Inicio Novas e anuncios
Search
Search Keyword: Total 11 results found.
Tag: Pontevedra Ordering

Programación do  Baiverán 2010

Todos os veráns o Concello de Baiona, a través das súas concellarías de cultura, mocidade e turismo, tratan de ofrecer unha programación de luxo tanto para os nosos veciños como para os nosos visitantes. Como actuación estrela para a Mocidade,podemos destacar o Concerto de Home G, que terá lugar na nosa vila, no parque da Palma, o venres 13 de agosto de 2010, dentro da programación de actividades para festexar o día da Mocidade. Xa para todos os públicos, o sábado 7 de agosto terá lugar a Gran Gala Musical na que actuarán Lolita, Soraya Arnelas e a Unión como colofón das nosas festas patronais, que terá tamén lugar no Parque A Palma, a partir das 00:30 h.

Mais información: OMIX Concello de Baiona Telf: 986385925
Tags: RIX Pontevedra
O persoal dos Centros Espazo Xove e das Oficinas Municipais de Información Xuvenil, composto por máis de 50 profesionais de eidos como psicoloxía, traballo e educación social, participarán nas actividades sobre emancipación xuvenil centradas fundamentalmente no emprego e a vivenda para os xoves. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil a primeira xornada sobre emancipación xuvenil organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se complementará cun curso sobre a mesma materia.

Como relatores desta xornada estarán Guillermo Cortés, coordinador das Oficinas de Emancipación de Castela-León, e Jorge Barros, subdirector xeral de apoio á contratación, emprendedores e traballo autónomo da Dirección Xeral de Promoción do Emprego. Por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo, presentará o Programa Aluga a xefa do servizo, Rita Bernárdez Ferrán, e o programa de emancipación xuvenil correrá a cargo da coordinadora do propio programa, Trinidad Viloutes.

Esta xornada forma parte do programa posto en marcha coa creación dos centros de Espazo Xove, cos que se amplían e unifican todos os servizos e recursos destinados á mocidade galega que se prestan nas actuais instalacións dependentes da Xunta, como son as 12 Casas da Xuventude, o Centro LUG e o Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. Con esta iniciativa, na que se investirán máis de dous millóns de euros dende este ano a 2012, poranse a disposición da xuventude oficinas de emancipación diferenciada, onde destacarán as actuacións en materia de vivenda e de traballo.

Os asistentes á xornada recibirán unha formación sobre o funcionamento das oficinas de emancipación xuvenil, dos plans e programas de vivenda para a mocidade e das actuacións e recursos cos que conta a Xunta de Galicia en materia de emprego, cumprindo así os obxectivos que tamén se marcan nas medidas incluídas no borrador do Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013. Este borrador está a disposición das entidades e colectivos xuvenís na web www.xuventude.net, para que fagan as súas achegas ata o día 19.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde que regula a convocatoria das prazas residenciais que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aos estudantes para o curso 2010/2011. Así, as 220 prazas do total _todas en réxime de internado- distribúense do seguinte xeito: 76 no centro residencial xuvenil LUG; 50 para a residencia Florentino L. Cuevillas de Ourense; e 94 na residencia Altamar de Vigo. Deste xeito, a Consellería de Traballo e Benestar pon a disposición dos mozos e mozas estudantes, durante o ano académico, as súas instalacións, nas que se lles ofrecerán aloxamento, mantenza, así como unha serie de actividades convivenciais e educativas.Para os efectos dos usos das instalacións, o curso académico abranguerá desde o 16 de setembro de 2010 ata o 15 de xullo de 2011. O prazo para solicitar estas prazas está aberto ata o 9 de xullo. En total, a cota que haberá que aboar por mes _incluíndo aloxamento e mantenza- será de 263 euros.En concreto, estas prazas están dirixidas aos estudantes de ciclos formativos de grao medio e grao superior; de bacharelato; de estudos superior en ensinanzas artísticas; e de estudos universitarios -ben de grao ou equivalente, ou ben de estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nos casos nos que non se teña xeneralizado a implantación dos novos títulos-.Ademais, para poder acceder ás prazas haberá que cumprir unha serie de requisitos como posuír a nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro residente en España. Os solicitantes non poderán superar a idade de 30 anos na data en que remate o prazo de solicitude.A isto hai que sumarlle outro requisito, que establece que, para acceder á praza, non pode existir oferta de centros públicos para realizar os estudos correspondentes no concello onde radique a residencia familiar. Neste caso, exceptúase a realización de estudos universitarios nos que o estudante non acade a nota de corte.A valoración das solicitudes realizarase por parte dunha comisión cualificadora creada para tales efectos, e que, entre outros aspectos, valorará os seguintes criterios de selección: que o estudante xa fora residente no cursos anterior, o rendemento académico, a renda da unidade familiar, a situación de familia numerosa, a minusvalía de calquera membro da unidade familiar ou a situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai ou da nai.Cada comisión elevará a proposta de resolución no prazo máximo de 2 meses, e as listas de admitidos serán expostas nas residencias xuvenís, no rexistro xeral dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e no Centro de Información Administrativa e Atención ao cidadán de Santiago de Compostela.

