- All Sections
- content: En portada (6)
- content: Formación (1)
|
A partir de hoxe os mozos e mozas menores de entre 18 e 35 anos, entre outros colectivos, poderán solicitar as subvencións para o alugueiro de vivendas incluídas no Programa Aluga do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS): http://igvs.xunta.es/web/igvs/portada As axudas concedidas no marco do Programa Aluga no segundo semestre de 2010 poderán acadar un custe total de 5,87 millóns de euros, segundo aprobou o Consello da Xunta o pasado oito de xullo. Esta contía de 5,87 millóns de euros destinarase exclusivamente a financiar as axudas concedidas no segundo semestre de 2010, xa que para as axudas concedidas no primeiro semestre de 2010 xa se autorizaran 5.225.267,12 millóns de euros no pasado mes de decembro de 2009. Dos 5,87 millóns de euros aprobados, 5,37 millóns destinaranse a subvencións aos inquilinos e 500.000 euros a subvencións a propietarios de vivendas para a rehabilitación das mesmas antes da súa posta a disposición dos demandantes de vivenda. Dado que as axudas se conceden por un período de 12 meses, os 5,37 millóns de euros destinados a subvencionar aos inquilinos estarán divididos en dúas anualidades, de maneira que se poidan atender os importes das subvención correspondentes ás mensualidades de 2010 e 2011. Desta maneira, 1.499.000 euros corresponderá a subvencións que se pagarán en 2010 e 3.871.000 a subvencións pagadas en 2011. O Programa Aluga vai dirixido a unidades familiares ou de convivencia con ingresos entre 0,7 e 3,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem), pero terán preferencia as unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen 2,5 veces o Iprem. So se concederán axudas ás familias con ingresos entre 2,5 e 3,5 veces o Iprem no caso de que a oferta de vivendas supere a demanda das familias con ingreso inferiores a 2,5 veces o Iprem. Condicións dos beneficiarios Para acceder aos beneficios do Programa Aluga os solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: .- Ingresos anuais ponderados entre 0,7 e 3,5 veces o Iprem. O límite mínimo de ingresos (0,7 veces o Iprem) non será preciso acreditalo no caso de colectivos cualificados, que se definen máis adiante. .- Estar inscritos ou anotados no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (Sección 4ª, “Demandantes de vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao Programa Aluga”) .- Non ser titulares de pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda .- Estar ao corrente na súas obrigas tributarias .- Residir ou desenvolver a súa actividade laboral nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia .- Non estar recibindo axudas para o alugueiro da Xunta de Galicia. Non poderán acceder ás axudas do Programa Aluga os que xa recibiran axudas para o alugueiro durante cinco anos, excepto cando xa transcorreran dous anos dende a última mensualidade subvencionada. No proceso de selección de inquilinos para as vivendas incorporadas ao Programa Aluga terán preferencia as unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen 2,5 veces o Iprem e, dentro dese rango de ingresos, os colectivos definidos como prioritarios e os cualificados, que son os seguintes: Os colectivos prioritarios, dentro dos distintos tramos de ingresos, son os seguintes: Menores de 35 anos e maiores de 65 Familias numerosas. Familias monoparentais con fillos. Persoas separadas ou divorciadas, ao corrente no pagamento de pensións alimenticias e compensatorias, no seu caso. Os considerados “colectivos cualificados” que se definen a continuación
Os colectivos cualificados son as unidades familiares ou de convivencia con ingresos anuais ponderados inferiores a 0,7 veces o IPREM que pertenzan a algún dos seguintes grupos: Mulleres vítimas de violencia de xénero. Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida, e as familias que as teñan ao seu cargo. Emigrantes retornados, nos dous anos anteriores a presentación da solicitude. Perceptores da Renda de Integración Social (RISGA). Perceptores de pensións.
Axudas a inquilinos A porcentaxe de subvención ao aluguer vai desde o 30% ata o 70%, mentres no antigo programa de vivenda al alugueiro a subvención máxima era do 60 por cento. A contía da axuda fíxase en atención a porcentaxes máximos sobre a renda mensual do aluguer, segundo tramos de ingresos e colectivos:
TRAMOS COLECTIVOS XERAIS Ata 1 IPREM 70% Desde 1 ata 2 IPREM 60% Desde 2 ata 2,5 IPREM 50% Desde 2,5 ata 3,5 IPREM 30%
No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero a subvención incrementase en 10 puntos porcentuais, de maneira que irán do 40 ao 80 por cento. A axuda concédese por un período de doce meses poderá solicitarse ata un máximo de cinco anualidades. Propietarios Os propietarios de vivendas postas a disposición do Programa de Aluguer poderán beneficiarse de axudas para a rehabilitación das mesmas, do seguro multirisco contratado polo IGVS e das axudas para os gastos derivados do alugueiro. Condicións das vivendas Poderán incorporarse ao Programa Alugas as vivendas libres, desocupadas, que reúnan condicións de habitabilidade e estean emprazadas en concellos con demanda real de vivenda en alugueiro. Os seus propietarios poderán ser tanto persoas físicas como xurídicas. As vivendas poñeranse a disposición do Programa Aluga por solicitude dos seus propietarios e por un prazo mínimo de cinco anos.
