- All Sections
- content: En portada (24)
- content: Formación (4)
|
Máis de 15.500 peregrinos foron atendidos no Pino ao longo dos meses de maio, xuño e xullo polos voluntarios do programa Xacobeo 2010, que puxo en marcha a Xunta de Galicia este ano con motivo da celebración do Ano Santo. Precisamente, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, visitou hoxe aos participantes desta iniciativa para agradecerlles o labor que están a desenvolver e que non só consiste en ofrecer aos peregrinos a información que precisan en cada momento, senón que, ademais, ofrecen unha programación dinámica e diversa. O Programa Voluntariado Xacobeo 2010 abrangue os distintos aspectos da peregrinación no coidado e atención dos peregrinos, incluíndo, para elo, ata cinco iniciativas diferentes: o voluntariado local, Eu Camiño, o voluntariado da sabedoría, o sanitario e os campos de traballo. No tocante ao voluntariado local, a iniciativa organízase en tres modalidades: o voluntariado informativo, cultural e de servizos, que ofrece basicamente información a través duns puntos fixos situados nos concellos de Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino (do Camiño francés); Tui, A Guarda e Pontevedra (no Camiño portugués); Padrón pola ruta de Arousa; Laza, Ourense, Xunqueira de Ambía e Lalín pola Vía da Prata; Ribadeo e Vilalba do Camiño do Norte; Lugo polo Camiño Primitivo; Mesía polo Camiño inglés; e, por último, Negreira e Fisterra, os concellos representantes do Camiño de Fisterra. O voluntariado de información móbil ao pé do camiño patrulla os tramos das diferentes rutas con funcións informativas, de acompañamento e de asistencia aos peregrinos. ‘Eu Camiño’ é a segunda modalidade da iniciativa ideada por Xuventude para o Xacobeo e a máis novidosa, xa que é a primeira vez en Galicia que voluntarios internacionais forman parte dun Ano Santo, para garantir que os peregrinos atopen atención en diferentes idiomas ao longo do Camiño francés. Os 30 participantes desta iniciativa proceden de 19 países diferentes da Unión Europea (Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía). No mes de outubro, os voluntarios avaliarán e clasificarán o material gráfico que están a recoller para preparar un documental en vídeo, unha exposición fotográfica e unha publicación sobre a súa experiencia no Camiño co obxectivo de difundir nos seus países de orixe. Desta forma, contribuirase a dar a coñecer o fenómeno do Xacobeo por Europa. A terceira das iniciativas que forma parte deste programa específico para o Xacobeo 2010 é o voluntariado da sabedoría na que na actualidade están a participar 120 persoas ao longo do Camiño francés. Os voluntarios son persoas maiores de 65 anos, os máis sabios do lugar, que por este motivo son os encargados de contar aos peregrinos as súas experiencias e vivencias a través de lendas, contos, cantigas e historias que coñezan. O campo de traballo Por último, atópase a modalidade de campos de traballo. Os 20 mozos e moza de Galicia e doutras comunidades autónomas que están a participar no do Pino tamén foron recibidos hoxe por Rodeiro Tato. Trátase dunha iniciativa que ten por obxectivo principal fomentar a interacción entre os participantes, os peregrinos e os veciños da zona. Este proxecto, situado nas últimas etapas Camiño Francés, é un dos campos de traballo que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, organizou por primeira vez este ano como motivo do ano Xacobeo. O campo de traballo, que remata maná, inclúe diversas actividades, entre as que se conta a creación do espectáculo “Ultreiamundi”, un evento de danza-teatro baseado nas vivencias do Camiño de Santiago e de todas as persoas que se achegan a el. Todos os participantes no campo de traballo participan activamente na montaxe, que se representará no pobo. Ademais, os asistentes realizan outros traballos de dinamización, de carácter ambiental ou de información. No que se refire á dinamización, os mozos e mozas están a representar a personaxes míticas da zona, relacionadas co Camiño, e contan aos visitantes quen son e cal é a súa historia. No que se refire ao traballo ambiental, os voluntarios e voluntarias colaboran na limpeza dunha ponte romana e o leito do río que a atravesa. Finalmente, tamén traballan en patrullas de dúas persoas polos tramos do Camiño co fin de informar de posibles incidencias e para ofrecer información aos peregrinos que o demanden sobre aloxamentos, transportes ou servizos médicos. Tamén acompañan aos visitantes e peregrinos en rutas guiadas en bicicleta para coñecer os arredores do Concello. A isto hai que sumarlle as actividades complementarias nas que están a tomar parte os voluntarios e voluntarias, xa propiamente de lecer e tempo libre, como o sendeirismo, saídas en bicicletas, ximkanas, deportes, obradoiros, saídas en piragua, ou excursións a zonas de interese cultural e natural. Se ainda non sabes que facer este verán e queres formar parte dun proxecto de animación sociocultural no Camiño de Santiago, inda están a tempo de anotarte para participar no Campo de Traballo de Animación do Camiño que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza no Concello do Pino, a escasos quince quilómetros de Santiago.Os participantes no campo de traballo informaredes aos peregrinos e visitantes que se acheguen a localidade de O Pino, última etapa do Camiño Francés a Santiago de Compostela, ides realizar rutas guiadas en bicicleta, colaborar na restauración dunha ponte romana e do leito do río que a atravesa así como participar na montaxe do espectáculo Ultreamundi.Ademais, poderedes participar en actividades de lecer, excursións, visitas...A actividade terá lugar en O Pino desde o 17 ao 31 de agosto de 2010 e está destinada a mozos e mozas de 18 a 24 anos de toda España. O prezo son 72 € (54 € con carné xove e 36 con carné de familia numerosa) e inclúe a estadía, as actividades e a manutención. O teléfono de información é o 981 544 838. Podes atopar máis datos aquí.
