Search
Search Keyword: Total 54 results found.
Tag: Programas DXXV Ordering

Proxecto MoGalEstá aberto o prazo de solicitude de participación no 1º  proceso de selección das bolsas Leonardo da Vinci do proxecto Mogal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.Para galegas e galegos  titulados en FP e universitarios entre 18 e 30 anos. que nunca disfrutaran dunha bolsa Leonardo.Inscricións entre o 4 e o 15 de outubro.Máis información  www.xuventude.net  e no tfno 881 999 567 Formulario de solicitude e modelo de CV nos documentos anexos.

Mais Información

Formulario de Solicitude

Curriculum Vitae

Máis de 15.500 peregrinos foron atendidos no Pino ao longo dos meses de maio, xuño e xullo polos voluntarios do programa Xacobeo 2010, que puxo en marcha a Xunta de Galicia este ano con motivo da celebración do Ano Santo.

Precisamente, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, visitou hoxe aos participantes desta iniciativa para agradecerlles o labor que están a desenvolver e que non só consiste en ofrecer aos peregrinos a información que precisan en cada momento, senón que, ademais, ofrecen unha programación dinámica e diversa.

O Programa Voluntariado Xacobeo 2010 abrangue os distintos aspectos da peregrinación no coidado e atención dos peregrinos, incluíndo, para elo, ata cinco iniciativas diferentes: o voluntariado local, Eu Camiño, o voluntariado da sabedoría, o sanitario e os campos de traballo.

No tocante ao voluntariado local, a iniciativa organízase en tres modalidades: o voluntariado informativo, cultural e de servizos, que ofrece basicamente información a través duns puntos fixos situados nos concellos de Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino (do Camiño francés); Tui, A Guarda e Pontevedra (no Camiño portugués); Padrón pola ruta de Arousa; Laza, Ourense, Xunqueira de Ambía e Lalín pola Vía da Prata; Ribadeo e Vilalba do Camiño do Norte; Lugo polo Camiño Primitivo; Mesía polo Camiño inglés; e, por último, Negreira e Fisterra, os concellos representantes do Camiño de Fisterra.

O voluntariado de información móbil ao pé do camiño patrulla os tramos das diferentes rutas con funcións informativas, de acompañamento e de asistencia aos peregrinos.

‘Eu Camiño’ é a segunda modalidade da iniciativa ideada por Xuventude para o Xacobeo e a máis novidosa, xa que é a primeira vez en Galicia que voluntarios internacionais forman parte dun Ano Santo, para garantir que os peregrinos atopen atención en diferentes idiomas ao longo do Camiño francés.

Os 30 participantes desta iniciativa proceden de 19 países diferentes da Unión Europea (Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía).

No mes de outubro, os voluntarios avaliarán e clasificarán o material gráfico que están a recoller para preparar un documental en vídeo, unha exposición fotográfica e unha publicación sobre a súa experiencia no Camiño co obxectivo de difundir nos seus países de orixe. Desta forma, contribuirase a dar a coñecer o fenómeno do Xacobeo por Europa.

A terceira das iniciativas que forma parte deste programa específico para o Xacobeo 2010 é o voluntariado da sabedoría na que na actualidade están a participar 120 persoas ao longo do Camiño francés. Os voluntarios son persoas maiores de 65 anos, os máis sabios do lugar, que por este motivo son os encargados de contar aos peregrinos as súas experiencias e vivencias a través de lendas, contos, cantigas e historias que coñezan.

O campo de traballo

Por último, atópase a modalidade de campos de traballo. Os 20 mozos e moza de Galicia e doutras comunidades autónomas que están a participar no do Pino tamén foron recibidos hoxe por Rodeiro Tato. Trátase dunha iniciativa que ten por obxectivo principal fomentar a interacción entre os participantes, os peregrinos e os veciños da zona.

Este proxecto, situado nas últimas etapas Camiño Francés, é un dos campos de traballo que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, organizou por primeira vez este ano como motivo do ano Xacobeo.

O campo de traballo, que remata maná, inclúe diversas actividades, entre as que se conta a creación do espectáculo “Ultreiamundi”, un evento de danza-teatro baseado nas vivencias do Camiño de Santiago e de todas as persoas que se achegan a el. Todos os participantes no campo de traballo participan activamente na montaxe, que se representará no pobo.

