Inicio Novas e anuncios
Search
Search Keyword: Total 15 results found.
Tag: Programas UE Ordering

Proxecto MoGalEstá aberto o prazo de solicitude de participación no 1º  proceso de selección das bolsas Leonardo da Vinci do proxecto Mogal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.Para galegas e galegos  titulados en FP e universitarios entre 18 e 30 anos. que nunca disfrutaran dunha bolsa Leonardo.Inscricións entre o 4 e o 15 de outubro.Máis información  www.xuventude.net  e no tfno 881 999 567 Formulario de solicitude e modelo de CV nos documentos anexos.

Mais Información

Formulario de Solicitude

Curriculum Vitae

Os Encontros Internacionais de Mocidade Cabueñes 2010, que baixo o lema: 'JOVENES CONSTRUÍNDO UNA NUEVA CIUDADANÍA' celebraranse en Laboral Cidade da Cultura do 9 ao 11 de setembroO dereito á cidadanía é un dereito a vivir nun contexto social con capacidade de integración das persoas de distinta orixe que respecte e dialogue coa diferenza, nun contexto de igualdade de oportunidades e posibilidades de acceso a condicións de vida digna e a estar incluído nun tecido social onde se recoñeza e permítase a capacidade de cada cal de incidir nas decisións que lle afectan.Neste contexto, enfrontar retos como a Igualdade entre homes e mulleres ou a convivencia en sociedades multiculturais, esixe a participación e o liderado da sociedade no seu conxunto, e de xeito especial dos e as mozas, en tanto que se trata de procesos de longo percorridoCabueñes acollerá a máis de 400 mozos de distintas partes de España, Europa e América Latina, que terán a oportunidade de compartir e debater con máis de 40 profesionais e especialistas internacionais provenientes de Estados Unidos, Gran Bretaña, Suecia, Italia, Venezuela, República Dominicana e España nun ambiente de convivencia e solidariedade organizado en 4 eixos temáticos: participación e liderado xuvenil, igualdade, novas e emigración, Alianza de Civilizacións e organizado por tres Administracións: Ministerio de Igualdade, Instituto Asturiano de Mocidade e Concellaría de Emprego, Mocidade e Igualdade do Concello de Xixón e tres Consellos de Mocidade: España, Principado de Asturias e Xixón coa colaboración da FEMP.No apartado de Actividades Complementarias formarán parte dunha variada oferta que inclúe actuacións musicais entre as que destaca o concerto que pecha os Encontros de Quique González e o de benvida de Pauline na Praia ademais de proxeccións audiovisuais e as propostas creativas de ?Areas Movedizas?.Cabueñes continuará na súa aposta polas novas vías de comunicación. Ademais da súa páxina web, o Encontro contará co seu propio blog onde se irá avanzando información e promovendo a construción dunha comunidade arraigada a Cabueñes durante todo o anoO prazo de inscrición será desde hoxe 21 de xuño ata o 21 de agosto realizándose a través da páxina web www.cabuenes.org ou mediante o enlace da web municipal.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Familia e Igualdade de Oportunidades de Castela e León, César Antón Beltrán, firmaron hoxe en Santiago un convenio de colaboración en materia de xuventude.O acordo recolle accións conxuntas de formación, de participación e mobilidade xuvenil, de promoción de novos creadores e de apoio ás iniciativas de emprendedores.Entre outras actuacións, recoñeceranse mutuamente as titulacións non formais e facilitarase o uso de espazos de creación artística á xuventude de ambas comunidades.Mato e Antón inauguraron tamén unha exposición que recolle imaxes do Camiño de Santiago tomadas por catro mozos e mozas artistas de Castela e León e obras dos gañadores da especilidade de artes plásticas do certame galego Xuventude Crea. A mostra estará aberta no Centro Coordinador de Xuventude (Praza do