Descarga aquí a solicitude de praza nas residencias

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe a creación desta nova Rede nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. A conselleira sinalou que se adaptará e ampliará a actual rede de centros de xuventude do Goberno galego. Actualmente, hai 12 casas da Xuventude en Noia, Carballo, Betanzos, Pontedeume, Curtis, Viveiro, Vilalba, Chantada, Ourense, Lalín, Vilagarcía e Tui. Ademais, hai un centro coordinador de información xuvenil en Santiago e o centro xuvenil LUG. A esta rede hai que sumar os sete centros Quérote que existen na xeografía galega. Algúns deles están integrados en casas da xuventude, mentres que outros están en espazos independentes, polo que é preciso "conseguir unha homoxeneización", para que se presten os mesmos servizos en todos os centros da rede.'Espazo Xove. Rede Galega de Centros de Xuventude' ampliará todos os servizos destinados á mocidade que actualmente prestan as instalacións dependentes da Xunta, ao tempo que unificará nun mesmo emprazamento todos os recursos dirixidos aos mozos e mozas, para ofrecerlles unha información integral e de utilidade.Para poñer en marcha este proxecto, o Goberno galego investirá ao redor de dous millóns de euros desde este ano a 2012, que financiarán, principalmente, a mellora das infraestruturas, os equipamentos informáticos e os programas de animación.Beatriz Mato contextualizou a posta en marcha desta iniciativa co fin de dar resposta a unha "dobre necesidade". Segundo explicou, é preciso "acometer un cambio profundo" na infraestrutura dos centros de xuventude dependentes da Xunta, tanto "no que se refire ao equipamento como as propias funcións", que hai que adaptar e actualizar ás demandas da mocidade. Neste sentido, lembrou que moitas das instalacións e funcións das actuais Casa da Xuventude datan de hai 20 anos.Así, os centros disporán, segundo concretou a conselleira, dunha oficina territorial da Rede de información xuvenil, na que se ofertarán as accións, servizos e recursos destinados á mocidade. Estas oficinas contarán cunha zona de emancipación diferenciada, onde destacarán as actuacións en materia de vivenda e de traballo.Os centros incluirán tamén "celeiros da creatividade", que serán espazos de promoción da creatividade xuvenil, nos que se incluirán salas de exposición ou zonas para accións formativas. Ademais, nos casos nos que sexa posible, instalarase un local de ensaio musical, como nos casos de Tui e Lalín.As instalacións da Rede disporán da "zona.net", unhas salas dotadas con medios técnicos relacionados coas novas tecnoloxías, ademais dun espazo propio para a formación en Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Os centros de Xuventude contarán tamén cun programa de animación xuvenil, con persoal que se ocupará de promover actividades e actuacións en materia de xuventude, sobre todo aquelas relacionadas coa educación non formal da mocidade.Por último, todos os centros da Rede disporán do espazo Quérote+. Este servizo suporá a ampliación dos actuais centros da rede Quérote, de xeito que ofrecerán orientación en máis eidos que no afectivo-sexual, sen que isto supoña ningunha diminución nos servizos que viñan prestando. Ademais de ampliar a súa temática, este servizo pasará a estar presente en 18 localidades, xa que actualmente está só en 7. Así, as vilas de Noia, Carballo, Betanzos, Pontedeume, Curtis, Viveiro, Vilalba, Chantada, Lalín, Vilagarcía e Tui pasarán a contar con este servizo.De feito, a previsión é que no último trimestre deste ano xa se teñan implantado todos os programas, a excepción dos "zona.net" e dos celeiros da creatividade, xa que a súa execución irá en consonancia coa realización das obras e adaptacións a realizar nos centros.Actualmente, xa se ten comezado a formación complementaria do persoal das casas da xuventude e tamén do persoal dos centros Quérote, co fin de que se especialicen nas novas temáticas que teñen que abordar. Tamén están en fase de valoración as ofertas recibidas para a contratación das obras en Noia, Carballo, Betanzos, Pontedeume, Curtis e Lalín, unha mellora das infraestruturas ás que se irán sumando o resto dos centros nos próximos exercicios.Hai que destacar que o cadro de persoal que traballa actualmente en todos estes centros é de 51 persoas, de distintas especialidades, como psicólogos, traballadores sociais, ou educadores sociais. Todos os profesionais prestan servizos tanto en materia de ocio e lecer ou formación; así como en orientación, información e derivación das problemáticas xuvenís aos servizos profesionais e especializados nos mesmos, como nos casos de problemas relacionados directamente coa saúde.En definitiva, Mato sinalou que esta Rede trata de cumprir varios obxectivos: facer máis visibles as políticas en materia de xuventude e máis accesibles os recursos para a mocidade; traballar a creatividade, as novas tecnoloxías e a participación xuvenil; converter os actuais centros Quérote nun servizo de asesoramento integral; e dinamizar todas as medidas incluídas no Plan estratéxico de Xuventude 2010-2013.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde que regula a convocatoria das prazas residenciais que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aos estudantes para o curso 2010/2011. Así, as 220 prazas do total _todas en réxime de internado- distribúense do seguinte xeito: 76 no centro residencial xuvenil LUG; 50 para a residencia Florentino L. Cuevillas de Ourense; e 94 na residencia Altamar de Vigo. Deste xeito, a Consellería de Traballo e Benestar pon a disposición dos mozos e mozas estudantes, durante o ano académico, as súas instalacións, nas que se lles ofrecerán aloxamento, mantenza, así como unha serie de actividades convivenciais e educativas.Para os efectos dos usos das instalacións, o curso académico abranguerá desde o 16 de setembro de 2010 ata o 15 de xullo de 2011. O prazo para solicitar estas prazas está aberto ata o 9 de xullo. En total, a cota que haberá que aboar por mes _incluíndo aloxamento e mantenza- será de 263 euros.En concreto, estas prazas están dirixidas aos estudantes de ciclos formativos de grao medio e grao superior; de bacharelato; de estudos superior en ensinanzas artísticas; e de estudos universitarios -ben de grao ou equivalente, ou ben de estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nos casos nos que non se teña xeneralizado a implantación dos novos títulos-.Ademais, para poder acceder ás prazas haberá que cumprir unha serie de requisitos como posuír a nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro residente en España. Os solicitantes non poderán superar a idade de 30 anos na data en que remate o prazo de solicitude.A isto hai que sumarlle outro requisito, que establece que, para acceder á praza, non pode existir oferta de centros públicos para realizar os estudos correspondentes no concello onde radique a residencia familiar. Neste caso, exceptúase a realización de estudos universitarios nos que o estudante non acade a nota de corte.A valoración das solicitudes realizarase por parte dunha comisión cualificadora creada para tales efectos, e que, entre outros aspectos, valorará os seguintes criterios de selección: que o estudante xa fora residente no cursos anterior, o rendemento académico, a renda da unidade familiar, a situación de familia numerosa, a minusvalía de calquera membro da unidade familiar ou a situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai ou da nai.Cada comisión elevará a proposta de resolución no prazo máximo de 2 meses, e as listas de admitidos serán expostas nas residencias xuvenís, no rexistro xeral dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e no Centro de Información Administrativa e Atención ao cidadán de Santiago de Compostela.

