acciondeveran2021

Oferta de campos de voluntariado en Galicia, 2021

boton Solicita

A CORUÑA:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

150001 Monte da Espenuca Coirós A Coruña 17/08/2021
28/08/2021
18-30 12 GALICIA  Un campo de voluntariado medioambiental onde se traballará na eliminación especies exóticas invasoras; Limpeza de maleza, corta de especies alóctonas e protección das autóctonas; Limpeza e acondicionamento de camiños e estruturas tradicionais; Intervención didáctica cos nenos do campamento urbano de Coirós 
150002 Lembrado a nosa pegada Serra de Outes A Coruña 30/07/2021
10/08/2021
18-30 12 GALICIA
Campo medioambiental que buscará a posta en valor das áreas onde se atopan os Gliptógrifos de Carballa da Cova: sinalización, limpeza de vexetación, visualización da ruta natural coas novas tecnoloxías, dinamización dos petróglifos e Ruta nocturna para contemplar e ver os petróglifos.
150003 Ali, Xaz Ponteceso A Coruña 26/08/2021
06/09/2021
18-30 12 GALICIA
Campo medioambiental e etnográfico que se desenvolverá na aldea do Couto (Ponteceso). Colaboraráse nas actividades do programa cultural Encrucilladas, da Fundación Eduardo Pondal e na organización das actividades da veciñanza da A.C. Monte Branco, do Couto. Ademais, investigaranse os elementos etnográficos da vila do Couto, colección de patrimonio oral, etc. 
150004 Camiños e Patrimonio Cultural Curtis A Coruña 28/08/2021
08/09/2021
18-30 12 GALICIA

Campo arqueolóxico. Traballarase na comprobación do estado de elementos patrimoniais catalogados, localización en cartografía actualizada e marcaxe de novas incorporacións; delimitación planimétrica de elementos; rexistro fotográfico; elaboración de fichas individualizadas; Arqueoloxía da Paisaxe: coñecemento da orixe e significado das paisaxes; observación da intervisibilidade entre diferentes xacementos arqueolóxicos; Toponimia arqueolóxica para a identificación de novos xacementos; Recollida de posibles lendas vencelladas a castros, mámoas, etc.

150005 Luces de Boimorto Boimorto A Coruña 04/09/2021 15/09/2021 18-30 12 GALICIA

Campo de tematica festival e medioambiental no cal se traballará no acondicionamento e conservación de bens de natureza cultural e no acondicionamento do camiño de acceso o Castro de Algalia, limpeza de maleza e broza, recollida de lixo,  sinalización do xacemento, etc. Ademais colaborarase coa organización do Festival de la Luz tanto nos días previos como durante o propio festival.

150006 Vilarbó As Pontes A Coruña 19/07/2021 30/07/2021 18-30 12 GALICIA Campo de temática medioambiental. O obxectivo deste campo de voluntariado é a conservación e a recuperación dos bosques que se encontran xunto ao río Eume e a divulgación dos bosques atlánticos para que xeracións futuras poidan gozar dunha paisaxe e dunha riqueza de biodiversidade, polo menos, tan boa ou mellor que a que nós recollemos.
150007 A Ciadella Sobrado dos Monxes A Coruña 12/07/2021 23/07/2021 18-30 12 GALICIA Campo de modalidade arqueoloxía no que se traballará no acondicionamento e limpeza das estruturas arqueolóxicas do xacemento. Faremos tamén traballos de catalogación e dinamización de todo o descuberto.
150008 Dunas de Corrubedo Ribeira A Coruña 12/08/2021 23/08/2021 18-30 12 GALICIA O traballo será ambiental e consistirá en labores de mantemento dos espazos naturais, na reconstrución e consolidación de sendeiros, eliminación de especies alóctonas, vixilancia de incendios, entre outras.
 150009  Amicos Boiro A Coruña 08/07/2021
19/07/2021
18-30 12 GALICIA Campo de temática medioambiental e social que ten a intención de fomentar entre a mocidade os valores da solidariedade e o compromiso coa comunidade, especialmente, coas persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade ou desprotección
150010 Camiños cara a natureza Boqueixón A Coruña 21/08/2021 01/09/2021 18-30 12 GALICIA Campo de temática medioambiental e etnográfico no que se realizarán tarefas de limpeza e acondicionamento de espazos ademais de acometidas de restauración e construción de elementos interpretativos dunha ruta fluvial.

