Inicio Novas e anuncios
Search
Search Keyword: Total 14 results found.
Tag: Outros cursos Ordering

A asociación cultural Integra pon en marcha 10 becas para personas italianas entre 18 e 30 anos, que estén residindo en España e que estén interesadas en facer un curso de italiano en Italia.O obxectivo é a mellora do currículo da persoa participante.Bases, información e solicitudes da convocatoria nos documentos anexos e  info@integra.org.es

Bases

Convocatoria

Solicitude

Autorización

Un total de 10 cursos de posgrao que organizarán as universidades galegas e entidades vinculadas a elas serán financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar, unha iniciativa coa que se formará a un total de 150 alumnos, prioritariamente desempregados que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.

A subvención, de 240.000 euros, concedeuse ao abeiro da orde pola que se convocaron axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas.

A formación que se impartirá será gratuíta para a totalidade do alumnado que participe nos cursos. As entidades que organicen os cursos so poderán cobrar os dereitos de matrícula. Ademais, os alumnos poderán ter dereito a percibir os gastos de desprazamento, cunha axuda de 7 euros por día lectivo de asistencia ao curso.

Así, a Universidade de Ourense porá en marcha un curso de posgrao de técnico en enoturismo de 260 horas co que se pretende potenciar o desenvolvemento enoturístico de Galicia en cinco denominacións de orixe (Ribeiro, Valdeorras, Monterrey, Ribeira Sacra e Rías Baixas). Tamén desenvolverá un curso de técnico en comunicación empresarial de 170 horas, que está dirixido a mellorar as habilidades comunicativas no ámbito empresarial.

Pola súa banda, a Universidade de Vigo, no campus de Ourense, realizará un curso de formación en educación ambiental de 200 horas, como complemento formativo ás diplomaturas de Traballo Social, Educación Social, Psicopedagoxía e Maxisterio. A finalidade é formar persoal cualificado para o desempeño de postos laborais en aulas da natureza, centros de interpretación do medio, granxas escolas e guías da natureza.

No campus vigués, na Escola de Enxeñeiros Industriais, terán lugar tres accións formativas: de proceso de deseño de cuños, de innovación e desenvolvemento de equipos industriais e procesos de deseño de moldes de inxección. Cada unha das iniciativas terá unha duración de 200 horas, das que 150 serán de teleformación.

A finalidade é atender a demanda do ámbito industrial de técnicos de produción cunha formación cada vez máis especializada nas tecnoloxías de deseño e fabricación de moldes de inxección, así como no desenvolvemento de novos produtos e fabricación mecánica.

Na Facultade de Ciencias do Mar, do campus de Vigo, impartirase un curso de sistema de recirculación mariña e outro sobre cultivos auxiliares nunha Hatchery de Peixes Planos. Cada un deles, terá unha duración de 200 horas, das que 150 serán de teleformación, Con estas iniciativas aumentarase a posibilidade de contratación dos alumnos en empresas do sector pesqueiro con carencia de técnicos especializados na tecnoloxía de recirculación mariña, así como incrementar as posibilidades de inserción laboral no sector da acuicultura.

Por último, a Fundación Universidade da Coruña porá en marcha un curso de habilidades directivas para mellorar a inserción laboral dos universitarios e outro de orientador ocupacional para afondar na capacitación profesional dos posgraduados para o exercicio de tarefas propias do perfil laboral de técnico de emprego ou técnico en orientación ocupacional.

Cada un destas accións terá unha duración de 160 horas, das que 60 serán de teleformación.

Seminario Voluntariado, un escalón para a empleabilidade de mozos e mozas.

Na páxina de Salto xa está dispoñible a inscripción on-line, do curso “SVE, un escalón hacia la empleabilidad de los jóvenes” (en inglés:  Volunteering a step for employability), que se celebrará no CEULAJ (Mollina), do 3 ao 7 de novembro.

Os participantes serán 10 franceses, 10 participantes de países do norte de África de fala francesa e 10 españois.

Os idiomas serán francés e español.

A solicitude pódese cubrir en inglés.

A data límite é o  8 de setembro.

A solicitude debe enviarse tamén a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado  galeuropa@xunta.es

Mais información no teléfono 881 999 567,  no anexos e na páxina web:   www.salto-youth.net/rc/euromed/tceuromed/tceuromed2010

Un paso hacia la empleabilidad (español)

Un paso hacia la empleabilidad (Inglés)

Curso práctico de inglés para  personas relacionadas co programa Xuventude en Acción.

