- All Sections
- content: Bolsas e axudas (1)
- content: En portada (35)
- content: Formación (1)
|
UNESCO-Aschberg convoca bolsas para Artistas. As Bolsas para Artistas UNESCO-Aschberg favorecen a mobilidade de novos artistas co fin de abrirlles novas perspectivas, permitirlles establecer un diálogo intercultural e expoñelos á diversidade cultural.O programa ofrece residencias en todo o mundo a novos artistas (entre 25 e 35 anos). Comparte varios dos obxectivos da Convención sobre a Protección e a Promoción da Diversidade das Expresións Culturais (2005) que preconiza os intercambios culturais e subliña a creatividade e a necesidade para os artistas de enriquecerse ao contacto doutras culturas.Estas experiencias de residencia exercen un papel catalizador no desenvolvemento das expresións artísticas de todas as culturas do mundo. O Programa UNESCO-Aschberg Bolsas ofrece bolsas para 2013 nos seguintes campos: Escritura Creativa, Música e Artes Visuais. Escritura CreativaCamac (Francia) - Data límite: 15 de outubro 2012Sacatar Fundación (Brasil) - Data límite: 15 de outubro 2012Civitella Ranieri Center (Italia) - Data límite: 15 de novembro 2012Dar al-Ma'mun (Marrocos) - Data límite: 20 de novembro 2012 MúsicaSacatar Fundación (Brasil) - Data límite: 15 de outubro 2012Musique multi-Montreal (Canadá) - Data límite: 01 de novembro 2012L'Espace Sobo Bade (Senegal) - Data límite: 30 de novembro 2012Virxinia Center for the Creative Arts (EUA) - Data límite: 31 de outubro 2012 Artes VisuaisBundanon Trust (Australia) - Data límite: 05 de novembro 2012Sacatar Fundación (Brasil) - Data límite: 15 de outubro 2012Centro Colombo Americano (Colombia) - Data límite: 16 de novembro 2012Camac (Francia) - Data límite: 15 de outubro 2012Civitella Ranieri Center (Italia) - Data límite: 15 de novembro 2012Changdong National Art Studio (República de Corea) - Data límite: 04 de outubro 2012UNIDEE - Cittadellarte (Italia) - Data límite: 18 de novembro 2012Djerassi Resident Artists Program (EUA) - Data límite: 31 de outubro 2012Dar Ao Ma'mun (Marrocos) - Data límite: 20 de novembro 2012A Chambre Blanche (Canadá) - Data límite: 01 de novembro 2012 Estas bolsas poden buscarse por rexións ou por disciplinas artísticas Máis información en www.unesco.org pinchando en cultura-diversidade cultural-diversidade das expresións culturais-Unesco Aschberg bolsas. A asociación cultural Integra pon en marcha 10 becas para personas italianas entre 18 e 30 anos, que estén residindo en España e que estén interesadas en facer un curso de italiano en Italia.O obxectivo é a mellora do currículo da persoa participante.Bases, información e solicitudes da convocatoria nos documentos anexos e info@integra.org.es As axudas para a creación de banda deseñada galega convocadas por primeira vez en 2010 pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, permitirán financiar 6 proxectos. A Consellería de Cultura destina un total de 28.063 euros, cun límite máximo de 6.000 euros por beneficiario, a esta liña de axudas que pretende fomentar a creación de proxectos creativos de banda deseñada galega. A resolución publicada hoxe permitirá a subvención de 6 proxectos en lingua galega: “Alleos”, de Idoia de Luxán Vázquez; “Instant Power”, de Pablo Álvarez Rosendo; “Punto de fuga”, de Miguel Cuba Taboada; “A historia xamais contada xamais contada”, de Mariano Casas Gil; “O regreso do caralludo sr. Mundo”, de Alfonso Martínez López e “Destino Hërgüss”, de Manuel Pena Villar (Manel Cráneo). Os beneficiarios destas axudas deberán executar o proxecto no prazo de doce meses desde a data da comunicación da concesión da axuda e as actividades obxecto de axuda serán a elaboración do guión do proxecto, os gastos de ilustración e os gastos de edición. Debido á crecente importancia da banda deseñada no panorama cultural galego e dada a inexistencia dun tecido editorial o suficientemente grande para soster os custos de produción das historias narradas dentro deste medio de expresión, a Consellería de Cultura e Turismo veu necesario dar un apoio aos autores para fomentar a creación de obras extensas de cómic galego en calquera xénero, permitíndolles aos autores galegos abordar proxectos creativos ambiciosos que na actualidade o mercado non consegue promover. Do mesmo xeito, trátase de favorecer a edición de historias longas de banda deseñada en galego. Apoio ao sector Nesta liña de apoio e promoción da banda deseñada galega, a Consellería de Cultura e Turismo destinará ao longo deste ano 