Matadoiro s/n, Santiago) ata o 14 de xullo,A Xunta de Galicia e o Goberno de Castela e León colaborarán activamente en materia de xuventude, de forma que abordarán conxuntamente accións de formación, coordinación e apoio aos mozos e mozas das dúas comunidades autónomas.Con este fin, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Familia e Igualdade de Oportunidades de Castela e León, César Antón, asinaron hoxe en Santiago un convenio de colaboración, acto no que tamén estiveron o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e o director do Instituto de Xuventude de Castela-León, Sergio Montoya.Este acordo inscríbese no protocolo xeral de colaboración firmado a principios deste ano polos presidentes de Galicia e Castela e León, que persegue mellorar a coordinación e aproveitar as sinerxias entre as dúas comunidades veciñas. O convenio asinado hoxe recolle accións conxuntas en materia de formación, información, participación e mobilidade xuvenil, difusión e promoción de novos creadores, iniciativas de mozos e mozas emprendedores e coordinación en accións transfronteirizas.No que se refire á formación, Mato e Antón destacaron que ambas comunidades recoñecerán mutuamente as titulacións non formais, de modo que se eliminarán os impedimentos burocráticos que puideran retrasar o acceso ao mercado laboral da mocidade. Ademais, nesta mesma liña, tamén se promoverá o acceso da xuventude de ambas rexións, en condicións de igualdade, ás escolas de formación xuvenil, e de cara a realización de prácticas, para obter estas titulacións.Con respecto á información, o convenio prevé o intercambio de información dirixida á xuventude, especialmente aquela que pode ser máis relevante, como a relacionada coa emancipación. Tamén se levarán a cabo intercambios de boas prácticas nas redes de información xuvenil, sobre todo en aquelas que teñen que ver co medio rural ou coa xuventude en risco de exclusión. A isto hai que sumarlle a organización de encontros e xornadas de reciclaxe e adaptación profesional para os membros das redes autonómicas de xuventude.O acordo contempla tamén, no ámbito da participación xuvenil, encontros e intercambios de membros de asociacións xuvenís e de consellos da Xuventude, así como seminarios de boas prácticas en participación e voluntariado. No eido da mobilidade, traballarase de forma conxunta para favorecer a mobilidade xeográfica dos mozos e mozas, entre Castela e León e Galicia, e tamén entre outras comunidades. Nesta liña de actuación farase especial fincapé no impulso do Camiño do Santiago, como nexo de unión entre as dúas comunidades autónomas.As dúas comunidades colaborarán tamén na promoción e difusión dos novos creadores. Con este obxectivo, organizaranse conxuntamente certames e exposicións _terán tamén especial importancia os relacionados co Camiño de Santiago-. Ao tempo, facilitarase o uso de espazos de creación artística á xuventude de ambos territorios.Xa no referido ás iniciativas de mozos e mozas emprendedores, apoiarase a súa internacionalización mediante misións comerciais conxuntas. Ademais, impulsarase a súa participación en encontros e feiras de negocios das dúas comunidades e organizaranse seminarios e encontros.O convenio establece tamén acordos en cooperación transfronteiriza, para fomentar o coñecemento entre os mozos e mozas das diversas realidades dos tres territorios.Tras a firma deste convenio de colaboración, Mato e Antón desprazáronse ata o Centro coordinador de información e documentación xuvenil de Santiago, para inaugurar a exposición fotográfica "Hitos del Camino de Santiago".Esta exposición reúne fotografías de catro mozos e mozas fotógrafos, premiados en programas de arte de Castela e León, que mostran nove bens culturais situados no Camiño