Anuncio das bases da convocatoria para a cobertura, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de persoal laboral fixo denominada técnico de deportes.No BOP número 118, do 24 de xuño de 2010, saen publicadas as bases corrixidas da convocatoria para cobertura, mediante o sistema de concurso-oposición dunha praza de persoal laboral fixo, denominada técnico de deportes, incluída na oferta de emprego público do Concello de Cee do ano 2010.Características básicas da praza.Denominación: técnico de deportes.Categoría profesional: licenciado.Nº de vacantes: 1.Titulación: licenciado.Sistema de selección: concurso-oposición.Prazo de presentación de documentación: 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE.Informa: DOG do 23 de xullo de 2010.
O persoal dos Centros Espazo Xove e das Oficinas Municipais de Información Xuvenil, composto por máis de 50 profesionais de eidos como psicoloxía, traballo e educación social, participarán nas actividades sobre emancipación xuvenil centradas fundamentalmente no emprego e a vivenda para os xoves. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil a primeira xornada sobre emancipación xuvenil organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se complementará cun curso sobre a mesma materia.
Como relatores desta xornada estarán Guillermo Cortés, coordinador das Oficinas de Emancipación de Castela-León, e Jorge Barros, subdirector xeral de apoio á contratación, emprendedores e traballo autónomo da Dirección Xeral de Promoción do Emprego. Por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo, presentará o Programa Aluga a xefa do servizo, Rita Bernárdez Ferrán, e o programa de emancipación xuvenil correrá a cargo da coordinadora do propio programa, Trinidad Viloutes. Esta xornada forma parte do programa posto en marcha coa creación dos centros de Espazo Xove, cos que se amplían e unifican todos os servizos e recursos destinados á mocidade galega que se prestan nas actuais instalacións dependentes da Xunta, como son as 12 Casas da Xuventude, o Centro LUG e o Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. Con esta iniciativa, na que se investirán máis de dous millóns de euros dende este ano a 2012, poranse a disposición da xuventude oficinas de emancipación diferenciada, onde destacarán as actuacións en materia de vivenda e de traballo. Os asistentes á xornada recibirán unha formación sobre o funcionamento das oficinas de emancipación xuvenil, dos plans e programas de vivenda para a mocidade e das actuacións e recursos cos que conta a Xunta de Galicia en materia de emprego, cumprindo así os obxectivos que tamén se marcan nas medidas incluídas no borrador do Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013. Este borrador está a disposición das entidades e colectivos xuvenís na web www.xuventude.net, para que fagan as súas achegas ata o día 19.Os días 20 e 23 de xullo terá lugar en Santiago de Compostela o “Primeiro Foro Xuvenil da Galeguidade”. Os mozos e mozas galegos procedentes da emigración que están en Galicia durante este mes de Xullo para participar nas actividades organizadas na Campaña de Verán, compartirán coa mocidade da Galicia interior unha xornada de confraternidade, levando acabo múltiples actividades e disertando sobre cuestións de interese común, como a emigración, a identidade, os tópicos e os estereotipos. Os obxectivos deste encontro son o reforzo das relacións entre os fillos dos emigrantes e a mocidade galega en xeral, creando áreas de traballo e xerando espazos de comunicación que reforcen o sentimento de pertenza a unha mesma Galicia ao tempo que, partindo das diferentes realidades nas que viven, procurar solucións comúns a problemas compartidos e que afectan a toda a xuventude. Outro dos obxectivos e fomentar a participación xuvenil a través de proxectos multilaterais coas comunidades galegas do exterior, aproveitando as facilidades creadas polo programa da Dirección Xeral de Xuventude, Iniciativa Xove. Se estás interesado en participar nestes encontros, podes facelo cubrindo a ficha que acompaña a esta dirección e enviándoa á dirección electrónica xuventude@xunta.es Este enderezo de correo-e está protexido de programas autómatas de envío de correo non desexado, polo que precisas activar o JavaScript para velo . As xornadas, que terán lugar na Casa da Xuventude de Santiago (Praza do Matadorio, s/n) comezarán ás once e media da mañá. A esa hora, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibirá ós grupos e fará unha breve presentación sobre os programas “Iniciativa Xove” e “Xuventude en Acción”. Posteriormente, o profesor Miguel Bastos, ofercerá unha charla coloquio sobre a galeguidade e a emigración. Despois terá lugar un coloquio intercultural, onde os participantes se dividirán en varios grupos dunhas 7 persoas, das cales se elixirá un moderador. Tratarán en conxunto distintos temas sobre identidades, estereotipos e tópicos. Ó final, cada un dos moderadores exporá as principais conclusións do seu grupo. Pola tarde e despois do xantar de confraternidade os asistentes participarán nunha xincana polas rúas da zona vella de Compostela.