Search
Search Keyword: Total 17 results found.
Tag: Ensino Ordering
A Formación Profesional coninuará medrando en Galicia o vindeiro curso académico pola estratexia de posta en valor e reorganización destas ensinanzas que vén desenvolvendo a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Segundo as estatísticas dispoñibles, con cifras que aínda poden verse incrementadas despois do prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 13 de setembro, a FP volverá ser un itinerario formativo de peso no sistema educativo galego. Así, está previsto que o vindeiro curso medre o número de matriculados en ciclos formativos en arredor de 1.000 persoas, fronte á diminución de alumnos que se prevé en outros niveis educativos. Deste xeito, a Comunidade Autónoma continúa a progresar na tendencia da Unión Europea – cunha media do 60% dos estudantes matriculados en FP- e da OCDE -40%-, onde a porcentaxe de persoas que cursan FP é claramente superior á da que se deciden polo Bacharelato.OfertaA oferta de ciclos formativos do sistema educativo de Galicia para 2010/2011 está formada por 103 títulos diferentes de FP, 39 de grao medio, e 64 de grao superior; o que supón impartir 745 ciclos en réxime ordinario -409 de grao medio e 336 de grao superior- nos 252 centros que teñen autorizadas estas ensinanzas.O director xeral de Educación lembrou tamén que a oferta formativa está adaptada ás necesidades socioeconómicas, xa que o pasado curso se axustaron outros 20 títulos de FP á Lei orgánica de educación (LOE) e á Lei das cualificacións e a formación profesional, co que se reforzan os contidos e a inserción laboral do estudantado. Ademais, Educación está a traballar na adaptación de 8 novos títulos, cuxos currículos serán publicados nas vindeiras semanas.Solicitudes e matriculaciónsRespecto do número de solicitudes, resalta o incremento do 7,6% da demanda de FP, con 8.912 solicitudes para ciclos de grao medio e 7.659 para grao superior. En canto aos Programas de Formación Profesional Inicial (PCPIs), arredor de 3.300 alumnos cursarán estes estudos.Xa no que toca ás cifras provisionais de matrícula, está previsto que 34.939 galegas e galegos cursen estudos de FP en réxime ordinario e PCPIs o vindeiro curso, 1.044 máis que no ano anterior.EmpregabilidadeDurante a súa intervención, o director xeral de Educación lembrou o traballo realizado nos últimos meses para impulsar a FP, coa publicación do novo Decreto de ordenación da FP, que regula estas ensinanzas no ámbito da comunidade autónoma, que permite unha maior flexibilidade das ofertas formativas, con módulos de menor duración que permitan a posibilidade de combinar o estudo coa actividade laboral ou obrigas familiares, facilitando a formación ao longo da vida dos galegos e galegas.Así mesmo, a oferta incorporará formación en linguas estranxeiras, novas tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) e prevención de riscos laborais.Ademais, a Consellería está a traballar para adaptar os ciclos formativos ás necesidades de cualificación do tecido socioprodutivo galego. Deste xeito dáse impulso á FP como porta de acceso ao mundo do traballo. Segundo un estudo elaborado recentemente pola Consellería o pasado mes de maio para coñecer a situación laboral das persoas tituladas de FP, revela que o 84,6% das obtiveron o seu primeiro emprego antes dos 6 meses. "A esta gran potencialidade da FP –destacou o director xeral- contribúen sen dúbida tanto a implicación dos magníficos profesionais docentes; como a colaboración das empresas". Só no curso 2009/2010, arredor de 6.100 empresas colaboraron coa impartición de ciclos de FP, ofertando 5 millóns de horas de Formación en Centros de Traballo na que participaron 12.000 alumnas e alumnos, o que redunda na mellora da cualificación dos profesionais para enfrontarse ao mercado laboral e que sitúan á FP como un dos catalizadores para o cambio de patrón competitivo do que  está necesitada a economía de Galicia.Impulso á innovaciónComo obxectivos de futuro, o director xeral de Educación sinalou o fomento do emprendemento, a ampliación da rede de Centros Integrados de FP, a promoción dun sistema de información e orientación profesional, e o  desenvolvemento do procedemento de acreditación de unidades de competencia.Deste xeito, reafirmou o compromiso decidido da Consellería de Educación de implementar progresivamente un sistema de mellora continua da calidade no sistema de FP, e promover a cultura de aprendizaxe permanente para que as persoas poidan afrontar con éxito os cambios na sociedade e no mercado laboral.??
Tags: Ensino

Un total de 10 cursos de posgrao que organizarán as universidades galegas e entidades vinculadas a elas serán financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar, unha iniciativa coa que se formará a un total de 150 alumnos, prioritariamente desempregados que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.

A subvención, de 240.000 euros, concedeuse ao abeiro da orde pola que se convocaron axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas.

A formación que se impartirá será gratuíta para a totalidade do alumnado que participe nos cursos. As entidades que organicen os cursos so poderán cobrar os dereitos de matrícula. Ademais, os alumnos poderán ter dereito a percibir os gastos de desprazamento, cunha axuda de 7 euros por día lectivo de asistencia ao curso.

