Inicio Novas e anuncios
Search
Search Keyword: Total 14 results found.
Tag: Curso gratuito Ordering
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o curso da temporalidade na xuventude: lecer, tempo libre, consumo e condutas de risco.dirixido ao persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e Formación profesional en TASOC.-Desenvolvemento do curso.Duración: 200 horas.O curso ten carácter presencial, no cal se inclúen clases expositivas, estudo do material entregado no curso e exercicios presenciais.Número de edicións: 1.Lugar e datas:O curso terá lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, nas seguintes datas e horarios: 14, 15, 19, 21, 22, 26, 28 e 29 de xullo e 2, 4, 5, 9, 11, 12, 17, 18, 19, 23, 25 e 26 de agosto de 2010.Horarios: 9.30 horas a 14.30, e 16 a 21 horas.Nº de prazas: 25.Contidos.1. Concepto e características da xuventude desde o punto de vista psicolóxico e sociolóxico. Psicoloxía evolutiva da infancia á madurez. O proceso de socialización. O xogo como elemento socializador.2. Animación e dinámica de grupos. O grupo. Tipoloxía e organización. Roles dun grupo. Liderado. Técnicas de animación de grupos. Técnicas de resolución de conflitos. O traballo en equipo.3. Dimensión no ámbito vital da persoa nas súas diferentes etapas evolutivas. Aproximación ao estudo do medio social galego. O medio urbano. O medio rural. Características e posibilidades de actuación. Educación no tempo libre e inserción na cultura de Galicia. Coñecementos culturais, xeográficos, folclóricos, socio-políticos e económicos de Galicia.4. A pedagoxía do lecer e o tempo libre. Lecer e tempo libre: características, funcións e modalidades. A metodoloxía educativa. A educación no tempo libre. Conceptos fundamentais da pedagoxía do lecer. Necesidades educativas especiais no tempo libre. Inadaptación e marxinación. Bases do proxecto formativo. Principios educativos. Educación de valores. Metodoloxía de intervención. A programación. Fases na elaboración do programa. O xogo como instrumento didáctico na educación no tempo libre. O educador/a de tempo libre: aspectos psicolóxicos, sociolóxicos e pedagóxicos. A colaboración na escola.5. Técnicas de animación. A animación: concepto e uso da animación no tempo libre. O xogo. Tipoloxía de xogos. Seráns e lumes de acampada. Introducción ás técnicas de expresión e comunicación. Expresión literaria. Expresión musical. Expresión dramática: corporal e oral. Expresión plástica. Medios audiovisuais. Animación deportiva.6. Educación ambiental e natureza. Introdución á educación ambiental. O concepto de medio e natureza. Problemática e alternativas. Medio e natureza en Galicia. Bases para o estudo de itinerarios nos ecosistemas galegos, con especial atención aos propios itinerarios elixidos para o curso. Utilización didáctica deles. Os itinerarios de interpretación ambiental na práctica. Xogos de educación ambiental. Técnicas de campismo e excursionismo. A marcha. Orientación. Xogos de orientación. Introdución á meteoroloxía. Topografía e cartografía. Técnicas de acampada.7. Educación para a saúde. A hixiene e a sanidade nas actividades de tempo libre. Aspectos sanitarios. As actividades de tempo libre. Prevención das drogodependencias. Socorrismo e primeiros auxilios. Alimentación e nutrición. Sexualidade. Seguridade e hixiene.Solicitudes.O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.As solicitudes de admisión ao curso dirixiranse ao Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.O modelo de solicitude descárgase do portal www.xuventude.net.Certificacións de asistencia.1. Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, poderán realizarse probas obxectivas.2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións dos cursos así como ás xornadas, que poida organizar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con temática relacionada coa materia do curso durante a duración deste. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos.Folla de inscrición e PDF do curso.