Curso de formación en emancipación xuvenil e orientación laboral.A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o curso de formación en emancipación xuvenil e orientación laboral, dirixido ao persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e Formación profesional en TASOC.-Obxectivos.
Adquisición de recursos teóricos e prácticos que lle permitan diagnosticar os problemas sociais.
Aprender o manexo de fontes documentais (estatísticas, informes institucionais e analíticos).
Coñecemento sobre as dinámicas intrafamiliares e finalmente adquirir coñecementos e destrezas encamiñadas á orientación dos mozos no ámbito laboral.
Persoal a que vai dirixido.Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e Formación profesional en TASOC.Criterios de selección.Terá preferencia o persoal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil que estea en posesión do curso de especialista en información xuvenil, así como titulados universitarios da rama educativo-social (pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, traballo social, educación social, maxisterio) e TASOC que teñan feito o curso de especialista en información xuvenil e estén en posesión do carné xove.Desenvolvemento do curso. Metodoloxía: semipresencial. 1. Duración: 90 horas.Número de edicións: 1.2. Lugar e datas: a data das sesións presenciais terán lugar en Santiago de Compostela, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, e seralles comunicada aos alumnos/as seleccionados/as. O curso comezará o día 14 de xullo e rematará o día 15 de outubro.Sesións presenciais: 14 de xullo de 10-14 horas, e de 16-20 horas.15 de outubro de 12-14 horas.3. Nº de prazas: 25.-Contidos. 1. Mocidade e emprego. 2. Mocidade e vivenda. 3. Traballo en equipo. 4. Socioloxía da familia. 5. Itinerarios profesionais. 6. Carreiras profesionais.Solicitudes.O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.As solicitudes de admisión ao curso dirixiranse ao Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.O modelo de solicitude descargase do portal www.xuventude.net.Certificacións de asistencia.1. Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, realizaranse probas obxectivas a distancia ao longo do curso, e ao remate levarase a cabo unha proba avaliativa presencial nas instalacións do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia ou onde se indique no seu momento.2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais dos cursos así como ás xornadas, encontros ou congresos que organice a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con temática relacionada coa xuventude durante a duración do curso. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas presenciais, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos.A Consellería de Traballo e Benestar poderá suspender o curso se non houber un mínimo de alumnos, así como modificar o desenvolvemento e os contidos do curso anunciado co fin de adaptalo ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.A asistencia a este curso será gratuíta para as alumnas e alumnos seleccionados. Descarga aquí a Folla de solicitude, e o PDF do curso.
A Xunta de Galicia e o Goberno central organizan o 16 de xuño no palacio de congresos de Santiago o Día Galego do Emprendedor, onde a través de charlas, conferencias, talleres e exemplos prácticos se ofrecer todas as claves para iniciar a aventura da empresa. Se estás pensando en cómo emprender un negocio este é o momento de facer realidade os desexos, de pór os soños a traballar para desenvolver proxectos reais, tanxibles, sostibles e viables tanto económica como socialmente. Hoxe, máis que nunca, para emprender é necesario ser aberto e participativo, compartir coñecementos e intercambiar experiencias.A tecnoloxía é a túa aliadaO coñecemento é o teu socioA creatividade é a túa enerxíaNesta V edición, o Día do Emprendedor de Galicia evoluciona para consolidarse como o acto de referencia da iniciativa emprendedora e a empresa innovadora en Galicia.Así, o Día do Emprendedor 2010 ofrecerache un evento máis participativo orientado ao negocio e ao contacto, poténcianse as actividades de networking, coa participación de máis entidades e empresas vinculadas ao mundo emprendedor, dando espazo a novos conceptos e actividades complementarias.Na presente edición os espazos de coñecemento, asesoramento e contacto estarán enfocados aos negocios de franquías, Negocios tecnolóxicos, Segundas oportunidades, Financiamento, etc.Se queres crear ou facer crecer unha empresa, esperámosche o 16 de xuño no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela:Atoparás asesoramento, servizos de soporte, oportunidades de negocio, ...Poderás levar a cabo unha axenda de encontros con expertos, institucións, posibles socios, investidores ou provedores ...Escoller entre unha amplía oferta de cápsulas para emprender e crecer, casos de éxito de emprendedores, talleres prácticos, ...Participar en encontros de networking en ámbitos como as TIC,...e moito máis.É o momento de emprender.Tes unha cita o día 16 de Xuño de 2.010 na V edición do Dia do Emprendedor de Galicia. A partir do 20 de abril poderás inscribirche nesta mesma Web, onde tamén poderás consultar as novas sobre os relatorios, talleres, mesas de asesoramento, actividades complementarias, etc.¡Consulta xa o programa do Día do Emprendedor 2010!