Así, a Universidade de Ourense porá en marcha un curso de posgrao de técnico en enoturismo de 260 horas co que se pretende potenciar o desenvolvemento enoturístico de Galicia en cinco denominacións de orixe (Ribeiro, Valdeorras, Monterrey, Ribeira Sacra e Rías Baixas). Tamén desenvolverá un curso de técnico en comunicación empresarial de 170 horas, que está dirixido a mellorar as habilidades comunicativas no ámbito empresarial.

Pola súa banda, a Universidade de Vigo, no campus de Ourense, realizará un curso de formación en educación ambiental de 200 horas, como complemento formativo ás diplomaturas de Traballo Social, Educación Social, Psicopedagoxía e Maxisterio. A finalidade é formar persoal cualificado para o desempeño de postos laborais en aulas da natureza, centros de interpretación do medio, granxas escolas e guías da natureza.

No campus vigués, na Escola de Enxeñeiros Industriais, terán lugar tres accións formativas: de proceso de deseño de cuños, de innovación e desenvolvemento de equipos industriais e procesos de deseño de moldes de inxección. Cada unha das iniciativas terá unha duración de 200 horas, das que 150 serán de teleformación.

A finalidade é atender a demanda do ámbito industrial de técnicos de produción cunha formación cada vez máis especializada nas tecnoloxías de deseño e fabricación de moldes de inxección, así como no desenvolvemento de novos produtos e fabricación mecánica.

Na Facultade de Ciencias do Mar, do campus de Vigo, impartirase un curso de sistema de recirculación mariña e outro sobre cultivos auxiliares nunha Hatchery de Peixes Planos. Cada un deles, terá unha duración de 200 horas, das que 150 serán de teleformación, Con estas iniciativas aumentarase a posibilidade de contratación dos alumnos en empresas do sector pesqueiro con carencia de técnicos especializados na tecnoloxía de recirculación mariña, así como incrementar as posibilidades de inserción laboral no sector da acuicultura.

Por último, a Fundación Universidade da Coruña porá en marcha un curso de habilidades directivas para mellorar a inserción laboral dos universitarios e outro de orientador ocupacional para afondar na capacitación profesional dos posgraduados para o exercicio de tarefas propias do perfil laboral de técnico de emprego ou técnico en orientación ocupacional.