de Santiago ao seu paso por esa comunidade. A finalidade desta iniciativa é dar a coñecer aos peregrinos e viaxeiros estes lugares e os seus procesos de restauración.Así, os lugares fotografiados son: o municipio de Belorado (Burgos); o monasterio de San Juan de Ortega (Baños de Colina, Burgos); a ponte de Itero (entre Itero del Camino, Burgos e Itero de la Vega en Palencia); o monasterio de San Zoilo (Carrión de los Condes, Palencia); a igrexa de Santa María de La Blanca (Villalcázar de Sirga, Palencia); a igrexa de la Peregrina (Sahagún, León); a ponte de Villarente (Villarente, León); a colexiata de San Isidoro (León); e a igrexa de Santiago (Villafranca del Bierzo, León).
O vindiero 14 de xuño terá lugar na casa Jimena Elisa Fernández de la Vega (Casas Reais, 8) a presentación dun libro e a información relativa a proxectos europeos destinados a mozos e mozas galegos e galegas.O encontro comezará ás sete da tarde e contará coa presenza do director de Relacións Exteriores, Jesús María Gamallo Aller e o director xeral de Xuventude e Voluntariado Ovidio Rodeiro Tato.Para máis información consulta o anexo ou envia un e-mail a galeuropa@xunta.es
Técnicos da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado asisten hoxe en Anangouleme (Francia) ao arranque oficial do programa europeo "Imaxina Atlántica", que traballará ata finais de 2012 a creatividade e a innovación de mozos e mozas en materia audiovisual. Ademais da Xunta de Galicia, participan neste programa outras administracións rexionais e locais de Francia, Reino Unido e Portugal. O custo total do proxecto é de 1.600.000 euros, dos que máis de 200.000 serán empregados para realizar accións en Galicia. O Cluster do Audiovisual Galego colabora coa Dirección Xeral de Xuventude neste proxectoO desafío principal do proxecto será reunir actores internacionais nun contexto onde as novas tecnoloxías da imaxe terán un lugar preferente. Situado no campo da innovación e fortemente marcado por actividades de investigación e desenvolvemento, o proxecto tamén realizará actividades de promoción do patrimonio do Espazo Atlántico."Imaxina Atlántica" ofrecerá aos novos creadores a oportunidade de realizar prácticas con realizadores de prestixio e de difundir as súas producións, priorizando os recursos existentes e dando lugar e creación e promoción de emprego xuvenil neste ámbito.Tamén facilitará o deseño de programas de intercambio de estudantes e profesionais e seminarios técnicos internacionais, así como está prevista a creación de produtos e circuítos turísticos e culturais utilizando os recursos, mobilidades e as capacidades de expresión dos territorios.Outra acción que destaca dentro do programa de actividades de "Imaxina Atlántica" será un concurso de obras de arte numérica que implique unha posta en común de recursos do espazo atlántico e a circulación dos creadores a través de accións colectivas de produción orientadas á valorización do patrimonio histórico.Por último, crearase unha plataforma virtual para a publicación e difusión dos novos creadores de cara á sociedade e a Europa en xeral e a porase en marcha un espazo común de colaboración entre os profesionais, estudantes, novos creadores e formadores.
Aberto prazo para inscrición bolsas Leonardo da Vinci. Convocatoria de bolsas Leonardo da Vinci promovidas por Integra Consultora con destino Italia.A Consultora Integra promove bolsas Leonardo da Vinci para profesionais e/ou recén titulados como diplomados, ciclos superiores ou licenciados nos campos da comunicación e áreas cultural e social Destino: Italia Duración da estancia no estranxeiro: 13 semanas (idioma máis prácticas en empresa) Data de selección de participantes: xuño 2010 Data de saída para o disfrute da bolsa: xullo 2010