2010 un total de 600.000 euros a través da presenza en feiras nacionais e internacionais, axudas, adquisición de obras e promoción deste xénero. Por unha banda, traballarase na política de adquisicións de cómic para as bibliotecas e así crear hábitos de lectura de banda deseñada tanto na poboación infantil e xuvenil como na adulta. Dentro de este proceso de adquisición de fondos primarase neste ano a adquisición de revistas, álbums e publicacións galegas para o que se pretende destinar como mínimo de 100.000 euros. Asemade, crearase un portal destinado ao cómic galego dentro da Biblioteca Dixital da Biblioteca de Galicia.Un total de 10 cursos de posgrao que organizarán as universidades galegas e entidades vinculadas a elas serán financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar, unha iniciativa coa que se formará a un total de 150 alumnos, prioritariamente desempregados que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. A subvención, de 240.000 euros, concedeuse ao abeiro da orde pola que se convocaron axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas. A formación que se impartirá será gratuíta para a totalidade do alumnado que participe nos cursos. As entidades que organicen os cursos so poderán cobrar os dereitos de matrícula. Ademais, os alumnos poderán ter dereito a percibir os gastos de desprazamento, cunha axuda de 7 euros por día lectivo de asistencia ao curso. Así, a Universidade de Ourense porá en marcha un curso de posgrao de técnico en enoturismo de 260 horas co que se pretende potenciar o desenvolvemento enoturístico de Galicia en cinco denominacións de orixe (Ribeiro, Valdeorras, Monterrey, Ribeira Sacra e Rías Baixas). Tamén desenvolverá un curso de técnico en comunicación empresarial de 170 horas, que está dirixido a mellorar as habilidades comunicativas no ámbito empresarial. Pola súa banda, a Universidade de Vigo, no campus de Ourense, realizará un curso de formación en educación ambiental de 200 horas, como complemento formativo ás diplomaturas de Traballo Social, Educación Social, Psicopedagoxía e Maxisterio. A finalidade é formar persoal cualificado para o desempeño de postos laborais en aulas da natureza, centros de interpretación do medio, granxas escolas e guías da natureza. No campus vigués, na Escola de Enxeñeiros Industriais, terán lugar tres accións formativas: de proceso de deseño de cuños, de innovación e desenvolvemento de equipos industriais e procesos de deseño de moldes de inxección. Cada unha das iniciativas terá unha duración de 200 horas, das que 150 serán de teleformación. A finalidade é atender a demanda do ámbito industrial de técnicos de produción cunha formación cada vez máis especializada nas tecnoloxías de deseño e fabricación de moldes de inxección, así como no desenvolvemento de novos produtos e fabricación mecánica. Na Facultade de Ciencias do Mar, do campus de Vigo, impartirase un curso de sistema de recirculación mariña e outro sobre cultivos auxiliares nunha Hatchery de Peixes Planos. Cada un deles, terá unha duración de 200 horas, das que 150 serán de teleformación, Con estas iniciativas aumentarase a posibilidade de contratación dos alumnos en empresas do sector pesqueiro con carencia de técnicos especializados na tecnoloxía de recirculación mariña, así como incrementar as posibilidades de inserción laboral no sector da acuicultura. Por último, a Fundación Universidade da Coruña porá en marcha un curso de habilidades directivas para mellorar a inserción laboral dos universitarios e outro de orientador ocupacional para afondar na capacitación profesional dos posgraduados para o exercicio de tarefas propias do perfil laboral de técnico de emprego ou técnico en orientación ocupacional. Cada un destas accións terá unha duración de 160 horas, das que 60 serán de teleformación. A Fundación Deporte Galego resolveu a convocatoria do programa específico de axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel concedendo 206 axudas por un importe total de 500.000 euros. As bases da convocatoria prevían unha dotación orzamentaria inicial de 400.000 euros pero dado o grande incremento de solicitudes, a Fundación aprobou un incremento de 100.000 euros. Esta resolución efectúase segundo os criterios establecidos nas bases da convocatoria do programa específico de axudas para Deportistas galegos/as de Alto Nivel, cuxo anuncio foi publicado no Diario oficial de Galicia o día 15 de abril de 2010. Notificada a resolución definitiva, os/as beneficiarios/as dispoñen dun prazo de dez días naturais para a súa aceptación ou para presentar a súa renuncia, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada. No caso de que as axudas outorgadas non sexan aceptadas polos/as beneficiarios/as ou que posteriormente á súa concesión se renuncie a elas, o órgano instructor poderá formular proposta de resolución complementaria, adxudicando o importe dispoñible entre as solicitudes valoradas pola Comisión que tiveron prorrateo. Máis información en www.deportegalego.es
