguintes supostos:

a)   Cando por causas non imputables á persoa interesada, non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade. Nestes casos, tentarase recolocar a persoa noutro campo. No caso de que esta opción non sexa posible ou a persoa afectada non acepte o campo alternativo, en ningún caso a Consellería de Política Social se fará cargo dos gastos de transporte relacionados co desprazamento ata o campo nos que puidese incorrer a persoa ata ese momento. A Consellería de Política Social tampouco se fará cargo dos gastos de transporte derivados da recolocación de campo.

b)  Cando se produza un ingreso hospitalario ou outra causa médica grave, que afecte á persoa e lle impida incorporarse ao campo de voluntariado. Esta causa debe acreditarse cos informes médicos e/ou do hospital en que estea ingresado a persoa interesada ou no caso de ter que abandoar a actividade por motivos relacionados co Covid-19 sempre e cando non transcorrera máis del 50% dos días de duración do campo.

c)   Por falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata o 2º grao. Esta causa debe estar acreditada con informes médicos e/ou do hospital onde estea ingresado o familiar, ou co certificado de defunción, de ser o caso.

Impreso de devolución de cota (para campos de voluntariado en Galicia)

No caso de campos de voluntariado en CCAA, a devolución da cota estará suxeita ás condicións que cada unha estableza ao respecto. Estas condicións pódense consultar na oferta de prazas das distintas comunidades autónomas