Xuventude en acción - Accions PDF Imprimir

Acción 1. A xuventude con Europa

  • 1.1 Intercambio xuvenís:  Os intercambios de mozos e mozas ofrecen a grupos de persoas entre 13-25 anos, procedentes de diferentes culturas, a posibilidade de atoparse e de coñecer mellor as súas culturas respectivas. Descarga aquí o programa en galego.
  • 1.2 Iniciativas:  As iniciativas de mozos e mozas permiten prestar apoio a proxectos de grupos deseñados a nivel local, rexional e nacional, así como a conexión en rede de proxectos similares entre distintos países. Especialmente dirixidas a mozos e mozas de entre 18-30 anos. Descarga aquí o programa en galego.
  • 1.3 Xuventude e Democracia: Proxectos de democracia participativa, apóiase a participación de mozos e mozas na vida democrática da súa comunidade a nivel local, rexional, nacional ou internacional, esta acción esta dirixida a mozos e mozas de entre 13-30 anos. Descarga aquí o programa en galego.



Acción 2. Servizo Voluntario Europeo

Esta acción ten por obxecto fomentar a participación xuvenil en distintas formas de actividades de voluntariado. Dirixida a mozos e mozas de entre 18-30 anos que participan colectiva ou individualmente en actividades non lucrativas e non remuneradas.


Acción 3. A Xuventude no mundo

Permite apoiar proxectos cos países socios, principalmente intercambios de mozos e mozas e de aqueles que traballan no sector da xuventude e en organizacións xuvenís, así como desenvolver asociacións e redes entre as organizacións xuvenís.


Acción 4. Sistemas de apoio á xuventude

Está destinada a apoiar aos organismos activos a nivel europeo no ámbito da mocidade, en particular ao funcionamento de organizacións non gobernamentais da mocidade.
Está destinada a desenvolver a calidade das estruturas de apoio, apoiar o labor de aqueles que traballan no sector da mocidade e mellorar a calidade do programa.


Acción 5. Apoio á cooperación europea no ámbito da mocidade

O obxectivo desta acción é promover o dialogo entre os distintos axentes do mundo da mocidade. Apoiar seminarios de mozos, seminarios nacionais e transnacionales, contribuír ao desenvolvemento da cooperación política no ámbito da mocidade e apoiar a cooperación das organizacións non gobernamentais.

Países participantes

* Estados membros da Unión Europea (UE): Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Republica Eslovaca, Rumania, Suecia.
* Países participantes que pertencen á Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) que son membros do Espazo Económico Europeo (EEE): Islandia, Liechtenstein, Noruega.
* Países participantes no programa que son candidatos á adhesión á Unión Europea: Turquía.
* Sueste de Europa: Albania, Bosnia e Herzegovina, Croacia, Antiga Republica Iugoslava de Macedonia (AYRM), Kósovo baixo UNSC (Resolución 1244/99), Montenegro, Serbia.
* Europa oriental e Caúcaso: Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Federación Rusa, Xeorxia, Moldavia, Ucraína.
* Países Socios mediterráneos: Alxeria, Autoridade Palestina de Cisxordania e a Franxa de Gaza, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Marrocos, Siria, Tunes.

 

 

Ir atrás    Ir arriba