A partir de hoxe os mozos e mozas menores de entre 18 e 35 anos, entre outros colectivos, poderán solicitar as subvencións para o alugueiro de vivendas incluídas no Programa Aluga do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS): http://igvs.xunta.es/web/igvs/portada As axudas concedidas no marco do Programa Aluga no segundo semestre de 2010 poderán acadar un custe total de 5,87 millóns de euros, segundo aprobou o Consello da Xunta o pasado oito de xullo. Esta contía de 5,87 millóns de euros destinarase exclusivamente a financiar as axudas concedidas no segundo semestre de 2010, xa que para as axudas concedidas no primeiro semestre de 2010 xa se autorizaran 5.225.267,12 millóns de euros no pasado mes de decembro de 2009. Dos 5,87 millóns de euros aprobados, 5,37 millóns destinaranse a subvencións aos inquilinos e 500.000 euros a subvencións a propietarios de vivendas para a rehabilitación das mesmas antes da súa posta a disposición dos demandantes de vivenda. Dado que as axudas se conceden por un período de 12 meses, os 5,37 millóns de euros destinados a subvencionar aos inquilinos estarán divididos en dúas anualidades, de maneira que se poidan atender os importes das subvención correspondentes ás mensualidades de 2010 e 2011. Desta maneira, 1.499.000 euros corresponderá a subvencións que se pagarán en 2010 e 3.871.000 a subvencións pagadas en 2011. O Programa Aluga vai dirixido a unidades familiares ou de convivencia con ingresos entre 0,7 e 3,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem), pero terán preferencia as unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen 2,5 veces o Iprem. So se concederán axudas ás familias con ingresos entre 2,5 e 3,5 veces o Iprem no caso de que a oferta de vivendas supere a demanda das familias con ingreso inferiores a 2,5 veces o Iprem. Condicións dos beneficiarios Para acceder aos beneficios do Programa Aluga os solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: .- Ingresos anuais ponderados entre 0,7 e 3,5 veces o Iprem. O límite mínimo de ingresos (0,7 veces o Iprem) non será preciso acreditalo no caso de colectivos cualificados, que se definen máis adiante. .- Estar inscritos ou anotados no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (Sección 4ª, “Demandantes de vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao Programa Aluga”) .- Non ser titulares de pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda .- Estar ao corrente na súas obrigas tributarias .- Residir ou desenvolver a súa actividade laboral nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia .- Non estar recibindo axudas para o alugueiro da Xunta de Galicia. Non poderán acceder ás axudas do Programa Aluga os que xa recibiran axudas para o alugueiro durante cinco anos, excepto cando xa transcorreran dous anos dende a última mensualidade subvencionada. No proceso de selección de inquilinos para as vivendas incorporadas ao Programa Aluga terán preferencia as unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen 2,5 veces o Iprem e, dentro dese rango de ingresos, os colectivos definidos como prioritarios e os cualificados, que son os seguintes: Os colectivos prioritarios, dentro dos distintos tramos de ingresos, son os seguintes: Menores de 35 anos e maiores de 65 Familias numerosas. Familias monoparentais con fillos. Persoas separadas ou divorciadas, ao corrente no pagamento de pensións alimenticias e compensatorias, no seu caso. Os considerados “colectivos cualificados” que se definen a continuación
Os colectivos cualificados son as unidades familiares ou de convivencia con ingresos anuais ponderados inferiores a 0,7 veces o IPREM que pertenzan a algún dos seguintes grupos: Mulleres vítimas de violencia de xénero. Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida, e as familias que as teñan ao seu cargo. Emigrantes retornados, nos dous anos anteriores a presentación da solicitude. Perceptores da Renda de Integración Social (RISGA). Perceptores de pensións.