 Está aberta a convovatoria do curso de inglés “removing Linguistic Barriers”, que se vai a celebrar en San Rafael (Segovia), do 6 ao 12 de novembro.

A data límite de solicitudes é o 17 de setembro.

O solicitantes deben ter un nivel mínimo de inglés (1 ó 2 da clasificación europea), porque non é un curso de iniciación.

O obxectivo é  incrementar coñecementos de inglés sobre vocabulario do propio Programa Xuventude en Acción.

Lembrade que as solicitudes deben enviarse primeiro á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado:  galeuropa@xunta.es

 Mais información e solicitude, nos anexos ou no teléfono 881 999 567

PROGRAMA  

OBXECTIVOS

SOLICITUDE

 

Curso a distancia de "Emancipación xuvenil" (gratuíto )

Organiza: Espazo Xove. Rede de centros de xuventude de Carballo,  dependente da Dirección xeral de xuventude e Voluntariado.Duración: 50 horas.( de 20 de agosto a 30 de setembro de 2010) Modalidade a distancia Nº de prazas: 30 prazas Destinatarios: O curso está dirixido principalmente a aqueles mozos e mozas menores de 30 anos de idade, interesados en adquirir coñecementos a cerca da vivenda e emprego para a mocidade asi como habilidades de cara a emancipación xuvenil. Terán prioridade na admisión do curso os titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e formación pofesional en TASOC. Prazo de inscrición: ata o 16 de agosto Lugar de inscripción: Espazo Xove da Rede de centros de xuventude de Carballo (Casa da Xuventude).Teléfono: 981 701410 rúa Valle Inclán, 24. 15100 CARBALLO (A Coruña)