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe a creación desta nova Rede nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. A conselleira sinalou que se adaptará e ampliará a actual rede de centros de xuventude do Goberno galego. Actualmente, hai 12 casas da Xuventude en Noia, Carballo, Betanzos, Pontedeume, Curtis, Viveiro, Vilalba, Chantada, Ourense, Lalín, Vilagarcía e Tui. Ademais, hai un centro coordinador de información xuvenil en Santiago e o centro xuvenil LUG. A esta rede hai que sumar os sete centros Quérote que existen na xeografía galega. Algúns deles están integrados en casas da xuventude, mentres que outros están en espazos independentes, polo que é preciso "conseguir unha homoxeneización", para que se presten os mesmos servizos en todos os centros da rede.'Espazo Xove. Rede Galega de Centros de Xuventude' ampliará todos os servizos destinados á mocidade que actualmente prestan as instalacións dependentes da Xunta, ao tempo que unificará nun mesmo emprazamento todos os recursos dirixidos aos mozos e mozas, para ofrecerlles unha información integral e de utilidade.Para poñer en marcha este proxecto, o Goberno galego investirá ao redor de dous millóns de euros desde este ano a 2012, que financiarán, principalmente, a mellora das infraestruturas, os equipamentos informáticos e os programas de animación.Beatriz Mato contextualizou a posta en marcha desta iniciativa co fin de dar resposta a unha "dobre necesidade". Segundo explicou, é preciso "acometer un cambio profundo" na infraestrutura dos centros de xuventude dependentes da Xunta, tanto "no que se refire ao equipamento como as propias funcións", que hai que adaptar e actualizar ás demandas da mocidade. Neste sentido, lembrou que moitas das instalacións e funcións das actuais Casa da Xuventude datan de hai 20 anos.Así, os centros disporán, segundo concretou a conselleira, dunha oficina territorial da Rede de información xuvenil, na que se ofertarán as accións, servizos e recursos destinados á mocidade. Estas oficinas contarán cunha zona de emancipación diferenciada, onde destacarán as actuacións en materia de vivenda e de traballo.Os centros incluirán tamén "celeiros da creatividade", que serán espazos de promoción da creatividade xuvenil, nos que se incluirán salas de exposición ou zonas para accións formativas. Ademais, nos casos nos que sexa posible, instalarase un local de ensaio musical, como nos casos de Tui e Lalín.As instalacións da Rede disporán da "zona.net", unhas salas dotadas con medios técnicos relacionados coas novas tecnoloxías, ademais dun espazo propio para a formación en Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Os centros de Xuventude contarán tamén cun programa de animación xuvenil, con persoal que se ocupará de promover actividades e actuacións en materia de xuventude, sobre todo aquelas relacionadas coa educación non formal da mocidade.Por último, todos os centros da Rede disporán do espazo Quérote+. Este servizo suporá a ampliación dos actuais centros da rede Quérote, de xeito que ofrecerán orientación en máis eidos que no afectivo-sexual, sen que isto supoña ningunha diminución nos servizos que viñan prestando. Ademais de ampliar a súa temática, este servizo pasará a estar presente en 18 localidades, xa que actualmente está só en 7. Así, as vilas de Noia, Carballo, Betanzos, Pontedeume, Curtis, Viveiro, Vilalba, Chantada, Lalín, Vilagarcía e Tui pasarán a contar con este servizo.De feito, a previsión é que no último trimestre deste ano xa se teñan implantado todos os programas, a excepción dos "zona.net" e dos celeiros da creatividade, xa que a súa execución irá en consonancia coa realización das obras e adaptacións a realizar nos centros.Actualmente, xa se ten comezado a formación complementaria do persoal das casas da xuventude e tamén do persoal dos centros Quérote, co fin de que se especialicen nas novas temáticas que teñen que abordar. Tamén están en fase de valoración as ofertas recibidas para a contratación das obras en Noia, Carballo, Betanzos, Pontedeume, Curtis e Lalín, unha mellora das infraestruturas ás que se irán sumando o resto dos centros nos próximos exercicios.Hai que destacar que o cadro de persoal que traballa actualmente en todos estes centros é de 51 persoas, de distintas especialidades, como psicólogos, traballadores sociais, ou educadores sociais. Todos os profesionais prestan servizos tanto en materia de ocio e lecer ou formación; así como en orientación, información e derivación das problemáticas xuvenís aos servizos profesionais e especializados nos mesmos, como nos casos de problemas relacionados directamente coa saúde.En definitiva, Mato sinalou que esta Rede trata de cumprir varios obxectivos: facer máis visibles as políticas en materia de xuventude e máis accesibles os recursos para a mocidade; traballar a creatividade, as novas tecnoloxías e a participación xuvenil; converter os actuais centros Quérote nun servizo de asesoramento integral; e dinamizar todas as medidas incluídas no Plan estratéxico de Xuventude 2010-2013.