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o curso de formación en modelos teóricos para a compresión da mocidade.curso de formación en estudos sobre a xuventude,dirixido ao persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e Formación profesional en TASOC.-Desenvolvemento do curso.Metodoloxía: a distancia.1. Duración: 80 horas.Número de edicións: 1.2. Lugar e datas:A data das sesións presenciais terán lugar en Santiago de Compostela, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, e seralles comunicada aos alumnos/as seleccionados/as. O curso comezará o día 21 de xullo e rematará o día 30 de outubro.Datas presenciais: 21 de xullo de 11-13 horas, e 30 de outubro de 10-12 horas.3. Nº de prazas: 25.-Contidos.1. Marco teórico dos estudos sobre a xuventude e opcións metodolóxicas dende un ángulo multidisciplinario.2. A programación na intervención social.3. A avaliación da programación.4. Instrumentos de investigación social.5. Exercicios de simulación para o deseño dunha investigación sobre a mocidade.-Solicitudes.O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.As solicitudes de admisión ao curso dirixiranse ao Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.O modelo de solicitude descargase do portal www.xuventude.net-Certificacións de asistencia.1. Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, realizaranse probas obxectivas a distancia ao longo do curso, e ao remate levarase a cabo unha proba avaliativa presencial nas instalacións do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia ou onde se indique no seu momento.É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais dos cursos así como ás xornadas, encontros ou congresos que organice a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con temática relacionada coa xuventude durante a duración do curso. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas presenciais, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos.A asistencia a este curso será gratuíta para as alumnas e alumnos seleccionados.Folla de solicitude e PDF do curso
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convocao os seguintes cursos, dirixidos ao persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e Formación profesional en TASOC. Curso de formación en emancipación xuvenil e orientación laboral Curso de formación en estudos sobre a xuventude, metodoloxía para a produción e análise de datos Curso de formación en modelos teóricos para a compresión da mocidade. Curso da temporalidade na xuventude:lecer, tempo libre, consumo e condutas de risco .
Un total de 20 mozos e mozas procedentes de Hungría, Italia, Bulgaria, Francia, Portugal, Grecia y Galicia están a participar estes días no seminario Asociacionismo xuvenil: motivación e participación, unha iniciativa europea que a Consellería de Traballo e Benestar coordina na Comunidade autónoma e que organiza a asociación xuvenil Vrenza de Teo.O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe en Santiago aos participantes do encontro, que ten por obxectivo coñecer e dar a coñecer cal é a participación da mocidade dos diferentes países respecto ao asociacionismo xuvenil.Así, no acto, Rodeiro amosouse interesado por como funciona este colectivo en Europa e, desta maneira, coñeceu de primeira man o modo de traballar dos responsables das asociacións participantes, de técnicos de xuventude e monitores de tempo libre. Tamén mantivo unha xuntanza con representantes políticos da súa área.Rodeiro destacou que o seminario é financiado polo programa europeo ‘Xuventude en Acción’, un plan que afirmou que está en consonancia co proxecto Iniciativa Xove que está a desenvolver a Xunta na actualidade."O noso programa, ao igual que o europeo, busca que a mocidade sexa a verdadeira protagonista da planificación das súas accións, un camiño que está a percorrer o Goberno galego", asegurou.Neste sentido, lembrou que o novo modelo de participación xuvenil da Xunta permite por primeira vez en Galicia a participación dos grupos informais de mozos e mozas nas subvencións que se conceden aos colectivos. Outra das novidades importantes é que os responsables dos proxectos subvencionados poderán solicitar á Xunta un adianto económico do 80 por cento sobre a cantidade total da axuda concedida.No seminario, que remata mañá, os participantes están a achegar as súas experiencias sobre o programa europeo ‘Xuventude en Acción’, que é o que financia a iniciativa. A finalidade é que a xuntanza sirva como base para a programación de futuros proxectos xuvenís en diversos países europeos.Ademais, coñecerán a oficina transfronteiriza galego-portuguesa de Tui, o Consello da Xuventude de Galicia, o Centro Coordinador de Información e Documentación, o Centro Comarcal de Cambados ao tempo que manterán reunións con técnicos de xuventude da Xunta e cos representantes de diferentes asociacións xuvenís de Galicia.
