|
O programa 'Xuventude en Acción' para o período 2007-2013 ten por obxectivo desenrolar no ámbito da Unión Europea (UE), a cooperación e participación de toda a mocidade en diversas iniciativas da vida pública.
¿En qué consiste o programa?
Dentro do marco da promoción de actividades que fomenten o concepto de cidadania europea a través da mobilidade por todo o territorio comunitario, a Unión Europea promove o programa "Xuventude en Acción". Dado que son os mozos e mozas europeos os instrumentos fundamentais para reforzar a cooperación dos Estados membros no ámbito da Xuventude, establécese este programa de acción comunitario para incrementar os intercambios de xoves e animadores socioeducativos.
'Xuventude en Acción' é un programa dirixido a todas aquelas asociacións xuvenís que desexen ampliar o seu ámbito de acción a calquer outro país comunitario.Busca promover unha cidadanía activa, rexeitando a discriminación en todas as súas formas, e procurando a participación das persoas con menos oportunidades.
Os obxectivos xerais do programa consisten en promover a cohesión social de todos os países comunitarios, favorecendo o entendemento mutuo entre os mozos e mozas e a cooperación europea no ámbito da xuventude. Ofrece ás organizacións xuvenís a oportunidade de participar no desenrolo da sociedade e fomenta entre os novos o sentimento de pertenza á UE a través tamén, da participación na vida democrática. O que tamén se pretende é derribar os antigos prexuízos históricos, a base de estender o pensamento de que Europa, constituímola todos. Fomentar a mobilidade da xuventude por todo o territorio comunitario é unha forma máis de aprendizaxe intercultural.
A través deste programa, preténdese unha conexión en rede das organizacións coordinadoras, o que mellorará a calidade dos proxectos de cooperación. Estes proxectos son sinónimo de intercambio e solidariedade. Os políticos sumerxiranse de cheo neste programa a través de accións consistentes en diálogos cos xoves; ter coñecemento dos intereses mutuos de uns e outros significa unha maior comprensión das necesidades dos xoves.
Esta iniciativa da UE toma corpo en torno a cinco accións:
- A xuventude con Europa: Promove os intercambios e as iniciativas xuvenís.
- Servicio de Voluntariado Europeo: Fomenta calquer tipo de participación nas actividades de voluntariado.
- A xuventude no mundo
- Sistemas de apoio á xuventude: O seu obxectivo é apoiar aos organismos activos a nivel europeo
- Apoio á cooperación europea no ámbito da xuventude: esta acción ten por obxecto facilitar os desenrolo das redes necesarias para mellorar a comprensión da xuventude e fomentar a cooperación política.
Quen participa?
O programa está aberto á participación dos Estados membros, os estados da AELC, os Balcáns Occidentais, Suiza e os países candidatos acollidos a unha estratexia de preadhesión.
Para participar nel, é necesario presentar un proxecto no nome dunha asociación xuvenil ao organismo coordinador de cada comunidade autónoma (neste caso, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado), e este encargarase de presentalo á Axencia Nacional Española do Programa
Como está coordinado?
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado traballa como coordinadora do programa no ámbito galego. Funciona como entidade organizadora e como punto de información para todos aqueles xoves que desexen participar no programa.
A coordinación do programa establécese en torno a dous tipos de accións: as centralizadas e as descentralizadas. Estas últimas son competencia de cada un dos países integrantes. No caso español, é a Axencia Nacional a encargada de coordinar as accións enviadas por parte de cada Comunidade Autónoma. E son estas últimas a as encargadas de organizar os proxectos presentados polas asociacións xuvenís da rexión.
No caso das accións centralizadas (acción 3.2, acción 4.1, acción 4.4 e acción 4.5) son levadas directamente dende a Secretaría de Educación e Cultura da UE, e os países non teñene competencia directa sobre elas.
|