O Carné Xove da Dirección Xeral de Xuventude colabora por primeiro ano coa Xira Galega de Karting, unha iniciativa que pretende achegar o deporte do automobilismo a 9 cidades e vilas de toda Galicia. Se queres emular aos teus ídolos da Fórmula 1, esta pode ser unha boa oportunidade.Calendario:Ferrol, do 10 ao 13 de xuñoNegreira, do 17 ao 20 de xuñoOurense, do 24 ao 27 de xuñoA Coruña, do 1 ao 4 de xulloVilagarcía, do 8 ao 11 de xulloVigo, do 15 ao 18 de xulloA Xira Galega de Karting está composta por dúas categorías de karts, para nenos e adultos. As voltas son todas cronometradas. Os horarios para grupos escolares son de 10 a 14 horas os xoves e venres. Para o público en xeral esta actividade está aberta polas mañás o sábado e o domingo de 12 a 14 horas e polas tardes o xoves e o domingo de 17 a 22:30 horas e o venres e sábado de 17 a 0 horas.Poden participar nenos maiores de 8 anos e cunha estatura superior a 1:30m. e adultos. As tarifas ordinarias son de 10 euros por sesión, e os posuidores do Carné Xoven terán un desconto do 30%.
Mañá dará comenzo o Curso de Mantemento de Redes Informáticas que se celebrará no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, que ten como obxectivo familiarizarse dende un formato práctico no hadware dos ordenadores.
Todos os afeccionados que queiran dar a coñecer Galicia a través das súas fotografías poderán participar, ata o 15 de xuño, no concurso Galicia... como a ves?, organizado por Turgalicia. As fotografías gañadoras neste certame servirán de referencia para a realización da creatividade dunha campaña turística que se desenvolverá entre os meses de xullo e agosto para promocionar o destino turístico de forma xeral entre os visitantes que se acheguen a Galicia, co obxectivo de convidalos a descubrir o territorio galego.No concurso establécense catro categorías e catro gañadores: mellor fotografía de costa; mellor fotografía de contorno urbano; mellor fotografía do interior de Galicia; e mellor fotografía de patrimonio cultural galego. Cada concursante poderá enviar un máximo de tres fotografías, a través dun arquivo dixital e con boa resolución, para cada unha das categorías, ata un máximo de doce imaxes, aínda que non é necesario participar en todas as seccións.PremiosOs catro gañadores ademais de ver a súa imaxe referenciada nunha campaña de promoción turística, poderán gozar dunha semana para dúas persoas, en réxime de media pensión, no establecemento que elixan de Galicia, con data límite a 31 de decembro de 2010.O xurado estará constituído por profesionais e valorará as características técnicas así como a creatividade dos traballos e o aspecto artístico-fotográfico. As fotos deben enviarse nos formatos: GIF, JPG ou JPEG. Se se envía máis dunha foto debe facerse nun ZIP ou RAR. As imaxes deben enviarse a través do sitio web www.galiciacomolaves.com onde tamén se poden descargar as bases e toda a información do concurso. Así mesmo, tamén se poden enviar os datos e imaxes a concurso@galiciacomolaves.com co asunto: Concurso Fotográfico 2010.
O Carné Xove da Dirección Xeral de Xuventude colabora por primeiro ano coa Xira Galega de Karting, unha iniciativa que pretende achegar o deporte do automobilismo a 9 cidades e vilas de toda Galicia. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro e o concelleiro de Deportes de Santiago, Bernardino Rama, acompañados por membros da organización e patrocinadores presentaron na capital galega esta actividade, na que participaron en 2009 máis de 50.000 persoas. Se queres emular aos teus ídolos da Fórmula 1, esta pode ser unha boa oportunidadeA Xira Galega de Karting está composta por dúas categorías de karts, para nenos e adultos. As voltas son todas cronometradas. Os horarios para grupos escolares son de 10 a 14 horas os xoves e venres. Para o público en xeral esta actividade está aberta polas mañás o sábado e o domingo de 12 a 14 horas e polas tardes o xoves e o domingo de 17 a 22:30 horas e o venres e sábado de 17 a 0 horas.Poden participar nenos maiores de 8 anos e cunha estatura superior a 1:30m. e adultos. As tarifas ordinarias son de 10 euros por sesión, e os posuidores do Carné Xoven terán un desconto do 30%.