A Secretaría Xeral da Emigración e a Consellería de Educación convocan con carácter gratuíto, cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.Solicitantes:-Cursos de lingua galega e de extensión cultural.- Poderán solicitar estes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, así como outras entidades sen fin de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas, que teñan entre os seus obxectivos a promoción e difusión da cultura galega, que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.-Cursos de galego na túa cidade.-Poderán solicitar a súa inscrición no programa os cidadáns e cidadás galegos residentes no exterior e os seus descendentes ou calquera outra persoa interesada no estudo e coñecemento da lingua galega. Os solicitantes poderán preinscribirse a través do formulario que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración www.galiciaaberta.comO prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2011 para ambos os dous programas.Máis información no DOG do 10 de xuño de 2010 e en www.galiciaaberta.com
A Xunta de Galicia e o Goberno central organizan o 16 de xuño no palacio de congresos de Santiago o Día Galego do Emprendedor, onde a través de charlas, conferencias, talleres e exemplos prácticos se ofrecer todas as claves para iniciar a aventura da empresa. Se estás pensando en cómo emprender un negocio este é o momento de facer realidade os desexos, de pór os soños a traballar para desenvolver proxectos reais, tanxibles, sostibles e viables tanto económica como socialmente. Hoxe, máis que nunca, para emprender é necesario ser aberto e participativo, compartir coñecementos e intercambiar experiencias.A tecnoloxía é a túa aliadaO coñecemento é o teu socioA creatividade é a túa enerxíaNesta V edición, o Día do Emprendedor de Galicia evoluciona para consolidarse como o acto de referencia da iniciativa emprendedora e a empresa innovadora en Galicia.Así, o Día do Emprendedor 2010 ofrecerache un evento máis participativo orientado ao negocio e ao contacto, poténcianse as actividades de networking, coa participación de máis entidades e empresas vinculadas ao mundo emprendedor, dando espazo a novos conceptos e actividades complementarias.Na presente edición os espazos de coñecemento, asesoramento e contacto estarán enfocados aos negocios de franquías, Negocios tecnolóxicos, Segundas oportunidades, Financiamento, etc.Se queres crear ou facer crecer unha empresa, esperámosche o 16 de xuño no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela:Atoparás asesoramento, servizos de soporte, oportunidades de negocio, ...Poderás levar a cabo unha axenda de encontros con expertos, institucións, posibles socios, investidores ou provedores ...Escoller entre unha amplía oferta de cápsulas para emprender e crecer, casos de éxito de emprendedores, talleres prácticos, ...Participar en encontros de networking en ámbitos como as TIC,...e moito máis.É o momento de emprender.Tes unha cita o día 16 de Xuño de 2.010 na V edición do Dia do Emprendedor de Galicia. A partir do 20 de abril poderás inscribirche nesta mesma Web, onde tamén poderás consultar as novas sobre os relatorios, talleres, mesas de asesoramento, actividades complementarias, etc.¡Consulta xa o programa do Día do Emprendedor 2010!