A interpretación e divulgación da ruta, será un dos eixes principais deste campo de voluntariado. 

150011 Castro de Lupario Rois A Coruña 10/08/2021 21/08/2021 18-30 12 GALICIA Campo de temática arqueolóxica. Traballarase na limpeza e acondicionamento das estruturas arqueolóxicas do xacemento.
Faranse traballos de rexistro e catalogación patrimonial, e divulgación dos traballos realizados.
150012 Castro de Montes Claros A Laracha A Coruña 24/08/2021 04/09/2021 18-30 12 GALICIA

O proxecto arqueolóxico basease en continuar a limpeza da zona do Castro Montesclaros limpando o sistema defensivo do primeiro recinto superior.
Asemade terá un contido medioambiental, de recuperación do entorno natural e paisaxístico, participando en traballos de localización e limpeza de afloramentos rochosos e gravados rupestres da croa do castro, dándolles a coñecer o rico folclore galego e a xeografía mítica das lendas da prehistoria.

 

 

LUGO:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

270001 Da pedra e da auga Guitiriz Lugo 30/07/2021
10/08/2021
18-30 12 GALICIA Campo de voluntariado medioambiental e festival no que se apoiará á organización e loxística da Feira e festival de Pardiñas: acondicionamento dos lugares de celebración, montaxe de estruturas, sensibilización ambiental dos participantes nos eventos, recollida de refugallos; Traballos de mantemento do Lavadoiro de Forxá; Mantemento da ruta de sendeirismo PRG-99 "A ruta da auga"
270002 Xuventude e Camiño, Palas Palas de Rei Lugo 14/07/2021
25/07/2021
18-30 12  GALICIA Campo de temática dinamizadora onde os e as voluntarias do Camiño no seu percorrido diario en bici darán información sobre o Camiño, etapas, etc., apoio e ánimo.
Acometeranse tamén accións de acondicionamento de sendeiros no contorno do Camiño e na área do albergue de peregrinos dos Chacotes, faranse actuacións dinamizadoras.
 270003 Castro e romeria de San Lourenzo A Pobra do Brollón Lugo 01/08/2021
12/08/2021
18-30 12 GALICIA Campo arqueolóxico nun contexto comunitario. Os traballos deste 2021 centraranse na escavación dunha zona de tumbas medievais polo que os participantes terán acceso a unha arqueoloxía moi de detalle e a coñecer dende dentro todo o proceso arquelóxico. Fóra do xacemento os participantes atoparán actividades musicais e festivas buscando a creación de vínculos coa Comunidade.
 270004 Castro de Pena Dominga Quiroga Lugo 28/08/2021 08/09/2021 18-30 12 GALICIA Campo medioambiental onde se traballará na limpeza e acondicionamento do acceso ao castro, sinalización e dinamización da ruta, na creación dunha páxina web e unha ruta virtual onde se mostrará a cartografía, a planimetría e o perfil da ruta. Códigos QR xeolocalizados con información sobre a flora, a fauna e os puntos de interese, etc.
270005 Abadía de San Clodio Ribas de Sil Lugo 13/08/2021 24/08/2021 18-30 12 GALICIA

Os traballos na Abadía de San Clodio serán de desbroce e limpeza da fachada. Tamén se fará un traballo de investigación mediante recopilación, búsqueda de fontes orais e búsqueda de información sobre o pasado da abadía para poñer en valor a súa historia.

270006 Xuventude e Camiño, Triacastela Triacastela Lugo 27/07/2021
07/08/2021
 18-30 12 GALICIA Campo de temática dinamizadora no que o voluntariado participante no seu percorrido diario en bici, darán información sobre o Camiño, etapas, etc., apoio e ánimo. Na área do albergue de peregrinos de Triacastela, faranse tamén actuacións dinamizadoras mediante charlas, coloquios, obradoiros ...
270007 Castro de Viladonga  Castro de Rei Lugo 01/07/2021 12/07/2021 18-30 12 GALICIA Campo arqueolóxico no que se realizán traballos, en estreita colaboración co equipo arqueolóxico do castro, de limpeza e consolidación das súas estruturas arqueolóxicas.
270008 Castro de Vilar O Courel Lugo 03/07/2021 14/07/2021 18-30 12 GALICIA

Traballo arqueolóxico. No Castro de Vilar atopámonos ante un poboado concibido no século I d.C., onde se realizarán tarefas de desbroce e limpeza ; acondicionamento do camiño de acceso ao Castro; dinamización do Xeoparque, ...