A Xira Galega de Karting terá os seguintes destinos:
Santiago, do 2o ao 23 de maio
Carballo, do 27 ao 30 de maio
Ortigueira, do 3 ao 6 de xuño
Ferrol, do 10 ao 13 de xuño
Negreira, do 17 ao 20 de xuño
Ourense, do 24 ao 27 de xuño
A Coruña, do 1 ao 4 de xullo
Vilagarcía, do 8 ao 11 de xullo
Vigo, do 15 ao 18 de xullo
A Consellería de Traballo e Benestar entende que para lograr unha verdadeira participación da xuventude nos diferentes ámbitos da sociedade actual é fundamental promover actuacións e canles dirixidas a garantir o acceso a unha información ampla e actualizada dirixida á xuventude e facilitar o acceso da mocidade na utilización das novas tecnoloxías, prestándolles apoio ás accións que neste sentido emprendan os concellos dentro da súa competencia e ámbito territorial.Igualmente, considérase necesario apoiar os concellos nas actuacións que leven a cabo no campo da potenciación do asociacionismo xuvenil e a utilización adecuada do tempo de lecer así como actividades cun claro compoñente formativo.Mais Información: Anexo en documento o DOG do 5 de maio de 2010
Os equipos dos 8 Institutos finalistas participarán o vindeiro 24 de abril en sede parlamentar na Fase Final de Parlamento Xove, unha competición organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na que os equipos inscritos escribiron e investigaron acerca da pregunta proposta: "O emprego das redes sociais e novas formas de comunicación entre os adolescentes, une ou separa?".Na Fase Preliminar, os centros educativos realizaron dous artigos de opinión (un favorable e outro contrario ó uso das redes sociais) e un dossier de investigación; a suma das puntuacións obtidas nestes traballos, clasifican aos oito mellores para a Fase Final.Ao longo desta última semana, o equipo de xuíces avaliou os traballos entregados. Os equipos que recibiron as mellores puntuacións e que, por conseguinte, pasan á Fase Final de debates, son:
IES David Buján, Cambre
IES Menéndez Pidal, A Coruña
IES A Pinguela II, Monforte de Lemos
Colexio SEK Atlántico, Pontevedra
Colexio La Salle, Santiago
IES Rosalía de Castro, Santiago
IES A Xunqueira I, Pontevedra
IES Laxeiro I, Lalín
Igualmente, Ana Sánchez Vázquez, alumna do IES A Pinguela de Monforte de Lemos, obtivo o premio ao Mellor Artigo co texto que leva por título "Uso, non abuso".Os membros do xurado transmitiron a calidade xeralizada dos traballos presentados, nos que "se puido albiscar un alto nivel de implicación nun tema que está en boca de profesorado, profesionais da pedagoxía, país, etc., pero que fundamentalmente é a xuventude quen o vive en primeira persoa."
A conselleira de Traballo e Benestare o conselleiro de Cultura e Turismo participaron en Santiago no acto de benvida. Os participantes realizarán durante o mes de abril un curso de formación, que inclúe o percorrido dun tramo do Camiño. A súa experiencia durará sete meses, polo que rematará en outubro. Os voluntarios, de entre 18 e 30 anos, proveñen de 18 países europeos distintos.A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o titular de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiron hoxe aos 30 voluntarios europeos que desenvolverán, ao longo dos próximos sete meses, tarefas de apoio, información e acollida aos peregrinos ao longo do Camiño de Santiago.No acto, que tivo lugar en Santiago de Compostela, tamén participaron o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o xerente da S.A de xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos.Durante a súa intervención, a conselleira agradeceu a todos os voluntarios a súa participación e sinalou que tanto eles, como o resto de voluntarios que participan no Camiño, "repetirán a vocación solidaria dos seus devanceiros, que fixeron o mesmo ao longo do tempo: axudar, compartir, facer camiño". Ademais, Mato explicou que a Xunta está xa a impulsar e continuará fomentando a solidariedade a acción voluntaria.Pola súa banda, Varela destacou que a presenza dos voluntarios "contribuirá a mellorar a asistencia ao peregrino" e dará así "continuidade á milenaria tradición xacobea, feita de contacto intercultural e enriquecemento mutuo". Este "enorme capital humano" permitirá, segundo sinalou, "seguir facendo da calidade humana e a atención personalizada os elementos diferenciais de Galicia como destino espiritual cultural e turístico neste Ano Santo".O proxecto "Eu Camiño" é de carácter europeo, enmarcado no programa Xuventude en Acción, que dotará ao Camiño por primeira vez dun voluntariado internacional, que garantirá aos peregrinos a atención en distintas linguas da Unión Europea.Os 30 participantes que se incorporan oficialmente hoxe ao proxecto proceden dun total de 18 países: Alemaña (2 voluntarios), Austria (1), Bélxica (1), Estonia (2), Francia (1), Grecia (2), Holanda (1), Hungría (2), Italia (4), Letonia (2), Lituania (2), Luxemburgo (1), Noruega (1), Malta (1), Polonia (1), Portugal (1), Reino Unido (3) e Romanía (2).Todos os voluntarios europeos _de entre 18 e 30 anos- participarán durante o mes de abril nun curso de formación que terá lugar en Santiago de Compostela, e que incluirá formación lingüística e formación técnica relacionada co Camiño