CURSO DE VERÁN Emancipación xuvenil e orientación laboral  (gratuíto ) Organiza: Espazo Xove. Rede de centros de xuventude de Noia, dependente da Dirección xeral de xuventude e Voluntariado.-50 horas de duración( de 9 de agosto a 30 de setembro de 2010) -Modalidade a distancia -30 prazas máximo. -Dirixido a aqueles mozos e mozas menores de 30 anos de idade interesados en adquirir coñecementos a cerca da vivenda e emprego para a mocidade asi como habilidades de cara a emancipación xuvenil. Terán prioridade na admisión do curso os titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e formación pofesional en TASOC. -Prazo de inscrición: ata o 6 de agosto
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai ofertar o vindeiro curso sete novos títulos de Formación Profesional, todos eles adaptados á Lei das Cualificacións e Formación profesional. Estas titulacións darán resposta ás necesidades de cualificación dos sectores produtivos e de servizos galegos, o que favorece unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura: Produción Agroecolóxica; Produción Agropecuaria; Instalacións de Telecomunicación; Deseño e fabricación Mecánica; Viaxes e Xestión de Eventos; Administración de Sistemas Informáticos en Rede; Guía, información e asistencias turísticas.Os títulos de técnico en Produción Agroecolóxica, e de técnico en Produción Agropecuaria, ambos os dous de nova creación. Este último refunde os ciclos de Explotacións agrarias Extensivas, Explotacións Agrícolas Intensivas e Explotacións gandeiras, co fin de conseguir un currículo adaptado ás demandas profesionais do sector.Da mesma forma, para dar resposta ás necesidades do sector da lousa, pasa a impartirse no CIFP de Someso (A Coruña) formación en Cubrición de edificios: lousas. Así mesmo, o título de técnico en Instalacións de Telecomunicación, adaptado aos perfís profesionais que demandan na actualidade as empresas do sector, pasa a substituír ao ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo. O ciclo medio que se imparte na actualidade ten un perfil profesional orientado a unha competencia xeral de instalar e manter equipos electrónicos de consumo, de son e imaxe, microinformáticos e terminais de telecomunicación, que pola evolución do sector que se deu nos derradeiros 15 anos non está a ser demandado en toda a súa extensión, obrigando aos titulados a realizar unha nova formación de cara a cubrir as necesidades do mercado de traballo coas cualificacións que este require.Así, este ciclo nace como unha titulación moi demandada, coa que o sistema educativo galego vai poder preparar ao alumnado en competencias tales como montaxe e mantemento, de infraestruturas de telecomunicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e de datos, sonorización e megafonía, instalacións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.Por outra banda, incorpóranse á oferta formativa outras catro titulacións que pasan a substituír a outras actualmente vixentes, para dar aos estudantes unha formación actualizada e axeitada ao mercado de traballo dos nosos días. Deste xeito implantaranse os títulos de técnico superior en Deseño e fabricación Mecánica, Viaxes e Xestión de Eventos, Administración de Sistemas Informáticos en Rede e Guía, información e asistencias turísticas. Todos estes ciclos incluirán un módulo de formación en centros de traballo que posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización de prácticas en situacións reais de traballo, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. Ademais, pasan das 1.400 horas a ter unha duración de 2.000, co que se consigue unha formación aínda máis completa.Por outra banda, e atendendo á crecente demanda por parte dos estudantes, volve a implantarse no IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos, (Lugo), o ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.Ademais dos de nova creación e novas implantacións, a Consellería de Educación vén de ampliar a oferta en varios ciclos formativos. O caso máis significativo é o da implantación no IES de Vilamarín (Ourense) do ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos, uns estudos que ata o momento só se estaban a impartir en Santiago de Compostela. Grazas á residencia para estudantes coa que conta este centro, alumnas e alumnos de toda Galicia poderán realizar estes estudos no instituto ourensán.É tamén de especial importancia para o sector o ciclos superior de Química Industrial, que comezará a impartirse o vindeiro curso no IES Marqués de Sargadelos, de Cervo (Lugo), coa colaboración da empresa Alcoa.Ademais, haberá ata seis ampliacións de oferta modular en ciclos formativos para adultos de diferentes ramas profesionais, coa finalidade de atender as demandas de inscrición.En total o vindeiro curso ofertaranse en centros públicos 648 ciclos, 339 de grao medio, e 309 de grao superior; e 148 para adultos, dos que 73 son de grao medio e 75 de grao superior.Isto é posible grazas, segundo explicou o director xeral de Educación ao proceso de reforma e modernización da FP que está a desenvolver a Consellería de Educación, polo que ata o momento se adaptaron 20 ciclos formativos nesta lexislatura e se harmonizou con eles outros 6 xa modificados polo goberno anterior. Na actualidade, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa está a traballar sobre oito novos currículos cos que mellorar a oferta e poñer en valor estes estudos, e situar Galicia entre as primeiras comunidades autónomas en ter adaptado todos os títulos autorizados polo Ministerio de Educación. Esta estratexia compleméntase coa próxima aprobación dun novo decreto que regulará a formación profesional, introducindo nos ciclos formativos as linguas estranxeiras e que recolle promover o espírito emprendedor entre os estudantes, nos que se desenvolverá ademais unha identidade profesional que os leve a interesarse por unha aprendizaxe continua, adaptándose á evolución dos procesos produtivos e ao cambio social.Así mesmo, a Consellería de Educación está a promover a figura dos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP), que imparten oferta de Formación Profesional Ocupacional e Formación Profesional Continua.
Un total de 20 mozos e mozas procedentes de Hungría, Italia, Bulgaria, Francia, Portugal, Grecia y Galicia están a participar estes días no seminario Asociacionismo xuvenil: motivación e participación, unha iniciativa europea que a Consellería de Traballo e Benestar coordina na Comunidade autónoma e que organiza a asociación xuvenil Vrenza de Teo.O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe en Santiago aos participantes do encontro, que ten por obxectivo coñecer e dar a coñecer cal é a participación da mocidade dos diferentes países respecto ao asociacionismo xuvenil.Así, no acto, Rodeiro amosouse interesado por como funciona este colectivo en Europa e, desta maneira, coñeceu de primeira man o modo de traballar dos responsables das asociacións participantes, de técnicos de xuventude e monitores de tempo libre. Tamén mantivo unha xuntanza con representantes políticos da súa área.Rodeiro destacou que o seminario é financiado polo programa europeo ‘Xuventude en Acción’, un plan que afirmou que está en consonancia co proxecto Iniciativa Xove que está a desenvolver a Xunta na actualidade."O noso programa, ao igual que o europeo, busca que a mocidade sexa a verdadeira protagonista da planificación das súas accións, un camiño que está a percorrer o Goberno galego", asegurou.Neste sentido, lembrou que o novo modelo de participación xuvenil da Xunta permite por primeira vez en Galicia a participación dos grupos informais de mozos e mozas nas subvencións que se conceden aos colectivos. Outra das novidades importantes é que os responsables dos proxectos subvencionados poderán solicitar á Xunta un adianto económico do 80 por cento sobre a cantidade total da axuda concedida.No seminario, que remata mañá, os participantes están a achegar as súas experiencias sobre o programa europeo ‘Xuventude en Acción’, que é o que financia a iniciativa. A finalidade é que a xuntanza sirva como base para a programación de futuros proxectos xuvenís en diversos países europeos.Ademais, coñecerán a oficina transfronteiriza galego-portuguesa de Tui, o Consello da Xuventude de Galicia, o Centro Coordinador de Información e Documentación, o Centro Comarcal de Cambados ao tempo que manterán reunións con técnicos de xuventude da Xunta e cos representantes de diferentes asociacións xuvenís de Galicia.
A Secretaría Xeral da Emigración e a Consellería de Educación convocan con carácter gratuíto, cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.Solicitantes:-Cursos de lingua galega e de extensión cultural.- Poderán solicitar estes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, así como outras entidades sen fin de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas, que teñan entre os seus obxectivos a promoción e difusión da cultura galega, que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.-Cursos de galego na túa cidade.-Poderán solicitar a súa inscrición no programa os cidadáns e cidadás galegos residentes no exterior e os seus descendentes ou calquera outra persoa interesada no estudo e coñecemento da lingua galega. Os solicitantes poderán preinscribirse a través do formulario que figura na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración www.galiciaaberta.comO prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2011 para ambos os dous programas.Máis información no DOG do 10 de xuño de 2010 e en www.galiciaaberta.com