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza esta semana unha serie de encontros comarcais coas asociacións que desexen acollerse ao novo modelo de participación xuvenil e estean interesadas en recibir máis información. Tamén poden asistir a estas xuntanzas aqueles mozos e mozas que, non pertencendo a ningunha asociación, tamén queiran realizar un proxecto de participación xuvenil.Precisamente as novidades máis importantes deste novo modelo de participación é a inclusión dos grupos informais de mozos e mozas, o adianto do 80% do total da subvención concedida e o aumento de case o 70% desta liña de axudas, pasando de 400.000 a 675.000 euros.Nota: para inscribirte envía un correo electrónico a subdireccion.programas@xunta.es cos seguintes datos: Nome: Apelidos: Teléfono: Asociación á que pertences (se é o caso) Xuntaza á que asistirás

CALENDARIO ENCONTROS COMARCAIS DE ASOCIACIÓNS XUVENÍS E GRUPOS INFORMAISLUGOCASA DA XUVENTUDE DE VIVEIRODirección: Avda. Cervantes s/n, 27850. ViveiroTeléfono: 982 560394Data de realización dos obradoiros: venres 14 de maioHorario dos obradoiros: 17:00 a 20:00CASA DA XUVENTUDE DE VILABADirección: Novo Cazón s/n, 27800. VilalbaTeléfono: 982 510610Data de realización dos obradoiros: xoves 13 de maioHorario dos obradoiros: 17:00 a 20:00CASA DA XUVENTUDE DE CHANTADADirección: R/ Rosalía de Castro 1, 27500. ChantadaTeléfono: 982 441614Data de realización dos obradoiros: mércores 12 de maioHorario dos obradoiros: 17:00 a 20:00

A CORUÑACASA DA XUVENTUDE DE PONTEDEUMEDirección: Alameda de Raxoi s/n, 15600. PontedeumeTeléfono: 981 430267Data de realización dos obradoiros: sábado 15 de maioHorario dos obradoiros: 17:00 a 20:00CASA DA XUVENTUDE DE NOIADirección: Pedra Sartaña s/n, 15200. NoiaTeléfono: 981 823802Data de realización dos obradoiros: venres 14 de maioHorario dos obradoiros: 17:00 a 20:00CASA DA XUVENTUDE DE CURTISDirección: Estrada da Coruña s/n, 15300. CurtisTeléfono: 981 786477Data de realización dos obradoiros: mércores 12 de maioHorario dos obradoiros: 17:00 a 20:00CASA DA XUVENTUDE DE CARBALLODirección: Rúa Valleinclán 24, 15106. CarballoTeléfono: 981 701410Data de realización dos obradoiros: xoves 13 de maioHorario dos obradoiros: 17:00 a 20:00CASA DA XUVENTUDE DE BETANZOSDirección: Rúa Valdoncel 7, 15300. BetanzosTeléfono: 981 774089Data de realización dos obradoiros: sábado 15 de maioHorario dos obradoiros: 10:00 a 13:00OURENSECASA DA XUVENTUDE DE OURENSEDirección: R/ Celso Emilio Ferreiro 29, 32004. OurenseTeléfono: 988 228500Data de realización dos obradoiros: sábado 15 de maioHorario dos obradoiros: 10:00 a 13:00PONTEVEDRACASA DA XUVENTUDE DE VILAGARCÍADirección: R/ Juan Carlos I 37, 36600. VilagarcíaTeléfono: 986 501568Data de realización dos obradoiros: xoves 13 de maioHorario dos obradoiros: 17:00 a 20:00CASA DA XUVENTUDE DE TUIDirección: R/ Sanz 28, 36700. TuiTeléfono: 986 600568Data de realización dos obradoiros: venres 14 de maioHorario dos obradoiros: 17:00 a 20:00CASA DA XUVENTUDE DE LALÍNDirección: Penatoares 2, 32650. LalínTeléfono: 986 780229Data de realización dos obradoiros: sábado 15 de maioHorario dos obradoiros: 17:00 a 20:00

O Grupo European People's Party do Comité das Rexións con motivo do Ano Europeo contra a Pobreza e a Exclusión Social, convoca un concurso dirixido a mozos e mozas europeos/as de entre 15 e 30 anos para a elaboración dun curto co lema "Imaxina unha vida de pobreza- poderías deseñar unha saída?" Os mozos e mozas concursantes terán a oportunidade de ver os seus traballos publicados nunha páxina especial de YouTube e gañar un premio e unha viaxe a Bruxelas no mes de outubro. A data límite para o envío dos traballos é o 15 de xullo.

Para máis información sobre este concurso os interesados poden entrar na páxina www.eppcompetition.eu .
