| Xornadas para emprendedores xuvenis: “Aprender a emprender: o reto da empregabilidade”, os días 4 e 5 de novembro. |
|
|
| Xoves, 22 Setembro 2011 11:44 |
|
Entre os obxectivos das xornadas están, entre outros, ofrecer un punto de encontro e diálogo entre a xuventude e expertos emprendedores, contribuír a que os mozos con ideas empresariais desenvolvan o seu potencial empresarial, ofrecendo información e apoio técnico aos xóvenes con ideas emprendedoras. As xornadas están destinadas a estudantes de formación profesional de último curso, estudantes universitarios, técnicos ou responsables locais de xuventude, mozos interesados na creación de empresas, participantes no programa da Xunta Iniciativa Xove, participantes no proxecto europeo Juventud en Acción, e líderes de asociacións xuvenís. A inscrición será vía telemática, sendo o prazo de inscrición do 1 ao 15 de outubro e a admisión será por orde riguroso de inscrición. |




Os vindeiros días 4 e 5 de novembro terán lugar en Santiago, unhas xornadas para emprendedores xuvenis, baixo o título “Aprender a emprender: o reto da empregabilidade”