Ademais, os asistentes realizan outros traballos de dinamización, de carácter ambiental ou de información. No que se refire á dinamización, os mozos e mozas están a representar a personaxes míticas da zona, relacionadas co Camiño, e contan aos visitantes quen son e cal é a súa historia.

No que se refire ao traballo ambiental, os voluntarios e voluntarias colaboran na limpeza dunha ponte romana e o leito do río que a atravesa.

Finalmente, tamén traballan en patrullas de dúas persoas polos tramos do Camiño co fin de informar de posibles incidencias e para ofrecer información aos peregrinos que o demanden sobre aloxamentos, transportes ou servizos médicos. Tamén acompañan aos visitantes e peregrinos en rutas guiadas en bicicleta para coñecer os arredores do Concello.

A isto hai que sumarlle as actividades complementarias nas que están a tomar parte os voluntarios e voluntarias, xa propiamente de lecer e tempo libre, como o sendeirismo, saídas en bicicletas, ximkanas, deportes, obradoiros, saídas en piragua, ou excursións a zonas de interese cultural e natural.

O Programa Voluntariado Xacobeo 2010, que puxo en marcha a Xunta de Galicia este ano, con motivo da celebración do Ano Santo, está a ter moita aceptación entre os peregrinos. Así, os voluntarios locais e europeos que forman parte desta iniciativa, que lidera a Dirección Xeral de Xuventude, atenderon durante os meses de maio e xuño a máis de 35.000 persoas. O labor dos voluntarios non só consiste en ofrecer aos peregrinos a información que precisan en cada momento, senón que, ademais, desenvolven unha programación dinámica e diversa.

Este programa abrangue os distintos aspectos da peregrinación no coidado e atención dos peregrinos, incluíndo, para elo, ata cinco iniciativas diferentes nas que participaron ata a data un total de 850 voluntarios: o voluntariado local, Eu Camiño, o voluntariado da sabedoría, o sanitario e os campos de traballo. Se estás interesado en formar pate deste proxecto ou ter máis información, podes chamar ao 900 400 800.

Por unha banda, os 503 integrantes do voluntariado local, que están distribuídos nos distintos camiños, atenderon a máis de 5.300 peregrinos ao longo de maio e xuño. Este plan atópase operativo desde Semana Santa e para tomar parte do mesmo é preciso realizar un curso de formación on-line.

 A iniciativa organízase en tres modalidades: o voluntariado informativo, cultural e de servizos ofrece basicamente información a través duns puntos fixos situados nos concellos de Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino (do Camiño francés); Tui, A Guarda e Pontevedra (no Camiño portugués); Padrón pola ruta de Arousa; Laza, Ourense, Xunqueira de Ambía e Lalín pola Vía da Prata; Ribadeo e Vilalba do Camiño do Norte; Lugo polo Camiño Primitivo; Mesía polo Camiño inglés; e, por último, Negreira e Fisterra, os concellos representantes do Camiño de Fisterra.

 O voluntariado de información móbil ao pé do camiño patrulla os tramos das diferentes rutas con funcións informativas, de acompañamento e de asistencia aos peregrinos. Dentro da modalidade de voluntariado local tamén está o acompañamento a grupos a través do que se atenderon a máis de 860 peregrinos de 12 entidades.

 ‘Eu Camiño’ é a segunda modalidade da iniciativa ideada por Xuventude para o Xacobeo e a máis novidosa, xa que é a primeira vez en Galicia que voluntarios internacionais forman parte dun Ano Santo, para garantir que os peregrinos atopen atención en diferentes idiomas ao longo do Camiño francés. Ata o mes de xuño foron preto de 30.000 as persoas que utilizaron este servizo.

Os 30 participantes desta iniciativa proceden de 19 países diferentes da Unión Europea (Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía).

No mes de outubro, os voluntarios avaliarán e clasificarán o material gráfico que están a recoller para preparar un documental en vídeo, unha exposición fotográfica e unha publicación sobre a súa experiencia no Camiño co obxectivo de difundir nos seus países de orixe. Desta forma, contribuirase a dar a coñecer o fenómeno do Xacobeo por Europa.