Axudas a inquilinos A porcentaxe de subvención ao aluguer vai desde o 30% ata o 70%, mentres no antigo programa de vivenda al alugueiro a subvención máxima era do 60 por cento. A contía da axuda fíxase en atención a porcentaxes máximos sobre a renda mensual do aluguer, segundo tramos de ingresos e colectivos:
TRAMOS COLECTIVOS XERAIS Ata 1 IPREM 70% Desde 1 ata 2 IPREM 60% Desde 2 ata 2,5 IPREM 50% Desde 2,5 ata 3,5 IPREM 30%
No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero a subvención incrementase en 10 puntos porcentuais, de maneira que irán do 40 ao 80 por cento. A axuda concédese por un período de doce meses poderá solicitarse ata un máximo de cinco anualidades. Propietarios Os propietarios de vivendas postas a disposición do Programa de Aluguer poderán beneficiarse de axudas para a rehabilitación das mesmas, do seguro multirisco contratado polo IGVS e das axudas para os gastos derivados do alugueiro. Condicións das vivendas Poderán incorporarse ao Programa Alugas as vivendas libres, desocupadas, que reúnan condicións de habitabilidade e estean emprazadas en concellos con demanda real de vivenda en alugueiro. Os seus propietarios poderán ser tanto persoas físicas como xurídicas. As vivendas poñeranse a disposición do Programa Aluga por solicitude dos seus propietarios e por un prazo mínimo de cinco anos.O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde que regula a convocatoria das prazas residenciais que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aos estudantes para o curso 2010/2011. Así, as 220 prazas do total _todas en réxime de internado- distribúense do seguinte xeito: 76 no centro residencial xuvenil LUG; 50 para a residencia Florentino L. Cuevillas de Ourense; e 94 na residencia Altamar de Vigo. Deste xeito, a Consellería de Traballo e Benestar pon a disposición dos mozos e mozas estudantes, durante o ano académico, as súas instalacións, nas que se lles ofrecerán aloxamento, mantenza, así como unha serie de actividades convivenciais e educativas.Para os efectos dos usos das instalacións, o curso académico abranguerá desde o 16 de setembro de 2010 ata o 15 de xullo de 2011. O prazo para solicitar estas prazas está aberto ata o 9 de xullo. En total, a cota que haberá que aboar por mes _incluíndo aloxamento e mantenza- será de 263 euros.En concreto, estas prazas están dirixidas aos estudantes de ciclos formativos de grao medio e grao superior; de bacharelato; de estudos superior en ensinanzas artísticas; e de estudos universitarios -ben de grao ou equivalente, ou ben de estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nos casos nos que non se teña xeneralizado a implantación dos novos títulos-.Ademais, para poder acceder ás prazas haberá que cumprir unha serie de requisitos como posuír a nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro residente en España. Os solicitantes non poderán superar a idade de 30 anos na data en que remate o prazo de solicitude.A isto hai que sumarlle outro requisito, que establece que, para acceder á praza, non pode existir oferta de centros públicos para realizar os estudos correspondentes no concello onde radique a residencia familiar. Neste caso, exceptúase a realización de estudos universitarios nos que o estudante non acade a nota de corte.A valoración das solicitudes realizarase por parte dunha comisión cualificadora creada para tales efectos, e que, entre outros aspectos, valorará os seguintes criterios de selección: que o estudante xa fora residente no cursos anterior, o rendemento académico, a renda da unidade familiar, a situación de familia numerosa, a minusvalía de calquera membro da unidade familiar ou a situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai ou da nai.Cada comisión elevará a proposta de resolución no prazo máximo de 2 meses, e as listas de admitidos serán expostas nas residencias xuvenís, no rexistro xeral dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e no Centro de Información Administrativa e Atención ao cidadán de Santiago de Compostela.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca prazas de colaboradores-bolseiros nas residencias xuvenís para o curso académico 2010/2011Prazas:Centro Residencial Xuvenil LUG (Lugo): 4 prazas.F.L. Cuevillas (Ourense): 5 prazas.Altamar (Vigo): 6 prazas.Requisitos:
Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro residente en España no momento da solicitude de praza.
Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria ou ciclo formativo de grao superior que admitan, polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador por causa imputable ao solicitante.
Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de xullo.Máis información no DOG do 25 de xuño de 2010.
A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas económicas para a atención de nenas/os de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos mediante o programa do cheque infantil.Requisitos:a) Ter unha/un nena/o a cargo nada/o con posterioridade a 31 de decembro de 2007.b) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.c) Que a renda per cápita mensual da unidade familiar non supere 1.000 euros.O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xullo de 2010.Máis información no DOG do 14 de xuño de 2010 e na web da Xunta