Descarga a convocatorio de prazas nas residencias xuvenís.

O Carné Xove da Dirección Xeral de Xuventude colabora por primeiro ano coa Xira Galega de Karting, unha iniciativa que pretende achegar o deporte do automobilismo a 9 cidades e vilas de toda Galicia. Se queres emular aos teus ídolos da Fórmula 1, esta pode ser unha boa oportunidade.Calendario:Ferrol, do 10 ao 13 de xuñoNegreira, do 17 ao 20 de xuñoOurense, do 24 ao 27 de xuñoA Coruña, do 1 ao 4 de xulloVilagarcía, do 8 ao 11 de xulloVigo, do 15 ao 18 de xulloA Xira Galega de Karting está composta por dúas categorías de karts, para nenos e adultos. As voltas son todas cronometradas. Os horarios para grupos escolares son de 10 a 14 horas os xoves e venres. Para o público en xeral esta actividade está aberta polas mañás o sábado e o domingo de 12 a 14 horas e polas tardes o xoves e o domingo de 17 a 22:30 horas e o venres e sábado de 17 a 0 horas.Poden participar nenos maiores de 8 anos e cunha estatura superior a 1:30m. e adultos. As tarifas ordinarias son de 10 euros por sesión, e os posuidores do Carné Xoven terán un desconto do 30%.