O voluntariado da sabedoría

A terceira das iniciativas que forma parte deste programa específico para o Xacobeo 2010 é o voluntariado da sabedoría na que na actualidade están a participar 120 persoas ao longo do Camiño francés. Os voluntarios son persoas maiores de 65 anos, os máis sabios do lugar, que por este motivo son os encargados de contar aos peregrinos as súas experiencias e vivencias a través de lendas, contos, cantigas e historias que coñezan.

 Os campos de traballo no camiño é a cuarta das categorías do programa, que persegue fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade a través da colaboración en traballos culturais e etnográficos, de animación, ambientais e arqueolóxicos. Este plan está dirixido tanto a voluntarios de Galicia, como de outras comunidades autónomas e mesmo do estranxeiro. O obxectivo principal é que os participantes nos campos coñezan o que significa o camiño, a súa realidade, a través da convivencia entre eles mesmo e cos peregrinos. Na actualidade, estase a celebrar o campo de traballo na localidade do Pino, que conta con 20 voluntarios.

 Por último, a quinta modalidade do programa é o voluntariado sanitario. Desde xullo e ata o próximo mes de setembro un total de 40 persoas están a colaborar cos profesionais dos centros de saúde de atención primaria que ten o Servizo Galego de Saúde ao longo do Camiño francés. Para poder participar nesta iniciativa, os mozos e mozas tiveron que realizar un curso de formación teórico-práctico de 90 horas para poder atender as continxencias sanitarias dos peregrinos durante o seu percorrido polo Camiño de Santiago.

O Albergue de Muíños (Ourense) acollerá durante o mes de agosto a un cento de mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, distribuídas en catro quendas de seis días (de luns a sábado), que participarán nunha actividade de aventura e deporte.

O albergue está situado no Complexo Turístico de O Corgo, nas beiras do encoro de As Conchas, en pleno Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Por unha banda, os participantes poderán realizar actividades relacionadas cos deportes náuticos nas praias e nas augas do encoro de As Conchas, como piragüismo, remo e vela. A situación en pleno parque natural tamén facilitará as actividades de contacto coa natureza, como sendeirismo.

Esta actividade inda conta con prazas libres para as dúas quendas da última quincena de agosto. Para solicitalas os interesados deberán informarse mediante unha chamada ao servizo de Xuventude da delegación territorial de Ourense (988.386.120). Esta actividade ten un custe de 80 € por persoa (60€ se tes o Carné Xove). Inclúe aloxamento, pensión completa e a participación en todas as actividades programadas.

Máis información aquí.

Se ainda non sabes que facer este verán e queres formar parte dun proxecto de animación sociocultural no Camiño de Santiago, inda están a tempo de anotarte para participar no Campo de Traballo de Animación do Camiño que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza no Concello do Pino, a escasos quince quilómetros de Santiago.Os participantes no campo de traballo informaredes aos peregrinos e visitantes que se acheguen a localidade de O Pino, última etapa do Camiño Francés a Santiago de Compostela, ides realizar rutas guiadas en bicicleta, colaborar na restauración dunha ponte romana e do leito do río que a atravesa así como participar na montaxe do espectáculo Ultreamundi.Ademais, poderedes participar en actividades de lecer, excursións, visitas...A actividade terá lugar en O Pino desde o 17 ao 31 de agosto de 2010 e está destinada a mozos e mozas de 18 a 24 anos de toda España. O prezo son 72 € (54 € con carné xove e 36 con carné de familia numerosa) e inclúe a estadía, as actividades e a manutención.

O teléfono de información é o 981 544 838. Podes atopar máis datos aquí.