Cada un destas accións terá unha duración de 160 horas, das que 60 serán de teleformación.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai ofertar o vindeiro curso sete novos títulos de Formación Profesional, todos eles adaptados á Lei das Cualificacións e Formación profesional. Estas titulacións darán resposta ás necesidades de cualificación dos sectores produtivos e de servizos galegos, o que favorece unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura: Produción Agroecolóxica; Produción Agropecuaria; Instalacións de Telecomunicación; Deseño e fabricación Mecánica; Viaxes e Xestión de Eventos; Administración de Sistemas Informáticos en Rede; Guía, información e asistencias turísticas.Os títulos de técnico en Produción Agroecolóxica, e de técnico en Produción Agropecuaria, ambos os dous de nova creación. Este último refunde os ciclos de Explotacións agrarias Extensivas, Explotacións Agrícolas Intensivas e Explotacións gandeiras, co fin de conseguir un currículo adaptado ás demandas profesionais do sector.Da mesma forma, para dar resposta ás necesidades do sector da lousa, pasa a impartirse no CIFP de Someso (A Coruña) formación en Cubrición de edificios: lousas. Así mesmo, o título de técnico en Instalacións de Telecomunicación, adaptado aos perfís profesionais que demandan na actualidade as empresas do sector, pasa a substituír ao ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo. O ciclo medio que se imparte na actualidade ten un perfil profesional orientado a unha competencia xeral de instalar e manter equipos electrónicos de consumo, de son e imaxe, microinformáticos e terminais de telecomunicación, que pola evolución do sector que se deu nos derradeiros 15 anos non está a ser demandado en toda a súa extensión, obrigando aos titulados a realizar unha nova formación de cara a cubrir as necesidades do mercado de traballo coas cualificacións que este require.Así, este ciclo nace como unha titulación moi demandada, coa que o sistema educativo galego vai poder preparar ao alumnado en competencias tales como montaxe e mantemento, de infraestruturas de telecomunicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e de datos, sonorización e megafonía, instalacións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.Por outra banda, incorpóranse á oferta formativa outras catro titulacións que pasan a substituír a outras actualmente vixentes, para dar aos estudantes unha formación actualizada e axeitada ao mercado de traballo dos nosos días. Deste xeito implantaranse os títulos de técnico superior en Deseño e fabricación Mecánica, Viaxes e Xestión de Eventos, Administración de Sistemas Informáticos en Rede e Guía, información e asistencias turísticas. Todos estes ciclos incluirán un módulo de formación en centros de traballo que posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización de prácticas en situacións reais de traballo, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. Ademais, pasan das 1.400 horas a ter unha duración de 2.000, co que se consigue unha formación aínda máis completa.Por outra banda, e atendendo á crecente demanda por parte dos estudantes, volve a implantarse no IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos, (Lugo), o ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.Ademais dos de nova creación e novas implantacións, a Consellería de Educación vén de ampliar a oferta en varios ciclos formativos. O caso máis significativo é o da implantación no IES de Vilamarín (Ourense) do ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos, uns estudos que ata o momento só se estaban a impartir en Santiago de Compostela. Grazas á residencia para estudantes coa que conta este centro, alumnas e alumnos de toda Galicia poderán realizar estes estudos no instituto ourensán.É tamén de especial importancia para o sector o ciclos superior de Química Industrial, que comezará a impartirse o vindeiro curso no IES Marqués de Sargadelos, de Cervo (Lugo), coa colaboración da empresa Alcoa.Ademais, haberá ata seis ampliacións de oferta modular en ciclos formativos para adultos de diferentes ramas profesionais, coa finalidade de atender as demandas de inscrición.En total o vindeiro curso ofertaranse en centros públicos 648 ciclos, 339 de grao medio, e 309 de grao superior; e 148 para adultos, dos que 73 son de grao medio e 75 de grao superior.Isto é posible grazas, segundo explicou o director xeral de Educación ao proceso de reforma e modernización da FP que está a desenvolver a Consellería de Educación, polo que ata o momento se adaptaron 20 ciclos formativos nesta lexislatura e se harmonizou con eles outros 6 xa modificados polo goberno anterior. Na actualidade, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa está a traballar sobre oito novos currículos cos que mellorar a oferta e poñer en valor estes estudos, e situar Galicia entre as primeiras comunidades autónomas en ter adaptado todos os títulos autorizados polo Ministerio de Educación. Esta estratexia compleméntase coa próxima aprobación dun novo decreto que regulará a formación profesional, introducindo nos ciclos formativos as linguas estranxeiras e que recolle promover o espírito emprendedor entre os estudantes, nos que se desenvolverá ademais unha identidade profesional que os leve a interesarse por unha aprendizaxe continua, adaptándose á evolución dos procesos produtivos e ao cambio social.Así mesmo, a Consellería de Educación está a promover a figura dos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP), que imparten oferta de Formación Profesional Ocupacional e Formación Profesional Continua.