A Escola Cooperativa Móbil do Consello Galego de Cooperativas trasladarase aos centros de formación de Galicia para desenvolver diversas actividades. A iniciativa da Dirección Xeral de Relacións Laborais terá un investimento de preto de 210.000 euros e unha duración de 12 meses. O plan inclúe un labor docente explicativa e a creación dun espazo web como punto de encontro para os mozos e mozas emprendedores.A Consellería de Traballo e Benestar ven de poñer en marcha unha campaña para divulgar as potencialidades do cooperativismo como unha saída laboral para a mocidade galega, unha iniciativa na que investirá preto de 210.000 euros.A actuación, que lidera a Dirección Xeral de Relacións Laborais e que contará cunha duración de 12 meses, está dirixida ao alumnado da rede de centros de formación profesional, de formación ocupacional e formación secundaria.A campaña contempla o desenvolvemento de ata seis actividades divulgativas. Destaca o desprazamento da Escola Cooperativa Móbil do Consello Galego de Cooperativas aos centros educativos. Neste sentido, estímase que se visiten un mínimo de 25 instalacións e que as estadías en cada unha delas varíe entre unha e dúas semanas.Os membros da Escola Cooperativa Móbil porán ao alcance dos mozos e mozas o material e as ferramentas existentes nestes momentos para a creación das cooperativas. Ademais de actividades relacionadas coa divulgación do cooperativismo, tamén levaranse a cabo nos centros educativos obradoiros de proxectos, nos que se elaborarán plans empresariais a partir de ideas de grupos de alumnos, e actividades lúdicas relacionadas co cooperativismo.As diferentes actuacións realizaranse durante as xornadas lectivas, cun horario ininterrompido de oito horas diarias.Outra das actividades que prevé a campaña é o desenvolvemento dunha campaña publicitaria de sensibilización das potencialidades do cooperativismo, a elaboración de material divulgativo e a creación dun espazo web propio como punto de encontro para a mocidade emprendedora. A páxina contará cun enlace á web do Consello Galego de Cooperativas, www.cooperativasdegalicia.com.Por último, desenvolverase un labor docente explicativa dirixida aos mozos e mozas coa recompilación de material divulgativo que se incorporará á biblioteca da Escola Cooperativa Móbil para facilitar o seu acceso e préstamo ao persoal docente e ao alumnado.
Durante catro semanas poderemos asistir ás Xornadas de Arte Urbana, unha das accións que ofrece o MUAU no Forum Metropolitano da Coruña. Todos os xoves de abril teremos ocasión de acudir ás charlas-coloquios nas que participarán artistas, escritores, profesores, activistas do desenvolvemento social, entre outros. E todos os venres e sábados o MUAU danos a oportunidade de intervir en obradoiros guiados tamén por eses participantes. Falamos de Henry Chalfant, Jordi Rubio, Eltono, Fragil, Jesús Pedro Lorente, Marco Marchioni, El niño de las pinturas, Nano4814, Xabier Ballaz, Mª Natividad Bermejo, Estudio Alavista e Javier Abarca.As charlas-coloquio teñen entrada libre pero para asistir aos obradoiros hai que inscribirse, xa que hai un número limitado de prazasRepresentan a oportunidade de xuntarnos, de coñecernos, de falarmos da arte pola arte, do que nos ilusiona e nos alimenta. Xuntarémonos fotógrafos, escritores, profesores, pintores profesionais e afeccionados, emprendedores, teóricos, soñadores, mentes inquedas que entenden a arte como algo fundamental nas súas vidas.Será un foro de formación único, no que poderemos traballar aspectos teóricos, políticos e sociais da arte urbana e/ou crear en obradoiros, cun equipo especial de invitados.Bloque 108.04.10 Charla _ coloquio: "Graffiti: historia, evolución e futuro". Henry Chalfant (USA) | Fotógrafo, historiador. Jordi Rubio (España) |Fundador de Montana Colors. Eltono (Francia) | Artista. 09 - 10.04.10 Obradoiro: "Introdución ao stencil". Frágil (España) | Artista. Bloque 215.04.09 Charla _ coloquio: "A arte na rúa como rexenerador social". Jesús Pedro Lorente (España) | Profesor Universida de Zaragoza. El niño de las pinturas (España) | Artista. Marco Marchioni (Italia) | Experto en desenvolvemento comunitario. 16 _ 17.04.1 Obradoiro: "A escala: do bosquexo ao muro". El niño de las pinturas (España). Bloque 322.04.10 Charla _ coloquio: "Ética e creación artística". Nano4814 (España) | Artista. Xabier Ballaz (España) | Colectivo Difusor María Natividad Bermejo Arrieta (España) | Facultade de Belas Artes de Pontevedra. 23 _ 24.04.10 Obradoiro: "O realismo no graffiti". Estudio Alavista (España). Bloque 429.04.10 Conferencia: "A intervención urbana". Javier Abarca (España) | Profesor Universidad Complutense de Madrid. 30.04.10 _ 01.05.10 Obradoiro: "Diálogo con A Coruña". Javier Abarca (España) | Profesor Universidad Complutense de Madrid.