 

 

Todos os afeccionados que queiran dar a coñecer Galicia a través das súas fotografías poderán participar, ata o 15 de xuño, no concurso Galicia... como a ves?, organizado por Turgalicia. As fotografías gañadoras neste certame servirán de referencia para a realización da creatividade dunha campaña turística que se desenvolverá entre os meses de xullo e agosto para promocionar o destino turístico de forma xeral entre os visitantes que se acheguen a Galicia, co obxectivo de convidalos a descubrir o territorio galego.No concurso establécense catro categorías e catro gañadores: mellor fotografía de costa; mellor fotografía de contorno urbano; mellor fotografía do interior de Galicia; e mellor fotografía de patrimonio cultural galego. Cada concursante poderá enviar un máximo de tres fotografías, a través dun arquivo dixital e con boa resolución, para cada unha das categorías, ata un máximo de doce imaxes, aínda que non é necesario participar en todas as seccións.PremiosOs catro gañadores ademais de ver a súa imaxe referenciada nunha campaña de promoción turística, poderán gozar dunha semana para dúas persoas, en réxime de media pensión, no establecemento que elixan de Galicia, con data límite a 31 de decembro de 2010.O xurado estará constituído por profesionais e valorará as características técnicas así como a creatividade dos traballos e o aspecto artístico-fotográfico. As fotos deben enviarse nos formatos: GIF, JPG ou JPEG. Se se envía máis dunha foto debe facerse nun ZIP ou RAR. As imaxes deben enviarse a través do sitio web www.galiciacomolaves.com onde tamén se poden descargar as bases e toda a información do concurso. Así mesmo, tamén se poden enviar os datos e imaxes a concurso@galiciacomolaves.com co asunto: Concurso Fotográfico 2010.