A Xunta de Galicia publicou o borrador do Plan Estratéxico de Xuventude 2010-2013, onde se recollen as principais actuacións que, en materia de xuventude, porán en marcha todos os departamentos da administración autonómica. Neste documento recóllense os retos e obxectivos tendo en conta as necesidades reais dos mozos e mozas galegos. Por iso, dende a Dirección Xeral de Xuventude ponse a disposición das entidades asociativas xuvenís este plan, para que poidan facer as súas aportacións, ata o vindeiro 19 de xullo.As aportación iran ao correo electrónico: xuventude.programas@xunta.es, ou o teléfono: 981.545 696
Na "Campaña de Verán 2010" participarán ao redor de 9.000 mozos e mozas de entre 9 e 35 anos que participarán en campamentos, campos de traballo e outras actividades de ocio, deporte e multiaventura. En concreto, hoxe comezan as actividades nos campamentos, mentres que nos campos de traballo a data de inicio será o venres, día 2. Con este motivo, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, visitaron o primeiro día de campamento nas Sinas, en Vilabova de ArousaPara a posta en marcha desta campaña, que remata o 31 de agosto, a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, inviste máis de 3,5 millóns de euros. Ademais, estas actividades permitirán a creación de máis de 1.100 postos de traballo, especialmente de monitores e directores de tempo libre, pero tamén de cociñeiros, limpiadores ou vixiantes.A gran maioría das actividades levaranse a cabo en 18 instalacións distribuídas por toda Galicia, aínda que tamén se reservaron prazas para que os mozos e mozas galegos puideran participar en campamentos doutras comunidades autónomas, cos que a Xunta estableceu convenios de intercambio.Deste xeito, haberá actividades nos albergues e campamentos de Porto do Son (Virxe de Loreto), Melide (Furelos), Bergondo (Gandarío e Marina Española), Boiro (A Espiñeira), Viveiro (Area), Portomarín (Benigno Quiroga), Ribadeo (A Devesa), Lugo (complexo LUG), Palas de Reis (Os Chacotes), Entrimo (Penedos de Xacinto), O Pereiro de Aguiar (Guillerme Brown), Coles (Centro Equal), Ourense (Universidade Laboral), Esgos (Vilar de Ordelles), Bueu (Illa de Ons), Forcarei (Pontemaril) e Vilanova de Arousa (As Sinas).Todas as actividades caracterízanse tanto pola súa calidade, como pola súa diversidade, e varían en función do centro e da idade dos participantes. Deste xeito, os mozos e mozas poderán realizar desde actividades marítimas de todo tipo (vela, táboa, canoa, kaiak, surf, piragüismo...), como de coñecemento e deporte na natureza (equitación, tiro con arco, sendeirismo, bicicleta de montaña, escalada en rocódromo...), ou de carácter cultural(xogos tradicionais, teatro, unha "viaxe no tempo para coñecer a historia de Galicia, astronomía...).As prazas para os campamentos, sorteadas no mes de abril, están asignadas na súa totalidade e, polo tanto, nestes intres tan só é posible participar a través das prazas procedentes de renuncias de última hora.Con todo, aínda quedan algunhas vacantes nas actividades para maiores de 18 anos. En concreto, os interesados poden anotarse nos programas de kaiak de mar na ría de Arousa; no de aventura e deporte de Muíños (práctica de remo, vela ou piragüismo); e no programa de multiaventura de Pereiro de Aguiar, que inclúe actividades como rutas en quad, kaiak, paintball ou bicicleta de montaña.É preciso lembrar que Xuventude reservou, para esta campaña de verán, prazas destinadas en exclusiva para persoas con discapacidade, para mozos e mozas de centros de menores, e para fillos e fillas de mulleres maltratadas a través da Secretaría Xeral de Igualdade. Ademais, a mocidade procedente da Galicia exterior tamén conta con prazas reservadas nos campamentos. De feito, hoxe mesmo chegarán a Galicia os primeiros participantes, procedentes de México, Venezuela, Chile, Uruguai e Arxentina.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, adiantou hoxe que máis de 900 persoas participan este ano nas distintas modalidades do voluntariado do Xacobeo, que por primeira vez abrangue os nove camiños de Santiago.Así o sinalou hoxe durante a rolda de prensa na que, co concelleiro de Xuventude do Concello de Santiago, Xosé Baqueiro, se presentou o programa xuvenil "Compostela Xove", posto en marcha polo Concello e no que tamén colabora o departamento de Xuventude.Esta iniciativa ocuparase de dar información para os colectivos xuvenís que peregrinen a Compostela; apoiará os labores organizativos e de desenvolvemento de evento culturais na cidade; axudará á estrutura organizativa que corresponde á peregrinación e encontro de mozos e mozas