Mañá dará comenzo o Curso de Mantemento de Redes Informáticas que se celebrará no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, que ten como obxectivo familiarizarse dende un formato práctico no hadware dos ordenadores.

Un cento de alumnas e alumnos galegos de bacharelato e ciclos formativos de grao medio poderán participar este outono no programa Rutas Científicas, promovido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Ministerio de Educación. Os estudantes beneficiados polas axudas para participar nesta iniciativa viaxarán en grupos a un dos catro destinos de roteiros, en Aragón, Illes Balears, Castela e León e a Comunidade Valenciana.O obxectivo do programa 'Rutas Científicas' é facilitarlle ao alumnado a posibilidade de realizar múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar. Deste xeito, os mozos e mozas sitúanse nun medio diferente ao seu, o que redunda nunha maior convivencia e cooperación co profesor e con outros compañeiros, ampliando os seus coñecementos. Todo isto repercute nunha mellor comprensión integral dos rapaces e rapazas, ao coñecer diferentes lugares, xentes, terras, costumes, historias e recursos.Os candidatos a obter as axudas deberán ter menos de 20 anos, e estar a cursar materias científicas en bacharelato ou ciclos de grao medio en centros públicos galegos. Os grupos de viaxe estarán formados por 24 rapaces e rapazas e 2 docentes, estes últimos responsables da adecuada participación na actividade por parte do alumnado.Cada grupo percorrerá unha das 'Rutas Científicas' ao longo dunha semana, durante a que elaborarán un caderno diario da viaxe, que será entregado á Consellería de Educación como xustificante do aproveitamento da estadía. As actividades desenvolverase entre setembro e decembro de 2010.Ademais das bolsas para sufragar os gastos durante a semana que duren as actividades, os beneficiados poderán solicitar axudas para o desprazamento desde a localidade do centro ata a cabeceira de ruta.O programa 'Rutas Científicas' contempla catro itinerarios con contidos diferentes. Así, quen viaxen a Aragón realizarán no xeoparque de Sobrarbe actividades relacionadas coa bioloxía e a xeoloxía, contidos relacionados coa dinámica interna e externa da terra, historia xeolóxica do planeta e paleontoloxía. Nesta contorna observarán ademais unha gran variedade de especies animais, así como a diversidade vexetal do parque.En Castela e León, as actividades centraranse na importancia que para esta Comunidade tivo a construción do Canal de Castela, que facilita a exportación e comercialización dos seus produtos mediante a comunicación por sistema de navegación. Para iso, o alumnado percorrerá as instalacións do Canal, as áreas onde se comezaron os traballos de construción, e navegarán nun barco polo mesmo canal.Coñecer a panorámica da ciencia valenciana é o obxectivo da ruta que percorre esta Comunidade Autónoma. Con este fin, as rapazas e rapaces visitarán o Instituto de Acuicultura Torre de la Sal do CSIC, a Cidade das Artes e as Ciencias e os parques naturais do Desierto de Las Palmas e da Albufera. Así mesmo, os estudantes visitarán varios departamentos das Universidades de Valencia e Politécnica.Por outra banda, o itinerarios nas Illes Balears ten como finalidade achegar ao alumnado á contribución da ciencia e a tecnoloxía ao desenvolvemento sustentable das civilizacións. Así, os estudantes visitarán os parques naturais de Sa Dragonera, Albufera, Cabrera e Mondragó. Ademais, coñecerán técnicas de reciclaxe e tratamento de residuos no parque de Novas Tecnoloxías de Mallorca, e percorrerán as instalacións da central térmica Es Murterar, o Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados ou o Museo Balear de Ciencias Naturais, entre outros espazos.Coa convocatoria destas axudas a Consellería de Educación quere fomentar o interese dos estudantes polas ciencias, así como facilitarlles o contacto directo con outras zonas e culturas do territorio español.Os interesados en participar nesta iniciativa poden consultar a convocatoria no enlace web http://www.edu.xunta.es/web/node/895