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, mantivo hoxe unha charla con estudantes sobre os proxectos europeos que está a por en marcha a Xunta e as conclusións do programa Leonardo 2009-2010A Consellería de Traballo e Benestar presentou ao Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos unha nova convocatoria de bolsas de prácticas para 2010-2011 que si se aproba poderá beneficiar a máis de 180 mozosMáis de cen mozos e mozas de Galicia melloraron a súa formación profesional grazas as bolsas de prácticas do programa Leonardo da Vinci que promoveu a Consellería de Traballo e Benestar en colaboración coa Asociación Cultural Ingalicia durante os anos 2009 e 2010.Así o expuxo hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, no transcurso dunha charla informativa que mantivo con mozos e mozas para explicarlles, entre outros temas, as conclusións desta iniciativa e os novos proxectos europeos que o seu departamento está a por en marcha na actualidade.Rodeiro sinalou que un total de 103 mozos e mozas beneficiáronse dos tres proxectos Leonardo da Vinci que xa remataron: EverGrenn, New Energy Agew (NEA) e International Work in Europe (IWE). As tres iniciativas ofertaron aos mozos e mozas participantes bolsas para desenvolver prácticas durante un período continuado de tres meses en empresas emprazadas en catro países europeos, Alemaña, República Checa, Italia e Portugal.O plan contou cunha inversión de máis de 300.000 euros cofinanciados pola Dirección Xeral de Xuventude e o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE). Cada unha das bolsas cubriron os gastos da viaxe e da manutención, aloxamento e un curso de preparación lingüística no idioma do país de destino. Ademais, a área autonómica encargouse de contactar coas empresas axeitadas ao perfil de cada mozo ou moza que se beneficiou do programa.As prácticas abarcaron nesta convocatoria os sectores das novas fontes de enerxía, turismo e mercado laboral europeo.Rodeiro destacou por unha banda que unha gran parte dos mozos recibiron ofertas laborais nos países nos que fixeron as prácticas e apuntou que agora mesmo están a traballar e, por outro lado, apuntou que outros atoparon un posto de traballo en España grazas os beneficios que obtiveron ao contar cun certificado de prácticas dunha empresa europea, un documento avalado ou ben pola propia compañía o pola Comisión Europea. Ademais, os mozos e mozas acadaron tamén un certificado de habilidades no idioma do país de destino.Así mesmo, o director xeral de Xuventude e Voluntariado resaltou que a Xunta está á espera de que o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos aprobe as novas bolsas de prácticas presentadas para a convocatoria 2010-2011 do programa Leornardo Da Vinci.O proxecto solicitado polo Goberno galego está dirixido a 187 mozos e mozas titulados recentemente o que están a traballar nos sectores do moble e madeira, deseño, restauración, imaxe, informática, turismo, electricidade e mecánica.Rodeiro fixo fincapé na xuntanza en que os obxectivos que a Xunta persegue con esta iniciativa é que "ao mesmo tempo que os mozos perfeccionan un idioma comunitario, melloren as súas habilidades profesionais que se relacionan coa titulación de cada participante e aprendan a desenvolverse con soltura no mercado laboral europeo co fin de ampliar as súas posibilidades profesionais e persoais".Ademais de expoñer as conclusións do programa Leonardo da Vinci, o director xeral de Xuventude e Voluntariado indicou que na actualidade o departamento autonómico está a desenvolver Volangteer, o proxecto piloto de inmersión lingüístico-cultural de persoas estranxeiras que están en Galicia por traballo ou estudos, que rematará en novembro de 2010. Lembrou que a Universidade de Santiago colabora na execución do plan.Por último, na charla informativa presentouse a guía de Axudas e Programas da Unión Europea para mozos emprendedores, unha iniciativa que forma parte do proxecto 'Un espazo novo na axenda de Lisboa, Espazo Xuvenil'. Rodeiro recalcou que a través desta publicación o que se pretende é dar unha información "sinxela e sintética" da ampla variedade de programas e axudas que a UE oferta á mocidade.