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se rexe o novo Programa Aluga, que entrará en vigor dentro de dous meses. Esta iniciativa xorde da necesidade de dar unha nova orientación ás medidas de fomento do aluguer de vivendas privadas, co obxecto de cumprir unha dobre finalidade:1. Favorecer o mercado de aluguer de vivendas en Galicia, promovendo a incorporación a el de vivendas desocupadas de titularidade privada.2. Facilitar o acceso a unha vivenda a determinados sectores de poboación con niveis de ingresos comprendidos entre 0,7 e 3,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), entre os que se atopan os mozos menores de 35 anos.A través do Programa Aluga poderán acceder ás axudas para o aluguer todos os interesados con ingresos inferiores a 3,5 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples (Iprem), inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda e residentes en Galicia ou que desenvolvan o seu traballo na nosa Comunidade Autónoma. Os propietarios de vivendas tamén poderán beneficiarse de axudas para a rehabilitalas antes de poñelas á disposición do Programa, así como subvencións para os gastos derivados do aluguer.Nos próximos tres anos prevese que o custo total do Programa Aluga acade preto dos 34 millóns de euros, e que beneficie a unhas seis mil familias galegas.Doutra banda, o decreto polo que se rexe o Programa Aluga contempla a posta en funcionamento de unidades funcionais do IGVS denominadas centros de acompañamento e asesoramento aos usuarios do Programa Aluga, nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.InquilinosAs principais novidades que presenta o Programa Aluga en relación cos inquilinos son as seguintes:- Amplíanse os tramos de ingresos dos potenciais beneficiarios ata 3,5 veces o Iprem.- Para determinar os importes máximos da renda das vivendas alugadas téñense en conta as zonas territoriais onde se encontren as vivendas, establecendo tres zonas coma no Plan de Vivenda 2009-2012: zona territorial de prezo máximo superior, zona 1 e zona 2, establecidas para a determinación dos prezos das vivendas protexidas.- Para adecuar o prezo da renda aos ingresos e asegurar un certo grao de solvencia, establécense novos límites de renda segundo tramos de ingresos dos inquilinos:PREZO MÁXIMO DO ALUGUEIRO (euros por mes) INGRESOS MÁXIMOS DOS BENEFICIARIOS (veces o Iprem)400 Ata 1,5550 Máis 1,5 ata 2,5600 Máis de 2,5 ata 3,5Condicións dos beneficiariosPara acceder aos beneficios do Programa Aluga os solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:- Ingresos anuais ponderados entre 0,7 e 3,5 veces o Iprem. O límite mínimo de ingresos (0,7 veces o Iprem) non será preciso acreditalo no caso de colectivos cualificados, que se definen máis adiante.- Estar inscritos ou anotados no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (Sección 4ª, "Demandantes de vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao Programa Aluga")- Non ser titulares de pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda- Estar ao día na súas obrigas tributarias- Residir ou desenvolver a súa actividade laboral nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia- Non estar recibindo axudas para o aluguer da Xunta de Galicia. Non poderán acceder ás axudas do Programa Aluga os que xa recibisen axudas para o aluguer durante cinco anos, excepto cando xa transcorresen dous anos dende a última mensualidade subvencionada.- No proceso de selección de inquilinos para as vivendas incorporadas ao Programa Aluga terán preferencia as unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen 2,5 veces o Iprem e os colectivos definidos como prioritarios e os cualificados, que son os seguintes:Os colectivos prioritarios, dentro dos distintos tramos de ingresos, son os seguintes:- Menores de 35 anos e maiores de 65- Familias numerosas.