A Secretaría Xeral da Emigración convoca bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia e a convocatoria para o curso académico 2010-2011.1. Programa 1: bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.2. Programa 2: bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención do título de máster universitario.3. Programa 3: bolsas de intercambio para a realización de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades de Galicia que teñan asinados convenios con universidades de países extracomunitarios.4. Programa 4: bolsas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de xuño de 2010.Máis información no DOG do 10 de xuño de 2010 e en www.galiciaaberta.com
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se rexe o novo Programa Aluga, que entrará en vigor dentro de dous meses. Esta iniciativa xorde da necesidade de dar unha nova orientación ás medidas de fomento do aluguer de vivendas privadas, co obxecto de cumprir unha dobre finalidade:1. Favorecer o mercado de aluguer de vivendas en Galicia, promovendo a incorporación a el de vivendas desocupadas de titularidade privada.2. Facilitar o acceso a unha vivenda a determinados sectores de poboación con niveis de ingresos comprendidos entre 0,7 e 3,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), entre os que se atopan os mozos menores de 35 anos.A través do Programa Aluga poderán acceder ás axudas para o aluguer todos os interesados con ingresos inferiores a 3,5 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples (Iprem), inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda e residentes en Galicia ou que desenvolvan o seu traballo na nosa Comunidade Autónoma. Os propietarios de vivendas tamén poderán beneficiarse de axudas para a rehabilitalas antes de poñelas á disposición do Programa, así como subvencións para os gastos derivados do aluguer.Nos próximos tres anos prevese que o custo total do Programa Aluga acade preto dos 34 millóns de euros, e que beneficie a unhas seis mil familias galegas.Doutra banda, o decreto polo que se rexe o Programa Aluga contempla a posta en funcionamento de unidades funcionais do IGVS denominadas centros de acompañamento e asesoramento aos usuarios do Programa Aluga, nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.InquilinosAs principais novidades que presenta o Programa Aluga en relación cos inquilinos son as seguintes:- Amplíanse os tramos de ingresos dos potenciais beneficiarios ata 3,5 veces o Iprem.- Para determinar os importes máximos da renda das vivendas alugadas téñense en conta as zonas territoriais onde se encontren as vivendas, establecendo tres zonas coma no Plan de Vivenda 2009-2012: zona territorial de prezo máximo superior, zona 1 e zona 2, establecidas para a determinación dos prezos das vivendas protexidas.- Para adecuar o prezo da renda aos ingresos e asegurar un certo grao de solvencia, establécense novos límites de renda segundo tramos de ingresos dos inquilinos:PREZO MÁXIMO DO ALUGUEIRO (euros por mes) INGRESOS MÁXIMOS DOS BENEFICIARIOS (veces o Iprem)400 Ata 1,5550 Máis 1,5 ata 2,5600 Máis de 2,5 ata 3,5Condicións dos beneficiariosPara acceder aos beneficios do Programa Aluga os solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:- Ingresos anuais ponderados entre 0,7 e 3,5 veces o Iprem. O límite mínimo de ingresos (0,7 veces o Iprem) non será preciso acreditalo no caso de colectivos cualificados, que se definen máis adiante.- Estar inscritos ou anotados no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (Sección 4ª, "Demandantes de vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao Programa Aluga")- Non ser titulares de pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda- Estar ao día na súas obrigas tributarias- Residir ou desenvolver a súa actividade laboral nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia- Non estar recibindo axudas para o aluguer da Xunta de Galicia. Non poderán acceder ás axudas do Programa Aluga os que xa recibisen axudas para o aluguer durante cinco anos, excepto cando xa transcorresen dous anos dende a última mensualidade subvencionada.- No proceso de selección de inquilinos para as vivendas incorporadas ao Programa Aluga terán preferencia as unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen 2,5 veces o Iprem e os colectivos definidos como prioritarios e os cualificados, que son os seguintes:Os colectivos prioritarios, dentro dos distintos tramos de ingresos, son os seguintes:- Menores de 35 anos e maiores de 65- Familias numerosas.- Familias monoparentais con fillos.- Persoas separadas ou divorciadas, ao día no pagamento de pensións alimenticias e compensatorias, cando sexa o caso.- Os considerados "colectivos cualificados" que se definen a seguir: Os colectivos cualificados son as unidades familiares ou de convivencia con ingresos anuais ponderados inferiores a 0,7 veces o IPREM que pertenzan a algún dos seguintes grupos:- Mulleres vítimas de violencia de xénero.- Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida, e as familias que as teñan ao seu cargo.- Emigrantes retornados, nos dous anos anteriores á presentación da solicitude.- Perceptores da renda de integración social (RISGA).- Perceptores de pensións. Axudas a inquilinosA porcentaxe de subvención ao aluguer vai desde o 30% ata o 70%, mentres no antigo programa de vivenda ao aluguer a subvención máxima era do 60 por cento.A contía da axuda fíxase en atención a porcentaxes máximas sobre a renda mensual do aluguer, segundo tramos de ingresos e colectivos:TRAMOS COLECTIVOS XERAISAta 1 IPREM 70%Desde 1 ata 2 IPREM 60%Desde 2 ata 2,5 IPREM 50%Desde 2,5 ata 3,5 IPREM 30%No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero a subvención incrementase en 10 puntos porcentuais, de maneira que irán do 40 ao 80 por cento.A axuda concédese por un período de doce meses e poderá solicitarse ata un máximo de cinco anualidades.