Despois de aprobar a selectividade e elexir a carreira, o paso seguinte é a Universidade. En España temos unha ampla e boa calidade na oferta académica, que ofrecen as universidades, tanto públicas como privadas.Fonte: informe elaborado por aprendemas.

 

Descarga aquí o PDF informativo.

Tags: Ensino
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a mellorar e axilizar os trámites para a admisión e matriculacións de alumnos nas Escolas Oficiais de Idiomas (EEOOII), polo que este ano adianta as probas de clasificación quen teñan coñecementos previos dun idioma e desexen amplialos estudando nestes centros. Así, os que estean interesados en presentarse a estes exames deberán formalizar a súa inscrición ata o 8 de xuño nas correspondentes Escolas Oficiais de Idiomas.Estas probas, que viñan realizándose en cursos pasados no mes de setembro, adiantan a súa celebración co fin de mellorar a xestión e matriculación do alumnado. Deste xeito, a Consellería de Educación continúa a apostar pola rede de centros configurada por 11 Escolas Oficiais de Idiomas, das que dependen 18 seccións. Non en balde, estes centros ofrecen unha formación especializada en linguas destinada á poboación adulta en xeral. De feito, as EEOOI españolas son as únicas institucións de ensinanza pública de linguas con capacidade certificadora de toda a Unión EuropeaAs medidas xa adoptadas pola Consellería de Educación para mellorar a oferta de ensinanza de idiomas, no presente curso 2009-2010 o alumnado das EEOOII galegas e as súas seccións ascendeu a 26.582, aumentando globalmente en 3.351 alumnos fronte ao curso anterior.Datas das probasAs probas de clasificación constan dunha parte escrita e dunha parte de comprensión e expresión oral, e serán administradas en dúas sesións distintas, sendo a escola oficial de idiomas quen estableza o calendario das probas orais. As partes escritas terán lugar entre os días 10 ao 17 de xuño de 2010.Unha vez que se publique o resultado das probas, o alumnado deberá realizar a correspondente preinscrición no curso e nivel segundo o resultado das mesmas. A superación das probas de clasificación terán unha vixencia de dous cursos académicos para os efectos de formalización de matrícula oficial.Deberá realizar a correspondente proba de clasificación o alumnado que teña coñecementos previos dun idioma e desexe matricularse nunha escola oficial de idiomas para seguir cursando na modalidade presencial nun curso distinto de primeiro, coa que poderá ter acceso directo a calquera dos cursos dos niveis básico, intermedio e avanzado dese idioma. En calquera caso, non poderá matricularse nunha proba de clasificación o alumnado que cursara estudos presenciais no curso 2008-2009 ou 2009-2010.
Tags: Ensino
Un cento de alumnas e alumnos galegos de bacharelato e ciclos formativos de grao medio poderán participar este outono no programa Rutas Científicas, promovido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Ministerio de Educación. Os estudantes beneficiados polas axudas para participar nesta iniciativa viaxarán en grupos a un dos catro destinos de roteiros, en Aragón, Illes Balears, Castela e León e a Comunidade Valenciana.O obxectivo do programa 'Rutas Científicas' é facilitarlle ao alumnado a posibilidade de realizar múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar. Deste xeito, os mozos e mozas sitúanse nun medio diferente ao seu, o que redunda nunha maior convivencia e cooperación co profesor e con outros compañeiros, ampliando os seus coñecementos. Todo isto repercute nunha mellor comprensión integral dos rapaces e rapazas, ao coñecer diferentes lugares, xentes, terras, costumes, historias e recursos.Os candidatos a obter as axudas deberán ter menos de 20 anos, e estar a cursar materias científicas en bacharelato ou ciclos de grao medio en centros públicos galegos. Os grupos de viaxe estarán formados por 24 rapaces e rapazas e 2 docentes, estes últimos responsables da adecuada participación na actividade por parte do alumnado.Cada grupo percorrerá unha das 'Rutas Científicas' ao longo dunha semana, durante a que elaborarán un caderno diario da viaxe, que será entregado á Consellería de Educación como xustificante do aproveitamento da estadía. As actividades desenvolverase entre setembro e decembro de 2010.Ademais das bolsas para sufragar os gastos durante a semana que duren as actividades, os beneficiados poderán solicitar axudas para o desprazamento desde a localidade do centro ata a cabeceira de ruta.O programa 'Rutas Científicas' contempla catro itinerarios con contidos diferentes. Así, quen viaxen a Aragón realizarán no xeoparque de Sobrarbe actividades relacionadas coa bioloxía e a xeoloxía, contidos relacionados coa dinámica interna e externa da terra, historia xeolóxica do planeta e paleontoloxía. Nesta contorna observarán ademais unha gran variedade de especies animais, así como a diversidade vexetal do parque.En Castela e León, as actividades centraranse na importancia que para esta Comunidade tivo a construción do Canal de Castela, que facilita a exportación e comercialización dos seus produtos mediante a comunicación por sistema de navegación. Para iso, o alumnado percorrerá as instalacións do Canal, as áreas onde se comezaron os traballos de construción, e navegarán nun barco polo mesmo canal.Coñecer a panorámica da ciencia valenciana é o obxectivo da ruta que percorre esta Comunidade Autónoma. Con este fin, as rapazas e rapaces visitarán o Instituto de Acuicultura Torre de la Sal do CSIC, a Cidade das Artes e as Ciencias e os parques naturais do Desierto de Las Palmas e da Albufera. Así mesmo, os estudantes visitarán varios departamentos das Universidades de Valencia e Politécnica.Por outra banda, o itinerarios nas Illes Balears ten como finalidade achegar ao alumnado á contribución da ciencia e a tecnoloxía ao desenvolvemento sustentable das civilizacións. Así, os estudantes visitarán os parques naturais de Sa Dragonera, Albufera, Cabrera e Mondragó. Ademais, coñecerán técnicas de reciclaxe e tratamento de residuos no parque de Novas Tecnoloxías de Mallorca, e percorrerán as instalacións da central térmica Es Murterar, o Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados ou o Museo Balear de Ciencias Naturais, entre outros espazos.Coa convocatoria destas axudas a Consellería de Educación quere fomentar o interese dos estudantes polas ciencias, así como facilitarlles o contacto directo con outras zonas e culturas do territorio español.Os interesados en participar nesta iniciativa poden consultar a convocatoria no enlace web http://www.edu.xunta.es/web/node/895