Os interesados poden ver os requisitos e cubrir a solicitude nos documentos anexados.

Máis información en: www.integra.org.es (área convocatorias abertas) ou nos tfnos: 981 260365 e 981 005194, e-mail: info@integra.org.es18/05/10

O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, recibiu no Salón Nobre do Pazo de Raxoi aos participantes no intercambio xuvenil internacional organizado pola Asociación Cultural Raíña Lupa do Concello de Boqueixón do 8 ó 15 de xuño, dentro do programa Xuventude en Acción titulado 'Xuventude e Igualdade'

Será una semana de proxecto no que participaron 30 mozos e mozas de organizacións de Rep. Checa, Eslovaquia, Suecia, Portugal e España. Este intercambio tivo como temática a Igualdade e para elo leváronse a cabo toda unha serie de actividades formativas e educativas: obradoiros de igualdade, cine forum ou postas en común de boas prácticas. Tamén houbo tempo para o intercambio cultural, e aproveitaron estes días para coñecer Boqueixón, o Pico Sacro, a cidade de Santiago de Compostela ou A Coruña.Co fin de dar a coñecer ó máximo o intercambio e o Programa Xuventude en particular entre a poboación de Boqueixón, fixéronse unha serie de actividades en colaboración co CEIP Antonio Orza de Boqueixón, así como un festa intercultural para mostrar os veciños de Boqueixón produtos típicos e aspectos relativos os seus países.Este intercambio foi subvencionado pola Axencia Executiva de Educación e Cultura da Comisión Europea a través do programa Xuventude en Acción, e non será o único no que participe a Asociación Raíña Lupa, xa que neste verán, mozos e mozas de Boqueixón, participarán en intercambios en Polonia, Austria, Ucrania e Portugal.