O Director Xeral de Xuventude e Voluntariado participou como relator nas Xornadas Open Minds, organizadas polo CONXUGA e nas que participan asociacións de Cabo Verde, Portugal e Arxentina. Ovidio Rodeiro explicou as accións e recursos que, en materia de xuventude e voluntariado ten a Xunta de Galicia e anunciou a apertura das liñas de subvencións do seu departamento aos grupos informais de mozos e mozas, co obxecto de fomentar a participación da xuventudeO Consello da Xuventude de Galicia organizou, do 20 ao 23 de marzo, unhas xornadas que analizaron a participación xuvenil e a acción voluntaria no coidado do medioO Consello da Xuventude de Galicia, en colaboración con asociacións xuvenís de Cabo Verde, Portugal e Arxentina, organizou as xornadas Open Minds co fin de potenciar a acción voluntaria e a participación cidadá no coidado do medio natural.O programa de traballo rematou cunha xornada de reflexión con relatorios que analizaron a evolución histórica do voluntariado en Galicia. Participaron José Ramón Rey, técnico do Consello da Xuventude de Galicia; Javier Fernández Agrafojo, da Oficina de Participación da USC, quen analizou e comentou a importancia da participación universitaria durante a catástrofe do Prestige.A continuación, participou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, cun relatorio centrado nas accións levadas a cabo dende a dirección xeral en materia de participación xuvenil e voluntariado. Rodeiro incidiu na importancia de fomentar as axudas a todo tipo de grupos, asociados ou non, para facilitar e aumentar a participación xuvenil en diferentes iniciativas.O grupo de participantes dos catro países visitaron o domingo a cidade de Santiago de Compostela e a cidade da Cultura, e onte realizaron unha visita de estudo a Muxía, onde puideron contemplar a rexeneración ambiental da zona, grazas en gran parte ao labor do voluntariado, tras a catástrofe do Prestige.As xornadas Open Minds Galicia insírense nun proxecto financiado pola Unión Europea, e que xa se atopa na súa fase final despois de ter realizado distintos encontros durante o ano 2009 en Cabo Verde e na Arxentina. As delegacións internacionais desprazaranse do 24 ao 28 de marzo a Portugal, onde extraerán as conclusións finais
Trátase dun recurso didáctico-pedagóxico, de carácter práctico, e dirixido a toda á comunidade universitaria. O seu obxectivo é adecuar as intervencións educativas co fin de prever e compensar as desigualdades de acceso, permanencia e promoción deste estudantes.A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado financia a posta en marcha dunha guía do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que ten como fin a integración do alumnado con diversidade funcional nas universidade galegas.Na elaboración desta guía, ademais do SUG e da Dirección Xeral de Xuventude, participan diversas entidades do sector: ONCE (Organización nacional de cegos), COGAMI (Confederación galega de persoas con discapacidade), FAXPAGA (Federación de xordos do país galego) e FEAFES (Federación española de agrupacións familiares e persoas con enfermidades mentais).Esta publicación _en libro e en formato dixital- constitúe un recurso didáctico e pedagóxico, de carácter práctico, dirixido a adecuar as intervencións educativas co fin de prever e compensar as desigualdades de acceso, permanencia e promoción deste estudantes na educación superior. De feito, guía vai dirixida a toda a comunidade universitaria.Esta iniciativa nace tendo en conta que este colectivo, diverso entre sí, leva unha desvantaxe inicial no acceso igualitario aos estudos superiores, fronte aos demais estudantes. Obviamente, esta dificultades varían en cada persoas _que poden ter dificultades nunha área e habilidade superiores noutra-. Por estas razóns, é preciso corrixir na medida do posible as condicións institucionais que podan ir na súa contra.