 

 

OURENSE:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

 320001 Castrillón  Larouco Ourense 03/07/2021
14/07/2021
18-30 12 GALICIA Campo medioambiental e arqueolóxico no que se realizarán, entre outras tarefas, sondaxes arqueolóxicas na contorna do xacemento do Castrillón; Colocación de caixas-niño; Limpeza manual da zona do xacemento; Estudo da fauna e flora da contorna 
 320002 Turismo sostible  O Pereiro de Aguiar Ourense 27/07/2021
07/08/2021
18-30 12 GALICIA  Campo de temática medioambiental onde se realizarán un inventariado de biodiversidade, se catalogarán espazos naturais do Pereiro, farase unha sondaxe de fauna mediante a mostraxe de rastros e fototrampeo de mamíferos medianos para visibilizar os recursos turísticoambientais, deseño de roteiros, etc.
320003 Do audiovisual galego Celanova Ourense 05/07/2021
16/07/2021
18-30 12 GALICIA

Campo de temática audiovisual no que se abordará aspectos da produción, rodaxe, postprodución, montaxe e proxección dunha película. Durante esta actividade, as persoas voluntarias participarán nos diferentes obradoiros das disciplinas que se conxugan para a elaboración dun spot para o Concello.
Traballarase arredor das dúas últimas produccións audiovisuais que tiveron a Celanova como plato de rodaxe:
- Elisa y Marcela (Isabel Coixet 2018)
- El desorden que dejas (Carlos Montero 2020)"

320004 Parque natural do Xurés Muiños Ourense 15/08/2021 26/08/2021 18-30 12 GALICIA Campo medioambiental onde, entre outros traballos, se construirán barreiras antierosivas empregando restos de madeira dos montes queimados para frear a erosión do solo, rexeneración destes montes queimados. Recuperaremos a superficie vexetal espallando sementes co método Nendo Dango.
Construción de refuxios e comedeiros para aves...
 320005 Esgos Esgos Ourense 13/08/2021 24/08/2021 18-30 12 GALICIA É un campo de voluntariado etnográfico que porá ás persoas voluntarias en contacto coa "Ribeira Sacra ourensá", baseada no coñecemento da historia de Esgos en particular e de Galicia en xeral. Un aspecto importante neste campo de voluntariado será a recompilación fotográfica do pasado de Esgos, contos e lendas aínda vivas contadas polas nosas avoas e avós.
320006 Castelo de Monterrei Monterrei Ourense 16/07/2021
27/07/2021
18-30 12 GALICIA Campo arqueolóxico que intervirá na cara norte da acrópole do castelo, na zona axardinada e nunha zona intermedia entre a muralla do Terceiro Recinto e o Paseo. Ademais, traballarase na creación dun xogo de realidade estendida sobre o Castelo e a súa contorna para a difusión turística do castelo así como da necrópole.
320007 Glaciar do Cenza Vilariño de Conso Ourense 19/07/2021 30/07/2021 18-30 12 GALICIA A proposta de traballo deste campo medioambientalvai encamiñada á conservación do medio, difusión e posta en valor dos recursos etnográficos e patrimoniais dos que existe unha ampla representación no concello de Vilariño de Conso.

 

PONTEVEDRA:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

 360001 O Camiño Portugues pola costa Oia Pontevedra 28/08/2021 08/09/2021 18-30 12 GALICIA

Campo arqueolóxico no que se profundizará na prospección e inventario do patrimonio do Camiño portugués; fotografía e xeolocalización; análise, definición e realización de fichas con códigos QR e modelos 3D dos elementos inventariados.

 360002 Illa de San Simón Redondela Pontevedra 02/08/2021 13/08/2021 18-30 12 GALICIA

Campo cultural e patrimonial. Organizaránse visitas interpretativas e teatralizadas ás illas de San Simón e San Antón; catalogación especies vexetais e conxuntos escultóricos das illas, realización e instalación de carteis formato QR; catalogación do fondo bibliográfico da illa; apoio ás actividades culturais desenvolvidas nas instalacións; información aos visitantes do espazo.