Xuventude porá en marcha nas próximas semanas tres iniciativas novidosas na Administración autonómica para apoiar aos mozos e mozas emprendedores de Galicia e o Norte de Portugal. Estes proxectos forman parte do plan Un espazo novo na axenda de Lisboa (Espazo Xuvenil), que se aprobou ao abeiro do Plan de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013. Na actualidade, trátase dunha iniciativa que lideran a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Portugués da Juventude.En primeiro lugar, o Goberno galego convocará nuns días un concurso de ideas transfronteirizo que ten por obxectivo a creación e posta en marcha de novas empresas para incentivar novos filóns e novos empregos nas zonas emprazadas entre Galicia e o Norte de Portugal.A contía dos premios é dun total de 20.000 euros. Así, o primeiro galardón estará dotado con 10.000 euros, o segundo con 6.000 e o terceiro con 4.000. No certame poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos e residan nos territorios ubicados en Galicia e o Norte de Portugal.Todos os proxectos que se presenten ao concurso deberán ser viables técnica e financeiramente e, ademais, deberán estar deseñados para desenvolverse no ámbito xeográfico de Galicia e Norte de Portugal.A guía de axudasAsí mesmo, terán que estar relacionados coa cultura, o turismo, o tempo libre, a animación sociocultural e o medio ambiente e terán que ser necesariamente ideas propostas por un equipo integrado polo menos por un membro establecido na zona galega e outro no territorio portugués. Só se admitirá un proxecto empresarial por equipo e persoa.En segundo lugar, Rodeiro presentou a 'Guía de axudas e programas da Unión Europea para mozos emprendedores' que inclúe información "sinxela e sintética" sobre a amplía variedade de programas que Europa ofrece á mocidade.O director xeral destacou que o libro elaborouse coa colaboración da Fundación Galicia Europa e remarcou que "o libro ten que ser entendido como unha síntese de contidos de rápida accesibilidade, máis non estaría completa sen as múltiples referencias a páxinas web que permiten complementar os datos da publicación".A guía, en definitiva, o que pretende é facilitar un acceso máis fácil aos programas e axudas de apoio que as administracións pon a disposición da mocidade, sobre todo, nestes tempos de crise."Con esta publicación queremos e desexamos proporcionar un valor engadido que, sen dúbida, axudará á creación de novas empresas ou a apoiar actividades, como a participación en redes rendibles, a busca de produtos máis competitivos e a mellora do acceso á innovación e a cooperación transfronteiriza como impulso esencial para as empresas e os novos emprendedores", sinalou Rodeiro.Prácticas en empresasPara remarcar a aposta que a Xunta de Galicia está a facer pola mocidade nestes tempos de crise, Rodeiro engadiu que en terceiro lugar, o departamento que dirixe dará a oportunidade de realizar prácticas en diversas entidades aos mozos e mozas que se formaron o ano pasado a través deste prEn concreto, un total de dez mozos poderán resolver as dúbidas que teñan á hora de poñer en marcha a súa idea empresarial en diversas entidades a través dun asesoramento personalizado.
O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, presidiu o acto de adhesión do apoio do Goberno galego á Campaña Mundial: 'Un gol pola Educación'. Na súa intervención, quixo felicitar e agradecer a todos aqueles que fan posible esta iniciativa. "Gracias por facernos reflexionar sobre a existencia do mundo no seu conxunto e por facernos transcender da vida cotiá para saber que hai outras realidades e zonas de extraordinaria necesidade nas que, ademais de poder vivir, o que se pretende é saber ler e escribir".Feijóo amosouse convencido "de que todos unidos podemos marcar un gol pola formación, pola educación e polo coñecemento. Marcar un gol pola educación é marcar un gol pola liberdade e polo benestar; un gol pola educación significa gañar á inxustiza, gañar á desigualdade e gañar á insolidariedade".O mandatario galego lembrou que, baixo o obxectivo dunha Educación para todos, o Goberno galego está a levar a cabo varias iniciativas entre as que destacou numerosos proxectos de educación en 10 países de América latina e de África; e comprometeuse, amais, a que "todo o que a Xunta faga en cooperación priorizalo na educación e na saúde".Para o titular do Executivo galego, as cifras son concluíntes e falan por si soas: 72 millóns de nenos e nenas sen escolarizar; máis dun terzo de escolares abandonan o colexio antes de acabar o ciclo de primaria; e 800 millóns de adultos non saben ler ou escribir.Diante deste panorama, afirmou que "os datos esíxennos máis e actuar xuntos" e animou á toda a sociedade a que subscriba este compromiso "para que calquera rapaz, en calquera parte do planeta, poida acceder a unha educación de calidade; e para que poida ser médico, enxeñeiro, futbolista, profesor ...".Segundo Feijóo todos podemos contribuír a cambiar esta realidade desde unha postura decidida e comprometida. "En tempos de crise e de escaseza sempre hai un euro que sobra, un café que non é necesario, algún xoguete, algunha chamada ou mensaxe innecesarias; en tempos de escaseza todos temos que priorizar e o investimento en educación é unha prioridade non só política senón persoal e social".Por último, o titular da Xunta lembrou que a educación é a palanca da liberdade "xa que non existe -subliñou- a posibilidade de elixir sen saber o que un elixe". "Non existe a liberdade plena sen unha formación e educación plena", concluíu.
Tags: Ensino
Aberto prazo para inscrición bolsas Leonardo da Vinci. Convocatoria de bolsas Leonardo da Vinci promovidas por Integra Consultora con destino Italia.A Consultora Integra promove bolsas Leonardo da Vinci para profesionais e/ou recén titulados como diplomados, ciclos superiores ou licenciados nos campos da comunicación e áreas cultural e social Destino: Italia Duración da estancia no estranxeiro: 13 semanas (idioma máis prácticas en empresa) Data de selección de participantes: xuño 2010 Data de saída para o disfrute da bolsa: xullo 2010