Ovidio Rodeiro presentou o programa de actividades que se desenvolverán a partir do luns 16 de novembro en diferentes puntos da comunidade autónoma. A iniciativa complementarase o próximo ano coa aprendizaxe específico a través da concesión de bolsas e premios para a creación de empresas e prácticasA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza unhas xornadas para fomentar o espírito empresarial a partir do luns 16 de novembro en diferentes puntos de Galicia. A iniciativa celebrarase a través do proxecto Espazo Xuvenil que o departamento autonómico dirixe conxuntamente co Instituto Portugués da Juventude (IPJ).O obxectivo principal deste plan europeo, que forma parte da Axenda de Lisboa, é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude para que os mozos e mozas poidan quedarse a vivir e traballar na zona transfronteriza galego-portuguesa.O programa de actividades das xornadas, que presentou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, será complementado en 2010 coa aprendizaxe específico para o fomento do espírito emprendedor e coa concesión de bolsas e premios para a creación de empresas e prácticas nas mesmas. Os alumnos que participen nas xornadas terán prioridade á hora de acceder ás bolsas e premios.Rodeiro sinalou a importancia destas xornadas, xa que explicou que "un dos obxectivos que hai que impulsar con máis intensidade en Galicia é o fomento da cultura empresarial". Destacou, así mesmo, que a iniciativa pretende fortalecer a formación da mocidade da eurorrexión de Galicia e Portugal coa finalidade de "asentar a residencia da mocidade nas súas comarcas de nacemento e evitar a despoboación das zonas transfronterizas.O director xeral tamén resaltou a labor que se está a desenvolver grazas ao proxecto Espazo Xuvenil. De feito, lembrou que a través deste programa medio cento de mozos e mozas formáronse como monitores de tempo libre para poder traballar en Galicia e Portugal. Tamén organizouse Filminho, unha iniciativa que potenciou o sector audiovisual dos dous países.O programa do cursoAs actividades das xornadas van dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que precisen dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en programas europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa. Todas as accións son de balde,Entre as iniciativas do curso destacan os seminarios "O empresario nace ou faise?", "Teño unha idea, por onde empezo?", o curso "Da idea á empresa" ou o obradoiro sobre aplicacións prácticas no contexto galego do programa cultura 2007-2013 da Unión Europea.
A Dirección Xeral de Xuventude e voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português da Juventude, dirixen o proxecto ESPAZO XUVENIL, que conta coa laboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude galega  portuguesa.Estas actividades teñen coma fin organizar actividades de interese para os mozos e a sociedade en xeral, e poñendo a experiencia e a mobilización de recursos e coñecemento para o bo desenvolvemento de actuacións relacionadas co seu ámbito de traballo.'Un espazo novo na axenda de Lisboa' (Espazo Xuvenil) foi aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007 - 2013 (POCTEP).O principal obxectivo do proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os mozos se queden a vivir e a traballar na zona transfronteiriza Galego-PortuguesaAs actividades van dirixidas a todos aqueles mozos que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en Programas Europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa.Esta primeira serie de actividades será complementada en 2010 con aprendizaxe específica para o fomento do espírito emprendedor e coa concesión de bolsas e premios para a creación de empresas e prácticas nas mesmas; a estas bolsas e premios terán prioridade todos aqueles alumnos que asistan a esta formación.

 

Ir atrás    Ir arriba