A dirección xeral de Xuventude e Voluntariado organiza o vindeiro 20 de febreiro o I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea. Esta iniciativa pretende ser un espezo de intercambio de experiencias entre os participantes implicados nos distintos programas de mobilidade europeos: Xuventude en Acción e Lonardo da VinciEsta prevista a participación de mozos e mozas galegos que realizar proxectos en diferentes países, así como tamén da xuventude estranxeira que está participando en diversos proxectos en Galicia. O encontro está aberto tanto a asociacións e colectivos xuvenís como a mozos e mozas individuais interesados en coñecer de preto as experiencias de mobilidade.O I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea terá lugar o 20 de febreiro na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Os interesados en asistir poderán anotarse enviando un correo electrónico antes do 12 de febreiro á dirección xuventude@xunta.es indicando os datos persoais e as preferencias para participar nos obradoiros do Encontro, tal e como se indica no tríptico oficial, que debes baixar ao final desta nova.
O Ministerio de Igualdade convoca as axudas para a realización dos proxectos comprendidos no marco das accións do programa «A xuventude en acción»Serán obxecto de axuda as seguintes accións:a) Acción 1, «A xuventude con Europa», que apoia as seguintes Sub-Accións:Sub-acción 1.1, «Intercambios xuvenís», que ofrecen a grupos de mozos de diferentes países a posibilidade de encontrarse e coñecer mellor as súas culturas respectivas.Sub-acción 1.2, «Iniciativas xuvenís», que ofrecen apoio a proxectos de grupos deseñados a nivel local, rexional e nacional, así como os proxectos en rede similares entre diferentes países, co fin de reforzar o aspecto europeo e de ampliar a cooperación e o intercambio de experiencias entre mozos.Sub-acción 1.3, «Proxectos de democracia participativa», que apoian a participación de mozos na vida democrática da súa comunidade local, rexional ou nacional, e a nivel internacional.b) Acción 2, «Servizo voluntario europeo», cuxo obxectivo é fomentar a participación de mozos en distintas formas de actividades de voluntariado, dentro e fóra da UE.c) Acción 3, «A xuventude no mundo», que avala a seguinte sub-acciónSub-acción 3.1, «Cooperación cos países veciños da Unión Europea», que apoia dous tipos de proxectos cos países veciños asociados: intercambios xuvenís e proxectos de formación e en rede no ámbito da xuventude.d) Acción 4, «Sistemas de apoio á xuventude», que avala a seguinte sub-acción:Sub-acción 4.3, «Formación e proxectos en rede de traballadores xuvenís e organizacións xuvenís», que avala as actividades de formación de traballadores xuvenís en activo e organizacións xuvenís, en especial, o intercambio de experiencias, coñecementos e boas prácticas, así como actividades que poidan conducir a proxectos de calidade de longa duración, asociacións e proxectos en rede.e) Acción 5, «Apoio á cooperación europea no ámbito da xuventude», que avala a seguinte sub-acción:Sub-acción 5.1, «Encontros de mozos e responsables de políticas de xuventude», que avala a cooperación, a celebración de seminarios e o diálogo estruturado entre mozos, traballadores xuvenís e responsables de políticas de xuventudePersoas beneficiarias e destinatarias:1. Promotores elixibles:a) Organizacións no sen ánimo de lucro.b) Entes públicos locais ou rexionais.c) Grupos de mozos non asociados.d) Entidades activas a nivel europeo no campo da xuventude (ONGE), con sedes en, polo menos, oito países do Programa.e) Organizacións non internacionais2. Participantes elixibles. Cada unha das accións está dirixida a mozos comprendidos entre as seguintes idades:Para a acción 1.1: Entre os 13 e os 25 anos (cabe a participación, ata un máximo do 20%, de mozos entre 26 e 30 anos).Para a acción 1.2: Entre os 18 e os 30 anos, tamén poderán participar mozos de 15 a 17 anos se van acompañados dun titor ou animador xuvenil.Para a acción 1.3: Entre os 13 e os 30 anos.Para a acción 2: Entre os 18 e os 30 anos, podendo ser a partir dos 16 se van acompañados de titor/a ou animador/a xuvenil.Para a acción 3.1: Para os intercambios xuvenís, igual que a acción 1.1 e para as actividades de formación, sen límite de idade.Para a acción 4.3: Sen límite de idade.Para a acción 5.1: Entre os 15 e os 30 anos.Prazos:Para procesos que empezan entre o 1 maio e o 30 setembro, o prazo límite é o 1 de febreiro.Para procesos que empezan entre o 1 xullo e o 30 novembro, o prazo límite é o 1 de abril.Para procesos que empezan entre o 1 setembro e o 31 xaneiro, o prazo límite é o 1 de xuño.Para procesos que empezan entre: 1 decembro e 30 abril, o prazo límite é o 1 de setembro.Para procesos que empezan entre o 1 febreiro e o 31 xullo, o prazo límite é o 1 de novembro.