de Santiago e coas actividades que van a desenvolver, así como sobre o propio programa de Xuventude en Acción.Ademais, durante o período de formación, os participantes realizarán o tramo do Camiño de Santiago que une O Cebreiro con Santiago de Compostela. Neste sentido, Mato sinalou que só a través desta experiencia os voluntarios poderán saber que o Camiño "é moito máis que un reto físico, que transcende o relixioso e engrandece o espírito".Unha vez que teñan rematada a súa formación, os 30 voluntarios distribuíranse ao longo do Camiño francés, nos principais puntos de afluencia de peregrinos. En concreto, colaborarán nos albergues de O Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago.Desde este momento, os participantes europeos desenvolverán distintas tarefas. Deste xeito, apoiarán a acollida de peregrinos nos albergues, axudando aos hospitaleiros na súa recepción e distribución; realizarán un servizo de información sobre o Camiño de Santiago, tanto de forma directa aos peregrinos como de xeito indirecto (edición de folletos en distintas linguas); e colaborarán en actividades de difusión do Camiño de Santiago, dando a coñecer os outros trazados e recollendo datos e materiais para logo difundir o Camiño nas súas localidades de orixe.Ademais, ocuparanse de desenvolver actividades interculturais, nas que poidan falar dos seus países de orixe á xente das súas comunidades, a través de presentacións, documentais, películas ou obradoiros. Tamén se encargarán de difundir o programa de Xuventude en Acción entre os peregrinos e entres os mozos e mozas das súas localidades de acollida.Así, co paso do tempo, os voluntarios levarán a cabo un proxecto persoal de acordo coas súas preferencias, capacidades e habilidades.É preciso lembrar que os voluntarios terán un coordinador local que lles proporcionará toda a información e asesoramento que precisen, e ademais contarán cun titor de apoio persoal. A isto hai que sumar as xuntanzas periódicas que se realizarán para comparar e avaliar a marcha das actividades.Finalmente, no mes de outubro, realizarase en Santiago unha avaliación final do proxecto e elaborarase o material recollido polos voluntarios (fotografías, vídeos, anécdotas, entrevistas...) co fin de que sirvan de promoción do Camiño de Santiago nos seus países de orixe.
Durante catro semanas poderemos asistir ás Xornadas de Arte Urbana, unha das accións que ofrece o MUAU no Forum Metropolitano da Coruña. Todos os xoves de abril teremos ocasión de acudir ás charlas-coloquios nas que participarán artistas, escritores, profesores, activistas do desenvolvemento social, entre outros. E todos os venres e sábados o MUAU danos a oportunidade de intervir en obradoiros guiados tamén por eses participantes. Falamos de Henry Chalfant, Jordi Rubio, Eltono, Fragil, Jesús Pedro Lorente, Marco Marchioni, El niño de las pinturas, Nano4814, Xabier Ballaz, Mª Natividad Bermejo, Estudio Alavista e Javier Abarca.As charlas-coloquio teñen entrada libre pero para asistir aos obradoiros hai que inscribirse, xa que hai un número limitado de prazasRepresentan a oportunidade de xuntarnos, de coñecernos, de falarmos da arte pola arte, do que nos ilusiona e nos alimenta. Xuntarémonos fotógrafos, escritores, profesores, pintores profesionais e afeccionados, emprendedores, teóricos, soñadores, mentes inquedas que entenden a arte como algo fundamental nas súas vidas.Será un foro de formación único, no que poderemos traballar aspectos teóricos, políticos e sociais da arte urbana e/ou crear en obradoiros, cun equipo especial de invitados.Bloque 108.04.10
Charla _ coloquio: "Graffiti: historia, evolución e futuro".
Henry Chalfant (USA) | Fotógrafo, historiador.
Jordi Rubio (España) |Fundador de Montana Colors.
Eltono (Francia) | Artista.
09 - 10.04.10
Obradoiro: "Introdución ao stencil".
Frágil (España) | Artista.
Bloque 215.04.09
Charla _ coloquio: "A arte na rúa como rexenerador social".
Jesús Pedro Lorente (España) | Profesor Universida de Zaragoza.
El niño de las pinturas (España) | Artista.
Marco Marchioni (Italia) | Experto en desenvolvemento comunitario.
16 _ 17.04.1
Obradoiro: "A escala: do bosquexo ao muro".
El niño de las pinturas (España).
Bloque 322.04.10
Charla _ coloquio: "Ética e creación artística".
Nano4814 (España) | Artista.
Xabier Ballaz (España) | Colectivo Difusor
María Natividad Bermejo Arrieta (España) | Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
23 _ 24.04.10
Obradoiro: "O realismo no graffiti".
Estudio Alavista (España).
Bloque 429.04.10
Conferencia: "A intervención urbana".
Javier Abarca (España) | Profesor Universidad Complutense de Madrid.
30.04.10 _ 01.05.10
Obradoiro: "Diálogo con A Coruña".
Javier Abarca (España) | Profesor Universidad Complutense de Madrid.
Resolución do 26 de febreiro de 2010 polaque se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 11 de xuño de 2009, pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas a entidades locais de Galicia para a realización de actividades dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2009, e se procede á súa convocatoria.De conformidade co disposto no artigo 15.1º daInforma: DOG do 25 de marzo de 2010.