Xuventude porá en marcha nas próximas semanas tres iniciativas novidosas na Administración autonómica para apoiar aos mozos e mozas emprendedores de Galicia e o Norte de Portugal. Estes proxectos forman parte do plan Un espazo novo na axenda de Lisboa (Espazo Xuvenil), que se aprobou ao abeiro do Plan de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013. Na actualidade, trátase dunha iniciativa que lideran a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Portugués da Juventude.En primeiro lugar, o Goberno galego convocará nuns días un concurso de ideas transfronteirizo que ten por obxectivo a creación e posta en marcha de novas empresas para incentivar novos filóns e novos empregos nas zonas emprazadas entre Galicia e o Norte de Portugal.A contía dos premios é dun total de 20.000 euros. Así, o primeiro galardón estará dotado con 10.000 euros, o segundo con 6.000 e o terceiro con 4.000. No certame poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos e residan nos territorios ubicados en Galicia e o Norte de Portugal.Todos os proxectos que se presenten ao concurso deberán ser viables técnica e financeiramente e, ademais, deberán estar deseñados para desenvolverse no ámbito xeográfico de Galicia e Norte de Portugal.A guía de axudasAsí mesmo, terán que estar relacionados coa cultura, o turismo, o tempo libre, a animación sociocultural e o medio ambiente e terán que ser necesariamente ideas propostas por un equipo integrado polo menos por un membro establecido na zona galega e outro no territorio portugués. Só se admitirá un proxecto empresarial por equipo e persoa.En segundo lugar, Rodeiro presentou a 'Guía de axudas e programas da Unión Europea para mozos emprendedores' que inclúe información "sinxela e sintética" sobre a amplía variedade de programas que Europa ofrece á mocidade.O director xeral destacou que o libro elaborouse coa colaboración da Fundación Galicia Europa e remarcou que "o libro ten que ser entendido como unha síntese de contidos de rápida accesibilidade, máis non estaría completa sen as múltiples referencias a páxinas web que permiten complementar os datos da publicación".A guía, en definitiva, o que pretende é facilitar un acceso máis fácil aos programas e axudas de apoio que as administracións pon a disposición da mocidade, sobre todo, nestes tempos de crise."Con esta publicación queremos e desexamos proporcionar un valor engadido que, sen dúbida, axudará á creación de novas empresas ou a apoiar actividades, como a participación en redes rendibles, a busca de produtos máis competitivos e a mellora do acceso á innovación e a cooperación transfronteiriza como impulso esencial para as empresas e os novos emprendedores", sinalou Rodeiro.Prácticas en empresasPara remarcar a aposta que a Xunta de Galicia está a facer pola mocidade nestes tempos de crise, Rodeiro engadiu que en terceiro lugar, o departamento que dirixe dará a oportunidade de realizar prácticas en diversas entidades aos mozos e mozas que se formaron o ano pasado a través deste prEn concreto, un total de dez mozos poderán resolver as dúbidas que teñan á hora de poñer en marcha a súa idea empresarial en diversas entidades a través dun asesoramento personalizado.
A mesa de coordinación do diálogo social aprobou un total de oito preacordos, centrados nas políticas activas de emprego, na mellora de competitividade empresarial, no sector téxtil e no benestar e a cohesión social. A contratación indefinida de mozos e mozas contará con axudas de entre 1.800 e 6.000 euros, así como tamén se porán en marcha incentivos económicos para empresas. Estes preacordos foron pechados nunha reunión presidida pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.Estes son os primeiros puntos de encontro derivados das mesas de diálogo social, nas que están presentes a patronal e os sindicatos, que levan traballando desde o mes de xaneiro cunha media de tres encontros por semana.Antes de detallar os preacordos adoptados, Mato manifestou o recoñecemento do Goberno da Xunta "á responsabilidade" coa que se está a traballar neste diálogo por parte de todos e destacou que os puntos de encontro acadados son "froito dese espírito compartido polos axentes sociais". Apuntou, así mesmo, que os acordos parten dun diagnóstico real da situación e dunha planificación estratéxica.O primeiro dos acordos ten que ver coa definición e adecuación á situación actual dos colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego. Así, establecese como punto de partida a unificación destes colectivos para todas as ordes de axuda á contratación. Priorízanse nas axudas as persoas desempregadas de longa duración, as que esgotasen as prestacións por desemprego, parados de máis de 45 anos, mozas e mozos menores de 30 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade e colectivos en risco de exclusión social, segundo explicou a conselleira de Traballo e Benestar.Esta priorización está contemplada xa na orde para as axudas de fomento da contratación publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 7 de maio e que inclúe o fomento da contratación indefinida inicial, a transformación de contratos temporais en indefinidos e incentivos á contratación temporal. As axudas contempladas oscilarán entre os 1.800 e 6.000 euros.A orde que regula estas axudas está dotada con 113,2 millóns de euros repartidos entre este ano e o 2013, cifra coa que se espera poidan beneficiarse 24.000 galegos, arredor de 6.000 cada ano.A iniciativa do Goberno galego establece unha maior contía do