- Familias monoparentais con fillos.- Persoas separadas ou divorciadas, ao día no pagamento de pensións alimenticias e compensatorias, cando sexa o caso.- Os considerados "colectivos cualificados" que se definen a seguir: Os colectivos cualificados son as unidades familiares ou de convivencia con ingresos anuais ponderados inferiores a 0,7 veces o IPREM que pertenzan a algún dos seguintes grupos:- Mulleres vítimas de violencia de xénero.- Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida, e as familias que as teñan ao seu cargo.- Emigrantes retornados, nos dous anos anteriores á presentación da solicitude.- Perceptores da renda de integración social (RISGA).- Perceptores de pensións. Axudas a inquilinosA porcentaxe de subvención ao aluguer vai desde o 30% ata o 70%, mentres no antigo programa de vivenda ao aluguer a subvención máxima era do 60 por cento.A contía da axuda fíxase en atención a porcentaxes máximas sobre a renda mensual do aluguer, segundo tramos de ingresos e colectivos:TRAMOS COLECTIVOS XERAISAta 1 IPREM 70%Desde 1 ata 2 IPREM 60%Desde 2 ata 2,5 IPREM 50%Desde 2,5 ata 3,5 IPREM 30%No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero a subvención incrementase en 10 puntos porcentuais, de maneira que irán do 40 ao 80 por cento.A axuda concédese por un período de doce meses e poderá solicitarse ata un máximo de cinco anualidades. Como medida transitoria antes da aprobación e entrada en vigor do Programa Aluga, o Instituto Galego de Vivenda e Solo vén de pechar o prazo para a inscrición de novas vivendas no antigo programa de vivenda en alugueiro. Actualmente están incorporadas a este programa arredor de 4.000 vivendas, das que máis de 300 están desocupadas e listas para o seu alugueiro. Ao mesmo tempo, outras 1.000 vivendas están actualmente en trámites para a súa incorporación ao programa O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou que o seu departamento, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, está a tramitar o Programa Aluga, un proxecto que introduce melloras técnicas e pautas de simplificación e axilización administrativa con respecto ao actual sistema de aluguer que presenta relevantes disfuncionalidades como a complexidade da tramitación, a externalización das súas propias funcións ou un cadro de persoal sobredimensionado. O novo programa, que será xestionado integramente polo IGVS, conta cun financiamento equilibrado co fin de limitar o gasto público e acadar un maior grao de eficacia na consecución de obxectivos.Como medida transitoria antes da aprobación e entrada en vigor do Programa Aluga, o Instituto Galego de Vivenda e Solo vén de pechar o prazo para a inscrición de novas vivendas no antigo programa de vivenda en alugueiro.Cómpre salientar que actualmente están incorporadas a este programa arredor de 4.000 vivendas, das que máis de 300 están desocupadas e listas para o seu alugueiro. Ao mesmo tempo, outras 1.000 vivendas están actualmente en trámites para a súa incorporación ao programa de alugueiro, o que garante a dispoñibilidade suficiente de vivendas para facer fronte á demanda de alugueiros.Os referidos datos indican que o número de vivendas incorporadas ao programa de aluguer ou en trámites para a súa incorporación superan as previsión estimadas de acordo co marco orzamentario do programa de vivenda de aluguer e co número de vivendas previstas para o Programa Aluga. Para evitar a acumulación de vivendas e regular o fluxo de entrada de das mesmas, evitando falsas expectativas dos propietarios respecto a prontitude do arrendo, así como para facilitar o tránsito entre un e outro programa, considerouse oportuno pechar o prazo de presentación de solicitudes.