O Encontro galego de Música Xove celebrouse o pasado sábado 6 de marzo no IES Rosalía de Castro, despois do seu aplazamento a causa do temporal. Os encargados de inaugurar o evento foron Ovidio Rodeiro, Director de Xuventude e Voluntariado, e Ignacio Santos, Director Xerente da SA Xestión do Plan Xacobeo. A rapeira Aíd, que recentemente foi portada do iTunes en Estados Unidos e Latinoamérica, participou de xeito activo neste evento e foi a encargada de presentar aos músicos noveis e semiprofesionais durante a inauguración do acto.Durante a presentación oficial, os centos de rapaces que asistiron a este evento tiveron a oportunidade de presentar a súa música diante de todos os asistentes. Este momento serviu como espazo de encontro e coñecemento, para que os grupos noveis atoparan novos músicos e se deran a coñecer ante todos. Ao longo do día, os asistentes participaron en obradoiros e masterclasses , e pola tarde sucedéronse os showcases (concertos de pequeno formato). En resumo, un encontro que foi moi desfrutado por todos no que houbo espazo para a diversión, pero tamén para a aprendizaxe.Os encargados de abrir a charla coloquio foron Eva Perales, Directora do selo discográfico Blu Sens music, Ovidio Rodeiro, Director Xeral de Xuventude, Salva Rouco, da cadena SER Vigo, Xose Manuel Rodríguez Abella, técnico de Xuventude, e Fran Pérez "Naf", músico. Esta mesa redonda serviu como espazo de intercambio de experiencias e opinións entre os músicos e os poñentes.Eva Perales foi a encargada de abrir o coloquio cun potente discurso acerca da industria discográfica. Creou controversia entre os asistentes afirmando que as institucións non eran as responsables do fracaso dos músicos, xa que "non teñen a responsabilidade de financialos, non máis que unha empresa privada ou os propios pais do artista". O seu obxectivo con estas palabras era facer pensar aos novos músicos presentes, e crear debate. Afirmou que ser músico non era " a profesión chollo", e que ningún músico podía "culpar do seu fracaso a ninguén máis que a sí mesmo".Ao longo desta mesa redonda, os asistentes recurriron ás palabras de Eva para reafirmar os seus discursos. Fran "Naf", que participou no proxecto "rock parrulo" da Sala Nasa, explicou a súa experiencia como músico profesional, recalcou a importancia de todo o "traballo que está por detrás da pura música" e enfatizou a importancia de buscar unha "identidade musical".As distintas visións dos poñentes conseguiron que se aunaran os mundos do artista e os organismos oficiais. Rodríguez Abella falou dende o punto de vista das institucións públicas, e da "súa obriga a dar subvencións aos músicos novos". Recalcou a importancia do papel da Dirección Xeral de Xuventude á hora de traballar cos mozos e impulsar este tipo de iniciativas musicais. Ao respecto, Ovidio Rodeiro, recordou que a Dirección Xeral de Xuventude conta cos medios necesarios para axudar ao sector, e anunciou a apertura próxima de sete locais de ensaio en Vigo, para a mellora dos grupos galegos apuntados á iniciativa.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, e mais a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López presentaron hoxe o programa Xuventur, organizado pola Xunta de Galicia para promover o turismo rural entre a mocidade galega. A iniciativa terá lugar nas fins de semana dos meses de abril, maio e xuño e nela poderán participar todas aquelas persoas que teñan entre 18 e 35 anos.O director xeral de Xuventude e Voluntariado e mais a secretaria xeral para o Turismo presentaron hoxe en Santiago o programa Xuventur. Turismo rural para a mocidade galega.Esta iniciativa, desenvolvida coa colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e mais a Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, vai dirixida aos mozos e mozas de entre 18 e 35 anos. Xuventur facilitará que os participantes nesta iniciativa poidan coñecer a xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto. Así mesmo, proporciona á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo activo e do turismo rural de Galicia e promove a educación ambiental e o ocio saudable.A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, explicou que entre os obxectivos desta iniciativa está o de "intentar compensar en momentos de baixa ocupación e tamén incrementar a porcentaxe de turistas galegos en Galicia". "É importante transmitir co boca a boca que somos un destino turístico de excelencia", matizou. Pola súa banda, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, incidiu en que o programa servirá, non só para ofrecer á mocidade unha alternativa ao ocio, senón tamén para "desestacionalizar o emprego dos monitores das empresas de multiaventura, que doutro xeito quedaría practicamente limitado aos meses de verán", engadiu.O programa Xuventur, desenvolverase durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño excluída a Semana Santa e inclúe aloxamento en casas de turismo rural, noites do venres e sábado; manutención completa (venres: cea; sábado: almorzo, pic-nic e cea; e domingo: almorzo). Tamén está incluído no programa o transporte das persoas que participan dende o aloxamento ao lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado e do domingo. Así como o programa de actividades, o equipo de monitores e o material preciso para o seu desenvolvemento. No suposto de que faga mal tempo, desenvolveranse actividades alternativas.Hai trece programas diferentes que comprenden actividades como bodyboard e skibus, cabullería, sendeirismo, piragüismo, paintball, tiro con arco, escalada, rutas en btt, rutas dacabalo, orientación, canoas, tiro con arco, visitas guiadas e culturais, descenso en kaiak, surf, padelboard, espeleoloxía, inciación á escalada e rapel, xogo de rol en vivo dramatizado, carreiras de orientación con gps deportivo...106 establecementos en 67 concellosNo programa participan 106 establecementos rurais situados en 67 concellos galegos. As condicións do mesmo foron pactadas en colaboración con 15 asociacións de turismo rural e participan na iniciativa 13 empresas de turismo activo. En total haberá 1.496 prazas dispoñibles e o programa durará 11 fins de semana. Os prezos de aloxamento e máis as actividades son entre un 50 e un 60% máis baratos que si se contratan directamente sen facelo dentro do programa. Co respecto ao número de prazas, Rodeiro destacou que este ano se incrementaron en 500 con respecto ás cifras que se barallaron o ano anterior. ""Conseguimos sumar 50 establecementos máis a este campaña", apuntou.