incentivo para as empresas que coas novas contratacións acaden maiores taxas de estabilidade, aínda que se elimina como requisito de acceso ás axudas acadar unha determinada taxa de estabilidade, a pesar de que a súa consecución é un criterio de maior intensidade da liña de subvencións.Melloras no IgapeNo tocante ao eido específico da industria, Goberno galego, patronal e sindicatos tamén chegaron ao preacordo de por en marcha diversas propostas para mellorar a xestión e a área de financiamento do Igape.Desta maneira, o conselleiro Javier Guerra explicou que a reordenación dos procesos administrativos é un paso fundamental para dotar ao Igape da axilidade que o tecido produtivo precisa.Así, apuntou que a Xunta xa está a por en funcionamento períodos de presentación de solicitudes de axuda máis reducidos, en non máis de 45 días, e no caso dos de liquidación, non superiores a un mes. Ademais, dende o Igape se está a traballar para que a liquidación das axudas, dentro da anualidade orzamentaria, se realicen tamén nun período non superior aos 45 días, desde a solicitude de cobro.Con respecto aos incentivos económicos para proxectos de investimento empresarial, o conselleiro de Economía e Industria destacou que a Xunta porá en marcha, nas súas principais liñas de apoios empresariais, o anticipo parcial do 50 por cento da anualidade das subvencións concedidas; cumprindo, por primeira vez, co obxectivo dobre de facilitar a incentivación económica e, ao mesmo tempo, posibilitar o prefinanciamento parcial dos proxectos aprobados.Entre as iniciativas que se desenvolverán nesta materia destacan unha nova liña de apoio ao circulante, a ampliación de capital e prefinanciamento de pasivos, a través dun convenio con entidades financeiras e Sociedades de Garantías Recíprocas (SGR); unha nova liña para facilitar o acceso ao financiamento dos investimentos das microempresas e para apoiar novos investimentos en proxectos emprendedores galegos, e, por último, a creación dun servizo de asesoramento integral de apoio aos autónomos, micropemes e pequenas empresas, capaz de poñer en contacto a emprendedores e investidores e facilitar o proceso de reorientación das empresas en crise.
A Consellería de Traballo convoca axudas de prevención e apoio a familias en situacións carenciais graves para a preservación dos menores no seu medio. Poderán ser beneficiarios destas axudas as unidades familiares con fillos menores de dezaoito anos que estean en circunstancias de risco social e precisen apoios económicos para satisfacer as súas necesidades básicas e evitar a desestruturación familiar.O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de xuño de 2010.Mais información no DOG do 12 de maio de 2010 e http://traballoebenestar.xunta.es
A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2010-2011.Para poder optar á praza de residencia os aspirantes deberán acreditar as circunstancias que impidan a súa escolarización nun centro sostido con fondos públicos. Con carácter xeral, esta circunstancia será a de non poder cursar os estudos solicitados por non haber un centro sostido con fondos públicos que imparta os ditos estudos, ben na localidade de residencia, ben nunha localidade próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso diario con facilidade. Con carácter particular, e documentalmente acreditado, poderanse ter en conta outras circunstancias, como condicións de orfandade, fillo de emigrantes ou situacións familiares moi graves.O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xuño de 2010.Máis información no DOG do 11 de maio de 2010, na web de Educación e nos CDR
Centro Ourense
Centro Coruña
Centro Vigo
A Consellería de Traballo e Benestar convoca a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2010.Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data 1 de xaneiro de 2010 (nacidos entre o 2-1-2007 e o 1-1-2010, inclusive) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2008, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 19 de xuño de 2010.As solicitudes están dispoñibles no DOG e en http://www.xunta.es/aplicacions/pfc/Máis información no DOG do 10 de maio de 2010 e en http://traballoebenestar.xunta.eshttp://www.xunta.es/bs410a
A Consellería de Traballo e Benestar entende que para lograr unha verdadeira participación da xuventude nos diferentes ámbitos da sociedade actual é fundamental promover actuacións e canles dirixidas a garantir o acceso a unha información ampla e actualizada dirixida á xuventude e facilitar o acceso da mocidade na utilización das novas tecnoloxías, prestándolles apoio ás accións que neste sentido emprendan os concellos dentro da súa competencia e ámbito territorial.Igualmente, considérase necesario apoiar os concellos nas actuacións que leven a cabo no campo da potenciación do asociacionismo xuvenil e a utilización adecuada do tempo de lecer así como actividades cun claro compoñente formativo.Mais Información: Anexo en documento o DOG do 5 de maio de 2010