Xuventude e Voluntariado presenta este xoves no CGAC de Santiago a campaña "Encaixa os teus soños", que se desenvolverá en toda Galicia ao longo das próximas semanas.O actor e monologuista Miguel Lago e o autor de "La crisis Ninja", Leopoldo Abadía, participan nunha xornada á que están convidados todos os mozos e mozas galegas.Fomentar a emancipación dos xoves galegos, facilitándolles a súa inserción laboral e o acceso a unha vivenda digna, é o obxectivo da campaña "Encaixa os teus Soños", que se abre este xoves, día 26, no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago, promovida pola dirección xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, que se enmarca dentro do Programa de Emancipación Joven do Injuve, do Ministerio de Igualdad. A campaña ábrese coa celebración dunha xornada dirixida ós mozos e mozas galegas, coa que se pretende achegar toda a información necesaria para que poidan "encaixar" os seus "soños" de independencia do contorno familiar.Esta acción terá unha clara utilidade práctica, na que se abordarán todas as ferramentas dispoñibles coas que acadar a emancipación. Na xornada participan entre outros coñecidos persoeiros como o actor e monologuista Miguel Lago, coñecido pola súa participación no programa Curso del 63 ; o autor do libro "La crisis Ninja", Leopoldo Abadía; ou o propietario e impulsor do proxecto empresarial Blue:sens, José Ramón García, quen dun xeito creativo e desde a experiencia persoal animarán aos xoves asistentes a tomar definitivamente o camiño da emancipación.A xornada diríxese a todas as persoas que queiran mellorar a súa empregabilidade, desexen emprender un proxecto empresarial ou busquen vivenda. Tamén se abordarán as axudas públicas da Xunta de Galicia en materia de vivenda para os mozos e mozas galegas, no ámbito do Plan 2009-2012; ou as novas tendencias de urbanismo e posibilidades dun espazo físico. No eido do emprego, trataranse os servizos e apoios cos que conta IGAPE para os proxectos de novos e novas emprendedoras, así como as políticas públicas de inserción laboral para a mocidade.Os asistentes terán ademais ocasión de coñecer en profundidade outras ferramentas á súa disposición, como a Oficina Virtual de Emancipación, no dominio www.xuventude.net, na que a partir do día 25 se ofrecerá información actualizada e asesoramento aos mozos e mozas; ou a rede de Oficinas de Emancipación, espazos físicos aos que se poden dirixir os máis novos para obter apoios nos seus procesos de emancipación. En Galicia a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado puxo xa en marcha as oficinas de Emancipación Xuvenil de Santiago de Compostela (Praza do Matadoiro), a transfronteiriza de Tui e a Oficina Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verín.
A participación na Xornada é libre e gratuíta, previa confirmación de asistencia no e-mail emancipacion@xunta.es. Celébrase o vindeiro xoves, día 26 de novembro, na sala do Centro Galego de Arte Contemporáneo, en horario de mañá e tarde, 10,30 a 14,00 horas e de 17,00 a 21,00 horas.A celebración desta Xornada inscríbese nun programa informativo máis amplo que se vai desenvolver por toda Galicia, en colaboración co Programa de Emancipación Joven do INJUVE, que pretende concienciar ós mozos e mozas galegos sobre as grandes vantaxes da emancipación, e informarlles sobre o grande abano de axudas e liñas de apoio existentes para facilitarlles a súa inserción no mercado laboral; o acceso a unha vivenda digna; ou a creación de proxectos empresariais, entre outras cuestións. Durante todo o mes de decembro técnicos da Dirección Xeral de Xuventude organizarán nas 12 Casas da Xuventude xornadas complementarias onde se levará toda a información recollida no evento deste xoves. Tamén os concellos interesados que teñan Oficina de Información Xuvenil poderán celebrar unha xornada de Emancipación en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Representantes e directivos de máis de 30 asociacións xuvenís de Galicia reuníronse en Santiago co director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, para coñecer os obxectivos e o alcance da rebaixa fiscal para o fomento da vivenda, unha medida que foi aprobada o pasado martes no Parlamento.
O representante da área autonómica recibiu aos responsables dos colectivos despois de que solicitaran información sobre esta acción nos diferentes centros que posúe a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Fundamentalmente, pediron coñecer en profundidade as características da norma e cal será a súa aplicación práctica nos supostos de adquisición dunha vivenda por parte da mocidade.Así, Rodeiro explicou os pormenores da medida. Destacou que a reforma do imposto suporá un aforro de máis de 6.600 euros na adquisición dunha vivenda de 180.000 euros para unha parella de mozos formada por menores de 36 anos cunha renda anual inferior a 30.000 euros por cada un e un patrimonio conxunto que non supere os 250.000 euros. Neste sentido, Rodeiro sinalou que nesta situación atópanse a gran maioría da poboación xuvenil.O director xeral de Xuventude e Voluntariado tamén informou de que a modificación fiscal supón pasar do 7% ao 4% o gravame por transmisións patrimoniais- unha rebaixa do 43%-, mentres que as taxas por actos xurídicos documentados baixará entre un 50 e un 66% dependendo dos casos.Rodeiro mostrouse convencido de que a rebaixa fiscal servirá para reactivar o mercado da vivenda en Galicia, que é un dos sectores que máis está a notar a crise económica. "Esta medida forma parte dun conxunto de actuacións que está a promover a Xunta para dinamizar a economía e apoiar á mocidade e ás familias", resaltou.
|


Novas e anuncios