Os interesados poden ver os requisitos e cubrir a solicitude nos documentos anexados.

Máis información en: www.integra.org.es (área convocatorias abertas) ou nos tfnos: 981 260365 e 981 005194, e-mail: info@integra.org.es18/05/10

O poeta do Courel é o autor homenaxeado este ano con motivo do Día das Letras Galegas, que se celebra o 17 de maio. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado quere sumarse á gran festa da nosa língua publicando un completo traballo da figura e da obra de Uxío Novoneyra.É un poeta o autor a quen vai adicado iste ano o Día das Letras Galegas, un grande poeta galego. A poesía é un tipo de produción literaria moi singular, de interpretación que non é sempre doada para os seus lectores, xa que esixe para quen a lea con interese verdadeiro unha certa posta en escea, unha tentativa consciente para achegarse da mellor maneira posible á mensaxe ou a vivencia que o seu autor quere transmitir. Ista premisa é esencial para ler a obra de Uxío Novoneyra, o autor que resultou merecente do agasallo no ano en que andamos. A súa é unha poesía fonda. Mergullarse _ou polo menos intentalo- na densa ramaxe, nas fonduras espirituais que movían a un creador tan persoal require unha forte dose de complicidade... (texto completo no PDF).

Tags: Ensino
Máis de corenta universidades de todo o mundo impulsan a proxección exterior da lingua e da cultura galegas a través dos centros de estudos galegos. É o caso do Centro de Estudos Galegos da Universitat de Barcelona, que estes días se sumará á celebración do Día das Letras Galegas cunha exposición bibliográfica sobre o autor homenaxeado neste ano 2010. A mostra, titulada Uxío Novoneyra e a poesía experimental en Galicia, pode verse dende hoxe ata o día 21 na Biblioteca General desta universidade.Esta semana, a cidade de Bos Aires tamén reivindicou a importancia das linguas no mundo a través das Xornadas sobre Diversidade Lingüística e Diálogo Intercultural, organizadas na Facultade de Filosofía e Letras desta cidade, coa colaboración da Cátedra de Estudos Galegos. Mentres, o Centro de Estudos Galegos de Lisboa promoveu a mostra de documentais Olhares da fronteira, que ofreceu diferentes visións sobre a fronteira entre Galicia e Portugal a través dos traballos Galegos de cá e lá e Mulleres da raia.O cine en galego viaxa ata RomaníaO audiovisual en galego tamén será o protagonista noutra universidade que non se atopa na rede de centros de estudos galegos. Trátase do caso de Vest, en Romanía. Por primeira vez, esta universidade organiza _entre mañá e o martes_ un ciclo de cinema no que estará presente, xunto co portugués e mais co brasileiro, o audiovisual galego e en galego. Será a través do filme O lapis do carpinteiro, baseado na obra homónima do escritor Manuel Rivas.A proxección internacional da lingua e da cultura galegasOs centros de estudos galegos desenvolven un amplo e variado programa de actividades no que, ademais do piar fundamental que constitúe o labor docente, teñen cabida diversas actividades, como conferencias, recitais, ciclos de cinema e de banda deseñada ou iniciativas para conmemorar o Día das Letras Galegas.Co seu labor diario, os centros de estudos galegos facilitan a proxección internacional e o coñecemento da lingua e da cultura galegas entre o público universitario, mais as súas iniciativas tamén chegan á cidadanía en xeral.
Tags: Ensino
A Consellería de Traballo e Benestar e a Consellería do Mar colaboran nestas actividades, dirixidas ao alumnado de segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e dos ciclos de grao medio. As estadías, de cinco días, terán lugar no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo) entre o 10 de maio e o 4 de xuño. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un programa de educación ambiental mariña destinado á mocidade galega, especialmente á do interior, co fin de dar a coñecer as relacións entre o home e o mar e para garantir a conservación do patrimonio natural mariño. En total, e en colaboración coa Consellería do Mar, ofértanse un total de 400 prazas para cursar estas actividades.O programa vai dirixido ao alumnado de segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria (3º e 4º de ESO), aos estudantes de 1º curso de bacharelato e aos do 1º ciclo formativo de grao medio que non teñan cumpridos os 18 anos.O máximo de 400 prazas distribuirase en catro quendas de luns a venres, desde o 10 de maio ata o próximo 4 de xuño, no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo).Durante estas estadías, o obxectivo é achegar aos participantes ao mundo mariño, e mostrarlles embarcacións antigas e tradicionais. De feito, entre as actividades previstas, destaca a organizada a bordo dunha embarcación con capacidade para 120 persoas.Ademais, e entre outros fins, promoverase a sensibilidade e respecto medioambiental; divulgarase a situación actual do mar; fomentaranse hábitos de vida saudable e promoveranse situacións multiculturais e de intercambio de experiencias.Existen dous módulos diferenciados, en función da idade dos participantes: o "Planeta Litoral" (2º ciclo da ESO), que abordará o estudo do litoral da costa, as formacións costeiras, a biodiversidade, a contaminación ou os labores extractivos do marisqueo a pé e a bordo; e a "Expedición Neptuno" (1º curso do bacharelato e 1º ciclo formativo de grao medio), que se centrará nas relacións entre o home e o mar, as formacións xeomorfolóxicas ou na navegación costeira.Para máis información podedes chamar aos seguintes teléfonos:981 544 926 / 981 957 057 / 881 999 314
Máis de 700 aulas de 5º de Primaria e 1º da ESO disporán de 15.000 ordenadores ultraportátiles para cada alumno ou alumna o vindeiro curso 2010/2011, grazas á dotación de equipamento informático que vai levar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través do Proxecto ABALAR.A Consellería de Educación abrirá nos próximos días a contratación da subministración destes netbooks, a través dun procedemento aberto, público e transparente. Ademais da subministración dos ultraportátiles, a empresa adxudicataria prestará un servizo técnico de soporte durante un mínimo de tres anos para todo o equipamento contratado, que inclúe a reposición de pezas, entre elas as baterías.Os ordenadores serán utilizados, nesta primeira fase, nos centros escolares. Aínda así, a Consellería de Educación abre a posibilidade a que, segundo se vaia desenvolvendo o proxecto, os rapaces leven os portátiles á casa, sempre como continuidade da actividade educativa.A subministración dos ordenadores é o segundo paso da Consellería de Educación no camiño a materializar o Proxecto ABALAR nos centros de educación Primaria e Secundaria de Galicia, despois de que a finais de 2009 investirá 1,1 millóns de euros en mellorar as infraestruturas eléctricas e de datos en 138 centros educativos, entre eles o 100% dos CPI e unha elevada