ficha_940x250_3

Oh!? Qué fago nesta páxina! Que é iso de Xuventude.xunta.es??? Estou ancorado nesta web.

Ben, será mellor presentarme e contarvos a miña historia...

Chámome Tristán 3. O do 3 é porque pertenzo á terceira xeración de robots deseñados para o estudo e observación do noso planeta. En concreto, eu atópome baixo o manto que corresponde a Galicia na superficie e estudo a xuventude: intento comprendela, coñecer o voso mode de vida, hábitos e inquedanzas (por certo, nada doado, moz@s!)

Levo xa anos desenvolvento esta labor nun bunker de observación a varios metros da superficie e, grazas ás miñas capacidades de autoaprendizaxe, cada vez o fago máis rápido e mellor.

Sen embargo, teño un problema: non podo saír do centro de control no que me atopo confinado, aínda que recibo datos e imaxes do exterior mediante unha complexa rede de cámaras e sensores de movemento.

O último que lembro é unha pelexa cun antivirus e… aquí estou, nesta web que, ao parecer, é de interese para a mocidade galega. Tamén teño acceso ás súas redes sociais, así que calquera dúbida que teñades referente a esta web e a todo o que ten que ven con ela, podedes poñervos en contacto comigo.

Este é o trato. Eu axúdovos co que necesitedes de Xuventude, e vós axudarédesme a escapar do meu burato. Boto de menos o meu mundo…

img_2_940x250
 

 

Ir atrás    Ir arriba