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organiza o sábado na localidade portuguesa de Chaves unha xornada para fomentar a creación de empresas e asociacións dirixido a mozos da eurorexion galego portuguesa. Nesta iniciativa, que contará coa presencia do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participan 120 xóvenes de Galicia e o Norte de PortugalEsta acción enmárcase dentro do Proxecto "Espazo Xuvenil", dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português da Juventude, foi aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007 - 2013 (POCTEP).O principal obxectivo do proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os mozos se queden a vivir e a traballar na zona transfronteiriza Galego-Portuguesa'Espazo Xuvenil' conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude galega _ portuguesa, co fin de manifestar a súa disposición a participar naquelas actividades de interese para os mozos e a sociedade en xeral, e poñendo a disposición a mobilización de recursos e coñecemento para o bo desenvolvemento de actuacións relacionadas co seu ámbito de traballo.Nesta xornada de traballo presentaranse casos de éxito e exemplos de boas prácticas tanto na creación de empresas como na de asociacións, contando con responsables de entidades como ASPAS, IGAPE, Asoc. española de Coaching e "R" telecomunicacións que lle mostrarán ós mozos os procedementos a seguir para a posta en marcha de proxectos e iniciativas.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe o programa de accións que o Goberno galego levará a cabo co gallo do Día Internacional do Voluntariado o próximo 5 de decembroO representante da área autonómica anunciou que durante o próximo verán organizaranse diversos campos de traballo con motivo do Xacobeo ao longo dos percorridos dos diversos camiñosA Consellería de Traballo e Benestar asinou un convenio coa Universidade de Santiago para ofrecer formación aos estudantes de Medicina e Enfermaría para que sirvan de apoio sanitario no Camiño de Santiago no veránA Xunta celebra o próximo venres 27 de novembro o I Encontro Internacional de Voluntariado Xuvenil en Santiago co gallo do Día Internacional do Voluntariado o próximo 5 de decembro. O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, explicou hoxe os detalles desta iniciativa e doutras actividades que desenvolverá o departamento autonómico para conmemorar a xornada do día 5.En primeiro lugar, Rodeiro concretou que o I Encontro Internacional de Voluntariado Xuvenil está dirixido a entidades de acción voluntaria xuvenil, a asociacións xuvenís, a persoal das oficinas municipais de información xuvenís (OMIX) e voluntarios en xeral. "Pretende ser un foro de intercambio de ideas no eido do voluntariado", apuntou.Rodeiro destacou que moitos dos participantes forman parte do programa Xuventude en Acción, unha iniciativa que considerou que será "o modelo de futuro no eido do voluntariado".Desta maneira, os participantes galegos, máis de 40 mozos e mozas, compartirán as súas experiencias con persoas voluntarias que chegarán de máis de 15 países de Europa: Lituania, Holanda, Italia, Francia, Grecia, Romanía, Polonia, Bulgaria, Hungría, República Checa, Letonia, Alemaña, Bélxica, Turquía e Portugal.O congreso iniciarase cunha conferencia sobre 'O voluntariado como acción social',  que impartirá o presidente do protectorado xitano, Santiago González Avión. Así mesmo, mostrarase unha exposición dos membros do Servizo de Voluntariado Europeo (EVS) e organizaranse diversos obradoiros, entre os que destaca unha iniciativa centrada no voluntariado no Camiño de Santiago. Ademais, abordaranse medidas de fomento do asociacionismo no eido do voluntariado.Rodeiro explicou tamén o resto do programa que desenvolverá a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con motivo do Día Internacional do Voluntariado.Así, o 30 de novembro terá lugar unha visita guiada ao centro Don Bosco co obxectivo de coñecer o funcionamento dunha entidade de acción voluntaria pioneira en Galicia. Participarán máis de 40 mozos e mozos de sete países europeos.