O Grupo European People's Party do Comité das Rexións con motivo do Ano Europeo contra a Pobreza e a Exclusión Social, convoca un concurso dirixido a mozos e mozas europeos/as de entre 15 e 30 anos para a elaboración dun curto co lema "Imaxina unha vida de pobreza- poderías deseñar unha saída?" Os mozos e mozas concursantes terán a oportunidade de ver os seus traballos publicados nunha páxina especial de YouTube e gañar un premio e unha viaxe a Bruxelas no mes de outubro. A data límite para o envío dos traballos é o 15 de xullo.

Para máis información sobre este concurso os interesados poden entrar na páxina www.eppcompetition.eu .

A Xunta de Galicia participa, xunto con outras 12 comunidades autónomas, na oferta 2010 de cursos de idiomas no estranxeiro. Nesta iniciativa poden participar mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, inda que nalgún colexio tamén admiten menores de 16 anos. A oferta é tan variada como as condicións e prezos dos cursos, que van dende pouco máis de 400 euros ata os 6.000. Os idiomas que se poden aprender ou mellorar con esta iniciativa son o inglés, alemán, francés, ruso, italiano, portugués e chinés. Para máis anotarse deberase chamar ao teléfono da Dirección Xeral de Xuventude 981.544.851 ou no correo electrónico idiomas@xunta.es

O Director Xeral de Xuventude e Voluntariado participou como relator nas Xornadas Open Minds, organizadas polo CONXUGA e nas que participan asociacións de Cabo Verde, Portugal e Arxentina. Ovidio Rodeiro explicou as accións e recursos que, en materia de xuventude e voluntariado ten a Xunta de Galicia e anunciou a apertura das liñas de subvencións do seu departamento aos grupos informais de mozos e mozas, co obxecto de fomentar a participación da xuventudeO Consello da Xuventude de Galicia organizou, do 20 ao 23 de marzo, unhas xornadas que analizaron a participación xuvenil e a acción voluntaria no coidado do medioO Consello da Xuventude de Galicia, en colaboración con asociacións xuvenís de Cabo Verde, Portugal e Arxentina, organizou as xornadas Open Minds co fin de potenciar a acción voluntaria e a participación cidadá no coidado do medio natural.O programa de traballo rematou cunha xornada de reflexión con relatorios que analizaron a evolución histórica do voluntariado en Galicia. Participaron José Ramón Rey, técnico do Consello da Xuventude de Galicia; Javier Fernández Agrafojo, da Oficina de Participación da USC, quen analizou e comentou a importancia da participación universitaria durante a catástrofe do Prestige.A continuación, participou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, cun relatorio centrado nas accións levadas a cabo dende a dirección xeral en materia de participación xuvenil e voluntariado. Rodeiro incidiu na importancia de fomentar as axudas a todo tipo de grupos, asociados ou non, para facilitar e aumentar a participación xuvenil en diferentes iniciativas.O grupo de participantes dos catro países visitaron o domingo a cidade de Santiago de Compostela e a cidade da Cultura, e onte realizaron unha visita de estudo a Muxía, onde puideron contemplar a rexeneración ambiental da zona, grazas en gran parte ao labor do voluntariado, tras a catástrofe do Prestige.As xornadas Open Minds Galicia insírense nun proxecto financiado pola Unión Europea, e que xa se atopa na súa fase final despois de ter realizado distintos encontros durante o ano 2009 en Cabo Verde e na Arxentina. As delegacións internacionais desprazaranse do 24 ao 28 de marzo a Portugal, onde extraerán as conclusións finais

 

Ir atrás    Ir arriba