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde que regula o novo modelo de participación xuvenil. A normativa modifíca sustancialmente a de anos anteriores e inclúe novidades para acadar un obxectivo: favorecer a implicación plena da mocidade na sociedade. Así, unha das novidades máis salientables é que por primeira vez en Galicia se permitirá a participación nesta orde a grupos informais de mozos e mozas que deberán contar como mínimo con cinco persoas de entre 18 e 29 anos. Outra das novidades importantes é que os responsables dos proxectos subvencionados poderán solicitar á Xunta un adianto económico do 80 por cento sobre a cantidade total da axuda concedida."Non pode ser un impedimento a posible falta de liquidez dos mozos e mozas que queren levar adiante un proxecto e que precisan adiantar os cartos e tampouco queremos que unha boa idea se quede sen realizar solo polo mero feito de que os seus impulsores non estean aínda constituídos, de maneira formal, como asociación xuvenil", destacou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen estivo acompañada na presentación deste novo modelo de participación polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.A conselleira explicou, neste intre, que "as administracións non debemos caer no erro de pretender dirixir ou tutelar as iniciativas xuvenís" e, por iso, subliñou que "a nosa intención, con esta medida, é desbloquear a excesiva burocratización das antigas ordes de subvencións xuvenís".A orde, que seguiu as recomendacións publicadas pola Unión Europea no Libro Branco sobre Xuventude, conta cunha contía de 675.000 euros, o que supón un incremento dun 68,7% con respecto a 2009."Este incremento dá boa medida do esforzo orzamentario que está a realizar a Xunta en materia de impulso ás políticas de xuventude", destacou a conselleira.A través da liña de subvencións poderanse financiar todas aquelas iniciativas de actuación presentadas tanto por asociacións xuvenís como por grupos informais cun importe máximo subvencionable de 7.000 euros por iniciativa, unha cantidade que non poderá superar ao 80 por cento do custo total do proxecto.As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude deberán estar inscritas no censo oficial dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e, pola súa banda, os grupos informais deberán contar cunha denominación que os identifique e, ademais, un dos integrantes deberá asumir o papel de representante único."Este novo programa de axudas está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais sexan eles mesmos", amosou Mato.A titular de Traballo e Benestar concluíu afirmando que "con este novo sistema de participación pretendemos que os participantes asuman como propio o compromiso de impulsar unha actividade na que eles son os únicos responsables directos". O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contando a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Entre os criterios de valoración para a concesión das axudas destacan a calidade do deseño e do contido do proxecto; o programa de actividades; a súa creatividade e innovación; a metodoloxía e os indicadores obxectivables; a implicación dos participantes e o efecto multiplicador; e o cofinanciamento ou emprego da lingua galega.
O Goberno galego destinará dous millóns de euros, a través dunha orde da Consellería de Traballo e Benestar, para impulsar o espírito emprendedor, principalmente entre os investigadores e titulados universitarios co propósito de transformar os resultados dos seus traballos de investigación en proxectos empresariais. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicOU a normativa, que subvencionará as novas iniciativas de base tecnolóxica (IEBTs) creadas desde o 16 de setembro de 2009 e ata o 30 de xuño de 2010.A finalidade principal desta actuación da Xunta é fomentar a cultura emprendedora nos campos da investigación científica e da innovación tecnolóxica que fundamentalmente se levan a cabo nas tres universidades galegas, así como en outros organismos vinculados ao sistema da innovación. En definitiva, trátase de fomentar a cultura do traballo por conta propia e da iniciativa individual no ámbito universitario e investigador.A liña de financiamento inclúe axudas á creación directa de emprego, é dicir, subvenciona os postos de traballo de carácter estable ou indefinido creados durante o primeiro ano de actividade. Así mesmo, inclúe subvencións por asistencia técnica que permite contratar a expertos técnicos de alta cualificación.Ademais, o apoio á función xerencial para o acompañamento na instalación da empresa e coa finalidade de favorecer a permanencia dos novos empregos creados é outra das accións que apoia a orde de Traballo e Benestar. Dito apoio poderá revestir as modalidades de axuda por titoría, formación e realización externa de estudos e informes.Por último, a orde inclúe unha axuda financeira para a redución dos xuros do préstamo que sexa necesario solicitar para os investimentos en inmobilizado material e unha subvención para financiar os gastos que conleva a posta en marcha da nova actividade empresarial. O importe máximo das axudas estará en función dos postos de traballo estables que se cren durante o primeiro ano de actividade.Ademais dos incentivos económicos que facilitarán a consolidación destas novas , este programa complementase coa configuración dunha rede específica formada por profesionais especializados no estudo e asesoramento destes proxectos, que teñen por función facilitar a cualificación dos mesmos ou seu reorientación cando proceda, asegurando as mellores perspectivas de consolidación e permanencia.O Goberno galego este ano, como novidade, reestruturou as contías dos incentivos establecidos na orde co fin de lograr unha maior cohesión co resto de programas postos en marcha no ámbito das políticas activas de emprego.De feito, a iniciativa vincúlase a este tipo de políticas, xa que o fomento do espírito da empresa é unha das actuacións prioritarias no desenvolvemento das políticas activas de emprego.
|
|
|


Novas e anuncios