Ovidio Rodeiro presentou o programa de actividades que se desenvolverán a partir do luns 16 de novembro en diferentes puntos da comunidade autónoma. A iniciativa complementarase o próximo ano coa aprendizaxe específico a través da concesión de bolsas e premios para a creación de empresas e prácticasA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza unhas xornadas para fomentar o espírito empresarial a partir do luns 16 de novembro en diferentes puntos de Galicia. A iniciativa celebrarase a través do proxecto Espazo Xuvenil que o departamento autonómico dirixe conxuntamente co Instituto Portugués da Juventude (IPJ).O obxectivo principal deste plan europeo, que forma parte da Axenda de Lisboa, é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude para que os mozos e mozas poidan quedarse a vivir e traballar na zona transfronteriza galego-portuguesa.O programa de actividades das xornadas, que presentou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, será complementado en 2010 coa aprendizaxe específico para o fomento do espírito emprendedor e coa concesión de bolsas e premios para a creación de empresas e prácticas nas mesmas. Os alumnos que participen nas xornadas terán prioridade á hora de acceder ás bolsas e premios.Rodeiro sinalou a importancia destas xornadas, xa que explicou que "un dos obxectivos que hai que impulsar con máis intensidade en Galicia é o fomento da cultura empresarial". Destacou, así mesmo, que a iniciativa pretende fortalecer a formación da mocidade da eurorrexión de Galicia e Portugal coa finalidade de "asentar a residencia da mocidade nas súas comarcas de nacemento e evitar a despoboación das zonas transfronterizas.O director xeral tamén resaltou a labor que se está a desenvolver grazas ao proxecto Espazo Xuvenil. De feito, lembrou que a través deste programa medio cento de mozos e mozas formáronse como monitores de tempo libre para poder traballar en Galicia e Portugal. Tamén organizouse Filminho, unha iniciativa que potenciou o sector audiovisual dos dous países.O programa do cursoAs actividades das xornadas van dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que precisen dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en programas europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa. Todas as accións son de balde,Entre as iniciativas do curso destacan os seminarios "O empresario nace ou faise?", "Teño unha idea, por onde empezo?", o curso "Da idea á empresa" ou o obradoiro sobre aplicacións prácticas no contexto galego do programa cultura 2007-2013 da Unión Europea.
A Direccion Xeral de Xuventude e Voluntariado en coordinación co Instituo Português da Juventude (IPJ), organiza hoxe en Santiago, unha primeira reunión de mozos e representantes de asociacions xuvenís, para respostar á solicitude da Comisión Europea en relación ao Libro Verde da Mobilidade na Formación dos Mozos.Este documento da Comisión publicado o pasado mes de xullo, pretende suscitar a reflexión e estimular o debate de todos os interlocutores implicados nos temas relacionados coa mobilidade dos mozos durante a sua formación academica.Esta reunión de traballo constitúe unha iniciativa novedosa, xa que determinará unha posición conxunta da Eurorexion Galicia-Norte de Portugal, en materia de mobilidade na educación e ao mesmo tempo constitúe un exemplo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.A Unión Europea promove a mobilidade na educación dos mozos a través dunha serie de programas que lle permiten aos mozos desplazarse a outros paises para completar a sua formación, como son Comenius, Erasmus, Tempus, Xuventude en Acción, Leonardo da Vinci, etc.Desta primeira reunion, sairá un documento de traballo para que en vindeiras datas se consensuen as aportacións coa Rexion Norte de Portugal e se elabore un documento único sobre a mobiliade dos mozos dentro da UE en relación coa educación na Eurorexion Galicia-Norte de Portugal.As aportacións e reflexións deste grupo de traballo, determinarán por primeira vez, unha posición conxunta da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal, sobre os aspectos mais relevantes do Libro Verde susceptibles de ser mellorados, e serán remitidas á Comision Europea para que as teña en conta nas suas futuras politicas de mobilidade e educación.

