Campamentos: Anexos e documentación a presentar

Xunto co xustificante de pagamento deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI ou, de nor dispoñer del, a fotocopia do libro de familia
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado
  • Anexo VI. Cuestionario de saúde e autonomía persoal galego | castelán
  • Anexo VII. Declaración sobre autorización de imaxes galego | castelán
  • Declaración de saber nadar galego | castelán
  • Modelo declaración responsable Covid-19 galego | castelán
  • Modelo declaración responsable Covid-19-INTERCAMBIOS galego | castelán
  • Modelo de autorización para abandono de actividade galego | castelán
  • Información importante galego | castelán
  • Anexo VIII. Renuncia de prazas e Devolución de cotas galego | castelán
  • No caso de participantes con discapacidade: certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, cando non fosen expedidos na nosa comunidade autónoma.
  • INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR O PAGAMENTO: aquí
  • INFORMACIÓN SOBRE OS PREZOS DE CADA INSTALACIÓN: aquí

DESCONTOS:

-No caso de familia numerosa ou monoparental, terá un desconto do 50% sobre o prezo. Como xustificante deberá achegar fotocopia do título de familia numerosa ou do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.

-No caso de ser titular do Carné xove, terá un desconto do 25% sobre o prezo.

Como xustificante deberá achegar a fotocopia do carné. No caso de que a persoa adxudicataria da praza recibise o carné no seu domicilio e non puidese aínda cumprir o trámite de activación, necesario para que a tarxeta estea operativa, debe achegar unha fotocopia do carné recibido. No caso de non ter recibido aínda o carné xove (e ter 12 anos cumpridos ou máis), deberá comunicar esta circunstancia na documentación que presente para poder aplicar o desconto de oficio.

MODO DE PRESENTACIÓN:

A documentación presentarase preferentemente por vía electrónica (https://sede.xunta.gal). 

Opcionalmente poderá presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A documentación presentada por Sede electrónica ou presencialmente, deberá dirixirse á Xefatura Territorial da provincia na que se vaia desenvolver o campamento. No caso de actividades de intercambio, dirixirase á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Ademais, e para os efectos de axilizar os trámites, poderán remitir a documentación por correo electrónico. Cómpre remitir toda a documentación nun único correo electrónico e debe especificarse no asunto da mensaxe o código do campamento.

Enderezo electrónico para o envío da documentación, no caso de remitila por correo electrónico:

Para campamentos da provincia da Coruña: campamentos.xuventude.coruna@xunta.gal

Para campamentos da provincia de Lugo: campamentos.xuventude.lugo@xunta.gal

Para campamentos da provincia de Ourense: campamentos.xuventude.ourense@xunta.gal

Para campamentos da provincia de Pontevedra: campamentos.xuventude.vigo@xunta.gal

Para campamentos de intercambio: xuventude.programas@xunta.gal