A Consellería de Traballo e Benestar entende que para lograr unha verdadeira participación da xuventude nos diferentes ámbitos da sociedade actual é fundamental promover actuacións e canles dirixidas a garantir o acceso a unha información ampla e actualizada dirixida á xuventude e facilitar o acceso da mocidade na utilización das novas tecnoloxías, prestándolles apoio ás accións que neste sentido emprendan os concellos dentro da súa competencia e ámbito territorial.Igualmente, considérase necesario apoiar os concellos nas actuacións que leven a cabo no campo da potenciación do asociacionismo xuvenil e a utilización adecuada do tempo de lecer así como actividades cun claro compoñente formativo.Mais Información: Anexo en documento o DOG do 5 de maio de 2010
Os equipos dos 8 Institutos finalistas participarán o vindeiro 24 de abril en sede parlamentar na Fase Final de Parlamento Xove, unha competición organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na que os equipos inscritos escribiron e investigaron acerca da pregunta proposta: "O emprego das redes sociais e novas formas de comunicación entre os adolescentes, une ou separa?".Na Fase Preliminar, os centros educativos realizaron dous artigos de opinión (un favorable e outro contrario ó uso das redes sociais) e un dossier de investigación; a suma das puntuacións obtidas nestes traballos, clasifican aos oito mellores para a Fase Final.Ao longo desta última semana, o equipo de xuíces avaliou os traballos entregados. Os equipos que recibiron as mellores puntuacións e que, por conseguinte, pasan á Fase Final de debates, son: IES David Buján, Cambre IES Menéndez Pidal, A Coruña IES A Pinguela II, Monforte de Lemos Colexio SEK Atlántico, Pontevedra Colexio La Salle, Santiago IES Rosalía de Castro, Santiago IES A Xunqueira I, Pontevedra IES Laxeiro I, Lalín Igualmente, Ana Sánchez Vázquez, alumna do IES A Pinguela de Monforte de Lemos, obtivo o premio ao Mellor Artigo co texto que leva por título "Uso, non abuso".Os membros do xurado transmitiron a calidade xeralizada dos traballos presentados, nos que "se puido albiscar un alto nivel de implicación nun tema que está en boca de profesorado, profesionais da pedagoxía, país, etc., pero que fundamentalmente é a xuventude quen o vive en primeira persoa."
Resolución do 26 de febreiro de 2010 polaque se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 11 de xuño de 2009, pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas a entidades locais de Galicia para a realización de actividades dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2009, e se procede á súa convocatoria.De conformidade co disposto no artigo 15.1º daInforma: DOG do 25 de marzo de 2010.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, e mais a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López presentaron hoxe o programa Xuventur, organizado pola Xunta de Galicia para promover o turismo rural entre a mocidade galega. A iniciativa terá lugar nas fins de semana dos meses de abril, maio e xuño e nela poderán participar todas aquelas persoas que teñan entre 18 e 35 anos.O director xeral de Xuventude e Voluntariado e mais a secretaria xeral para o Turismo presentaron hoxe en Santiago o programa Xuventur. Turismo rural para a mocidade galega.Esta iniciativa, desenvolvida coa colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e mais a Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, vai dirixida aos mozos e mozas de entre 18 e 35 anos. Xuventur facilitará que os participantes nesta iniciativa poidan coñecer a xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto. Así mesmo, proporciona á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo activo e do turismo rural de Galicia e promove a educación ambiental e o ocio saudable.A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, explicou que entre os obxectivos desta iniciativa está o de "intentar compensar en momentos de baixa ocupación e tamén incrementar a porcentaxe de turistas galegos en Galicia". "É importante transmitir co boca a boca que somos un destino turístico de excelencia", matizou. Pola súa banda, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, incidiu en que o programa servirá, non só para ofrecer á mocidade unha alternativa ao ocio, senón tamén para "desestacionalizar o emprego dos monitores das empresas de multiaventura, que doutro xeito quedaría practicamente limitado aos meses de verán", engadiu.O programa Xuventur, desenvolverase durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño excluída a Semana Santa e inclúe aloxamento en casas de turismo rural, noites do venres e sábado; manutención completa (venres: cea; sábado: almorzo, pic-nic e cea; e domingo: almorzo). Tamén está incluído no programa o transporte das persoas que participan dende o aloxamento ao lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado e do domingo. Así como o programa de actividades, o equipo de monitores e o material preciso para o seu desenvolvemento. No suposto de que faga mal tempo, desenvolveranse actividades alternativas.Hai trece programas diferentes que comprenden actividades como bodyboard e skibus, cabullería, sendeirismo, piragüismo, paintball, tiro con arco, escalada, rutas en btt, rutas dacabalo, orientación, canoas, tiro con arco, visitas guiadas e culturais, descenso en kaiak, surf, padelboard, espeleoloxía, inciación á escalada e rapel, xogo de rol en vivo dramatizado, carreiras de orientación con gps deportivo...106 establecementos en 67 concellosNo programa participan 106 establecementos rurais situados en 67 concellos galegos. As condicións do mesmo foron pactadas en colaboración con 15 asociacións de turismo rural e participan na iniciativa 13 empresas de turismo activo. En total haberá 1.496 prazas dispoñibles e o programa durará 11 fins de semana. Os prezos de aloxamento e máis as actividades son entre un 50 e un 60% máis baratos que si se contratan directamente sen facelo dentro do programa. Co respecto ao número de prazas, Rodeiro destacou que este ano se incrementaron en 500 con respecto ás cifras que se barallaron o ano anterior. ""Conseguimos sumar 50 establecementos máis a este campaña", apuntou. Para participar nas actividades é necesario inscribirse nos teléfonos 981 957 057 ou 881 999 314. Pódese obter información dirixíndose á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na Consellería de Traballo e Benestar. Tamén se pode obter información nos seguintes servizos provinciais: na provincia da Coruña no Servizo de Xuventude, no 11 andar do Edificio Proa de Matogrande; na Oficina Local de Ferrol, no Edificio Administrativo da Praza Camilo José Cela e en Santiago de Compostela no Centro coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Praza do Matadoiro. En Lugo, a información pode obterse no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Ronda da Muralla; en Ourense, no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Avenida da Habana; e en Pontevedra no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Rúa Concepción Arenal e máis na oficina Local da rúa Fernández Ladreda. Así mesmo, pódese obter información sobre o programa na web www.xuventude.net.O número máximo de persoas que poderán participar en cada unha das opcións e fins de semana será determinado pola capacidade das casas de turismo rural, podendo variar entre 22 e 25 prazas. O prezo será de 100 euros por praza e as persoas con carné xove terán un 25% de desconto.A iniciativa de turismo activo Xuventur enmárcase dentro da liña de actuación Turismo para Todos que se inclúe no Plan de Actuacións 2010 de Turgalicia, na que se desenvolveron ata o de agora outros programas como o Outono nas Termas ou Montaña en Familia.Nesta mesma liña de actividades, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten marcha outro programa de aproveitamento natural, chamado "Roteiros", que pon énfase nas actividades de multiaventura, e que se leva a cabo na Costa da Morte, na Ría de Arousa e na Serra do Candán, en Forcarei. Os dous programas suman case 3.000 prazas "para que a mocidade participe do turismo activo e de natureza en Galicia", rematou.

 

Ir atrás    Ir arriba