porcentaxe dos IES, para que podan participar no proxecto coas garantías técnicas necesariasA Xunta de Galicia acordará a contratación mediante a aplicación de diferentes criterios, entre os que destacan a robustez, a seguridade e a ergonomía dos equipos. Así mesmo, os ultraportátiles serán sometidos a probas de laboratorio, para comprobar a duración da batería, a interacción coas redes WIFI ou impresoras, ou as medicións de luminancia.No tocante aos requerimentos técnicos, todos os netbooks deberán ter, como mínimo, 1024 MB de memoria RAM, e 120GB de disco duro; tarxeta de son, tarxeta de rede e de rede sen fíos. As pantallas serán de tipo TFT, de dez polgadas; e as baterías, de tecnoloxía Litio-ión, manterán unha autonomía de polo menos 300 minutos.Con respecto ao software, os ordenadores deberán ser subministrado polo menos co sistema operativo GNU/Linux, lector de arquivos en formato PDF, compresor e descompresor de arquivo en formato ZIP, antivirus, navegador de Internet de última xeración con soporte Java integrado, e un paquete ofimático básico _procesador de textos, folla de cálculo, etc-. Ademais, a empresa facilitará a configuración deste software aos usuarios finais nunha chave USB, de xeito que sexa posible rexenerar completamente o sistema se así fose necesario.O vindeiro curso 2010/2011, os netbooks entrarán en algo máis de 700 aulas de 5º de Primaria e 1º da ESO. En 2013, todas as aulas de 5º, 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO deberán estar dotados destes recursos, un período durante o cal está previsto que se beneficien da modernización do ensino 87.000 alumnos de 1.000 centros educativos. Con posterioridade continuarase estendendo ao resto de niveis educativos, ao ritmo que se estableza segundo a dispoñibilidade orzamentaria e os resultados acadados.Para este Proxecto ABALAR, a Consellería de Educación contou cos recursos do Ministerio do ramo, que aporta arredor dun 33% do presuposto, con 4,3 millóns de euros a través do 'Escuela 2.0', destinados a adquirir o equipamento informático de alumnado e aulas. Pola súa parte, a Xunta de Galicia vai poñer o resto, ata superar os 12 millóns de euros. Un gasto repartido entre equipamento e accións de formación para a comunidade educativa, polo que en 2013 arredor de 15.000 docentes terán recibido formación específica para o uso das TIC na súa práctica diaria.Ademais, para facilitar a integración de todos os axentes da comunidade educativa no sistema educativo, vaise poñer en marcha un portal web, 'EspazoABALAR', a través do que as familias poderán seguir a evolución académica dos seus fillos, ao tempo que vai dotar ao profesorado de recursos que os motivarán máis no seu quefacer diario e cos que gozarán dunha autonomía nas aulas, da que ata o de agora carecían.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ultima a organización do Parlamento Xove, unha iniciativa que pretende fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.No Parlamento Xove poderán participar os alumnos de 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacheralato dos centros de ensino de Galicia. Atentos a esta mesma páxina porque dentro de moi pouco tempo publicaremos as bases desta competición e o modelo de inscrición.Parlamento Xove está concibido coma unha competición na que os diversos equipos investigarán, escribirán e debaterán sobre un tema proposto pola organización. A actividade distribuirase nunha fase inicial de investigación e argumentación de ideas na rede e unha fase final de debate dialéctico.Nun principio, poderán inscribirse un máximo de 48 equipos, 12 por cada unha das provincias de Galicia. Cada un dos equipos estarán formados por 6 alumnos e un profesor. Con esta iniciativa potenciarase habilidades a nivel persoal e de grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, o traballo en equipo e a convivencia.
A Direccion Xeral de Xuventude e Voluntariado en coordinación co Instituo Português da Juventude (IPJ), organiza hoxe en Santiago, unha primeira reunión de mozos e representantes de asociacions xuvenís, para respostar á solicitude da Comisión Europea en relación ao Libro Verde da Mobilidade na Formación dos Mozos.Este documento da Comisión publicado o pasado mes de xullo, pretende suscitar a reflexión e estimular o debate de todos os interlocutores implicados nos temas relacionados coa mobilidade dos mozos durante a sua formación academica.Esta reunión de traballo constitúe unha iniciativa novedosa, xa que determinará unha posición conxunta da Eurorexion Galicia-Norte de Portugal, en materia de mobilidade na educación e ao mesmo tempo constitúe un exemplo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.A Unión Europea promove a mobilidade na educación dos mozos a través dunha serie de programas que lle permiten aos mozos desplazarse a outros paises para completar a sua formación, como son Comenius, Erasmus, Tempus, Xuventude en Acción, Leonardo da Vinci, etc.Desta primeira reunion, sairá un documento de traballo para que en vindeiras datas se consensuen as aportacións coa Rexion Norte de Portugal e se elabore un documento único sobre a mobiliade dos mozos dentro da UE en relación coa educación na Eurorexion Galicia-Norte de Portugal.As aportacións e reflexións deste grupo de traballo, determinarán por primeira vez, unha posición conxunta da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal, sobre os aspectos mais relevantes do Libro Verde susceptibles de ser mellorados, e serán remitidas á Comision Europea para que as teña en conta nas suas futuras politicas de mobilidade e educación.
A Dirección Xeral de Xuventude e voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português da Juventude, dirixen o proxecto ESPAZO XUVENIL, que conta coa laboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude galega  portuguesa.Estas actividades teñen coma fin organizar actividades de interese para os mozos e a sociedade en xeral, e poñendo a experiencia e a mobilización de recursos e coñecemento para o bo desenvolvemento de actuacións relacionadas co seu ámbito de traballo.'Un espazo novo na axenda de Lisboa' (Espazo Xuvenil) foi aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007 - 2013 (POCTEP).O principal obxectivo do proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os mozos se queden a vivir e a traballar na zona transfronteiriza Galego-PortuguesaAs actividades van dirixidas a todos aqueles mozos que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en Programas Europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa.Esta primeira serie de actividades será complementada en 2010 con aprendizaxe específica para o fomento do espírito emprendedor e coa concesión de bolsas e premios para a creación de empresas e prácticas nas mesmas; a estas bolsas e premios terán prioridade todos aqueles alumnos que asistan a esta formación.

 

Ir atrás    Ir arriba