Para participar nas actividades é necesario inscribirse nos teléfonos 981 957 057 ou 881 999 314. Pódese obter información dirixíndose á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na Consellería de Traballo e Benestar. Tamén se pode obter información nos seguintes servizos provinciais: na provincia da Coruña no Servizo de Xuventude, no 11 andar do Edificio Proa de Matogrande; na Oficina Local de Ferrol, no Edificio Administrativo da Praza Camilo José Cela e en Santiago de Compostela no Centro coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Praza do Matadoiro. En Lugo, a información pode obterse no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Ronda da Muralla; en Ourense, no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Avenida da Habana; e en Pontevedra no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Rúa Concepción Arenal e máis na oficina Local da rúa Fernández Ladreda. Así mesmo, pódese obter información sobre o programa na web www.xuventude.net.O número máximo de persoas que poderán participar en cada unha das opcións e fins de semana será determinado pola capacidade das casas de turismo rural, podendo variar entre 22 e 25 prazas. O prezo será de 100 euros por praza e as persoas con carné xove terán un 25% de desconto.A iniciativa de turismo activo Xuventur enmárcase dentro da liña de actuación Turismo para Todos que se inclúe no Plan de Actuacións 2010 de Turgalicia, na que se desenvolveron ata o de agora outros programas como o Outono nas Termas ou Montaña en Familia.Nesta mesma liña de actividades, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten marcha outro programa de aproveitamento natural, chamado "Roteiros", que pon énfase nas actividades de multiaventura, e que se leva a cabo na Costa da Morte, na Ría de Arousa e na Serra do Candán, en Forcarei. Os dous programas suman case 3.000 prazas "para que a mocidade participe do turismo activo e de natureza en Galicia", rematou.
A Asociación Xuvenil Ronsel, propia do Colexio Maior Universitario San Agustín, xunto ca Residencia Universitaria "Barroso", organizou na Praza das Praterías de Santiago unha concentración solidaria de apoio ás vítimas do terremoto que devastou Haití, ao que asistiron máis de medio cento de mozos e mozas.Ademais de Ronsel e Barroso, sumáronse a esta iniciativa as asociacións xuvenís Luenda, Tiraboleiros e Xuventude Atlántica. Tamén estivo presente o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.No decurso da concentración foi lido un manifesto por parte de José Martínez e de Marcos Bustabad, que pola súa interese reproducimos adxunto.
Curso de Director/a de Tiempo Libre:Comenzo, o 27 de Febreiro en Santiago de Compostela.A duración deste curso é de 150 horas teóricas e 150 horas de prácticas. A parte teórica levarase a cabo en fins de semana, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.Curso de Monitor de Tiempo LibreComenzo o 13 de Marzo en Santiago de Compostela.A duración deste curso é de 200 horas teóricas e 150 horas de prácticas. A parte teórica levarase a cabo en fins de semana, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.Para máis información, no telefono 981 _ 52 24 26 ou por correo electrónico a info@fesan.org
A dirección xeral de Xuventude e Voluntariado organiza o vindeiro 20 de febreiro o I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea. Esta iniciativa pretende ser un espezo de intercambio de experiencias entre os participantes implicados nos distintos programas de mobilidade europeos: Xuventude en Acción e Lonardo da VinciEsta prevista a participación de mozos e mozas galegos que realizar proxectos en diferentes países, así como tamén da xuventude estranxeira que está participando en diversos proxectos en Galicia. O encontro está aberto tanto a asociacións e colectivos xuvenís como a mozos e mozas individuais interesados en coñecer de preto as experiencias de mobilidade.O I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea terá lugar o 20 de febreiro na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Os interesados en asistir poderán anotarse enviando un correo electrónico antes do 12 de febreiro á dirección xuventude@xunta.es indicando os datos persoais e as preferencias para participar nos obradoiros do Encontro, tal e como se indica no tríptico oficial, que debes baixar ao final desta nova.
|
|
|


Novas e anuncios