360003 A terra que habita no mar O Grove Pontevedra 01/09/2021
12/09/2021
18-30 12 GALICIA Campo de temática medioambiental que tratará de poñer en valor o concello do Grove a través de traballos de limpeza e extracción de especies invasoras, da recuperación de estruturas de observación ornitolóxica, deseño e colocación de carteis interpretativos nas zonas de actuación, etc
 360004 Salvemos o mar: plásticos cero Vilanova de Arousa Pontevedra 12/07/2021
23/07/2021
18-30 12 GALICIA Campo de temática medioambiental e mariño que se centrará na recuperación ambiental da costa dende a praia das Sinas ata o porto de Vilanova de Arousa, pasando pola praia do Bao, a praia da Braña, a illa da Insuíña, a área de bateas de Vilanova.
360005 Botarse ó Camiño Itinerante Pontevedra 01/08/2021
12/08/2021
18-30 12 GALICIA Campo medioambiental e social no cal se abordarán diversas accións de dinamización ambiental e social grupais a través do “plogging” (deporte de orixe nórdica que mestura running e recollida de lixo no medio natural), apoio de información a peregrinas/os e intervencións puntuais segundo as necesidades das administración locais de cada etapa (sinalizacións, limpezas…). Ademais elaborarase un informe final de propostas de mellora para a conservación do Camiño e difusión e comunicación en RRSS
360006 Rural influencers Cerdedo-Cotobade Pontevedra 17/08/2021 28/08/2021 18-30 12 GALICIA

Campo de voluntariado que, a través de obradoiros de formación etnográfica (cultural e popular), de formación audiovisual (fotografía dixital, edición, guión, videocreación), de formación publicitaria (comunicación e marketing dixital), de investigación do Camiño na Ruta Mariana Luso Galaica, de teatro e performances de rúa, as persoas voluntarias adentraranse no mundo da dinamización. Ademais, participarase en foros de comunicación coas/cos avoas/avós de Cerdedo-Cotobade."

360007 Soutomaior fai Camiño   Soutomaior Pontevedra 16/07/2021
27/07/2021
18-30 12 GALICIA

Traballarase no desenvolvemento do traballo de dinamización artística e cultural a través de obradoiros de formación ambiental (ODS), de formación social (dinamización social), de formación histórica (Xacobeo e patrimonio galego), de formación publicitaria (comunicación e marketing dixital).
Creación do BLOG. - “Plogging”.
Estableceranse tamén puntos de información e de apoio a peregrinas/os.

360008  Tradición en verde Lalin Pontevedra 01/08/2021 12/08/2021 18-30 12 GALICIA Campo de temática arqueolóxica, etnográfica e medioambiental que persegue como obxectivos, por un lado, a participación na VII Campaña de Consolidación de Castro de Doade; e, por outra, a divulgación da cultura e o patrimonio galego a través de varias actuacións no Museo Etnográfico "Casa do Patrón" e o seu contorno: elaboración de material informativo, acondicionamento da área recreativa e sinalización da Ruta dos Muíños e da Ruta do Castro de Doade.
360009  A idade do bronce Campo Lameiro Pontevedra 16/07/2021 27/07/2021 18-30 12 GALICIA As tarefas deste campo arqueolóxico son a colaboración na limpeza dos petróglifos e o seu contorno máis próximo, no mantemento dun pequeno poboado réplica da idade de bronce e na divulgación do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (www.paar.es).
360010 Illas Cíes I Vigo Pontevedra 01/07/2021 12/07/2021 18-30 12 GALICIA O traballo será medioambiental e consistirá en labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque en colaboración cos traballadores do servizo de medio ambiente.
Limpeza da illa sur (única illa non comunicada por barco de viaxeiros). (Esta actividade depende do parque, non se poderá realizar en todas as quendas). 
360011 Illas Cíes II Vigo Pontevedra 15/07/2021 26/07/2021 18-30 10 (*) GALICIA  
360012 Illas Cíes III Vigo Pontevedra 02/08/2021 13/08/2021 18-30 12 GALICIA  
360013 Illas Cíes IV Vigo Pontevedra 17/08/2021 28/08/2021 18-30 12 GALICIA  

(*) 2 prazas reservadas para persoas con discapacidade