O departamento autonómico da Consellería de Traballo e Benestar cofinancia o plan cun total de 30.840 euros. Na primeira fase participarán 30 parellas formadas por voluntarios e alumnos, aínda que en febreiro, cando cheguen novos Erasmus, a cifra poderá aumentar.

Trátase dun plan piloto que rematará en outubro de 2010 e que se desenvolve en dúas zonas, en Galicia e en Friesland (Holanda) O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, explicou que a iniciativa quere fomentar a cultura galega a través de programas de acompañamento e conversa que son desenvolvidos por persoal voluntario da Universidade. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou a elaboración da guía Falamos!, feita expresamente para este plan.

As accións do programa europeo Volangteer comezan hoxe a desenvolverse co obxectivo de promover o uso do galego entre as persoas estranxeiras que estudan en Galicia e, desta maneira, aumentar o seu coñecemento da realidade sociocultural galega así como a súa integración, comprensión intercultural e solidariedade. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron as actividades a realizar.A iniciativa, que xa foi presentada aos estudantes estranxeiros universitarios dos campus de Lugo e Santiago, arranca cunha xornada de formación na Facultade de Económicas para os voluntarios na que coñecerán os contidos metodolóxicos e as actividades que van desenvolver ao longo do curso.Ao remate da xornada, a partir das 18.30 horas, formaranse as parellas de voluntarios e estudantes que traballarán conxuntamente nos próximos meses. Na primeira fase participarán 30 parellas, aínda que a cifra poderá aumentar en febreiro cando se prevé facer unha segunda quenda. Neste sentido, Rodeiro indicou que a iniciativa espertou "moito interese", xa que ao proxecto presentáronse 80 voluntarios e 60 alumnos.O carácter innovador deste proxecto, que se desenvolve en dúas zonas piloto, Galicia e Friesland (Holanda), é a súa metodoloxía, que se basea na introdución de mozos e mozas voluntarios que ofrecen o seu tempo para ensinarlles aos estudantes estranxeiros a lingua e cultura galegas. As accións céntranse nos estudantes estranxeiros do programa Erasmus e dos convenios bilaterais da Universidade de Santiago.O custo e os participantesA iniciativa, que rematará en outubro de 2010, desenvólvese no marco do programa de acompañamento lingüístico Learning Regional Languages da Comisión Europea, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que coordina o proxecto en colaboración coa USC. Pola súa parte, a Secretaría xeral de Política Lingüística participa en calidade de entidade asociada, achegando ao programa Volangteer a coordinación da edición dos materiais de aprendizaxe e a súa proposta metodolóxica. Tamén son socios colaboradores do programa Volangteer unha entidade de Grecia e outra de Francia.O custo total do plan nas dúas zonas ascende a case 400.000 euros. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado cofinancia a acción con 30.840 euros.Para acadar o obxectivo do programa, os voluntarios e os seus alumnos manterán conversacións sobre temas previamente establecidos en distintos ambientes como pode ser o teatro, nunha visita cultural ou nun espectáculo deportivo.Segundo explicou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, o que se pretende é empregar unha metodoloxía "non formal" que fomente o interese pola lingua galega e a súa aprendizaxe, facilitando, desta maneira, a integración e o intercambio de experiencias, coñecementos e valores da cultura de Galicia. "O que pretendemos é transmitir toda a realidade da nosa comunidade autónoma", apuntou.Ademais, os estudantes estranxeiros recibirán como complemento á súa inmersión cultural unha guía de acompañamento lingüística que foi deseñada exclusivamente para este programa pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.A guía Falamos! está destinada á aprendizaxe do galego daquelas persoas estranxeiras que participen no programa. Constitúe un manual básico que recolle os contextos comunicativos máis habituais e que conta cun apoio gráfico importante para facilitar a adquisición de coñecementos.O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, pola súa banda, destacou que os estudantes que participen en Volangteer serán "embaixadores da nosa realidade lingüística e cultural". Ao respecto, resaltou a importancia da promoción da lingua galega nos países estranxeiros.O proxecto está deseñado para desenvolver e probar unha nova metodoloxía para a aprendizaxe das linguas propias co fin de estimular o seu uso polos estranxeiros. Identificar novas fórmulas para conectar o idioma e a cultura dun xeito práctico e entretido, promover o valor das linguas minoritarias como unha expresión cultural, fomentar o intercambio cultural ou lograr que as persoas de fóra sexan capaces de manter conversas cotiás na lingua de referencia son algúns dos principais obxectivos desta iniciativa.

A asociación 'Raíña Lupa' organizou un intercambio con mozos de cinco países sobre a igualdade entre sexosO Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, recibiu no Salón Nobre do Pazo de Raxoi aos participantes no intercambio xuvenil internacional organizado pola Asociación Cultural Raíña Lupa do Concello de Boqueixón do 8 ó 15 de xuño, dentro do programa Xuventude en Acción titulado 'Xuventude e Igualdade'.Será unha semana de proxecto no que participaron 30 mozos e mozas de organizacións de Rep.. Checa, Eslovaquia, Suecia, Portugal e España. Este intercambio tivo como temática a Igualdade e para elo leváronse a cabo toda unha serie de actividades formativas e educativas: obradoiros de igualdade, cine forum ou postas en común de boas prácticas. Tamén houbo tempo para o intercambio cultural, e aproveitaron estes días para coñecer Boqueixón, o Pico Sacro, a cidade de Santiago de Compostela ou A Coruña.Co fin de dar a coñecer ó máximo o intercambio e o Programa Xuventude en particular entre a poboación de Boqueixón, fixéronse unha serie de actividades en colaboración co CEIP Antonio Orza de Boqueixón, así como un festa intercultural para mostrar os veciños de Boqueixón produtos típicos e aspectos relativos os seus países.Este intercambio foi subvencionado pola Axencia Executiva de Educación e Cultura da Comisión Europea a través do programa Xuventude en Acción, e non será o único no que participe a Asociación Raíña Lupa, xa que neste verán, mozos e mozas de Boqueixón, participarán en intercambios en Polonia, Austria, Ucrania e Portugal.

 

Ir atrás    Ir arriba