prevista para o mes de agosto; e levarán a cabo servizos de acollida turística e de peregrinación con animais de compañía.Polo tanto, este voluntariado na cidade vénse a sumar, segundo explicou Rodeiro, ás distintas modalidades nas que se organizan os voluntarios que participan como colaboradores neste Ano Santo e que "demostran a gran capacidade que temos os galegos para ser hospitalarios cos nosos visitantes".Así, Rodeiro detallou as cifras de participación actuais do voluntariado Xacobeo. No voluntariado local, que se ocupa de labores de información e de ofrecer servizos aos peregrinos, hai inscritas máis de 450 persoas. Pola súa banda, no voluntariado da sabedoría _maiores que informan aos peregrinos de historias e lendas dos camiños- hai 115 participantes a día de hoxe.Pola súa banda, no voluntariado sanitario, que comeza este mes, participarán máis dun cento de estudantes de medicina e enfermaría, que prestarán apoio nos centros de saúde do Camiño Francés. Tamén hai que ter en conta o programa europeo "Eu Camiño", que despregou a 30 voluntarios internacionais, desde maio e ata outubro, para colaborar cos hospitaleiros do Camiño Francés.Finalmente, os campos de traballo no Camiño, dirixidos a voluntarios galegos, doutras comunidades e tamén do estranxeiro, ofertan 154 prazas que se distribúen en seis quendas en Rois, Fisterra, O Pino, Palas de Rei e Ourense.
O programa de turismo activo Roteiros, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, rematou este domingo logo de ter cuberto as 1.000 prazas ofertadas para os mozos e mozas de toda Galicia de entre 18 e 30 anos. O programa consistiu no desenvolvemento de diversas saídas de fin de semana durante os meses de marzo, abril, maio e xuño. Leváronse a cabo itinerarios de cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico de Galicia. O programa consta de catro actividades e localizacións específicas: roteiros pola Costa da Morte, roteiro N´Auga, un programa multiaventura e o programa natureza e aventura.Os roteiros pola Costa da Morte realizáronse en Caldebarcos (Carnota) e desenvolvéronse catro rutas diferentes: polos concellos de Laxe, Cabana e Ponteceso no mes de marzo; por Serra de Outes, Muros e Carnota en abril; por Cee, Corcubión e Fisterra en maio; e por Muxía e Camariñas en xuño.A segunda das iniciativas, o Roteiro N´Auga, foi un programa de achegamento ao medio acuático-mariño, que se desenvolveu no albergue xuvenil de As Sinas (Vilanova de Arousa) nos meses de abril, maio e xuño. O programa multiaventura, a terceira das actividades, realizouse no albergue xuvenil de Pontemaril-Forcarei (Pontevedra) ao longo de diversos fins de semana dos meses de marzo, abril e maio. As diferentes iniciativas que se levaron a cabo permitiron o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combinará o lecer, o deporte mailo coñecemento do entorno cultural e ambiental. A última das accións foi 'Os roteiros para a xuventude' o programa natureza e aventura, tivo lugar en Fornelos de Montes en marzo, abril e maio.Con estas actividades, conseguiuse fomentar entre a mocidade o coidado polo medio ambiente e o coñecemento dos distintos contornos privilexiados da comunidade. Outros obxectivos pasaban por dinamizar as instalacións xuvenís da Xunta en períodos nos que non se utilizan, ofrecer aos mozos e mozas actividades de calidade e fomentar a ocupación positiva do tempo libre, a participación activa e o asociacionismo da mocidade galega.

O proxecto "Un espazo novo na Axenda de Lisboa", promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e do Instituto Portugués da Xuventude no marco do programa de colaboración Galicia - Norte de Portugal (POCTEP Programa de Cooperación fronteiriza España - Portugal), esta facendo un proceso de diagnóstico para elaborar un Plan Estratéxico, que permita a identificación de posibilidades e oportunidades para a eventual creación de actividade económica e/o emprego da mocidade galega e portuguesa.O seu obxectivo e facer da área xeográfica de intervención, a rexión fronteiriza Galicia _ Norte de Portugal, sexa un lugar atractivo para quedarse e para vivir, creando as condicións para que a mocidade poida desenvoler actividade económica, a través das iniciativas de emprendedurismo e creación de emprego.Neste sentido, estamos a contactar cos principais actores chave na área, para obter unha visión xeral da situación actual, e a partir dun diagnóstico axeitado, debuxar un Plan de Acción eficaz e sostíbel. Deste xeito, a súas respostas as seguintes cuestións son de moita importancia e queremos agradecer anticipadamente a súa colaboración.

Descarga aquí as entrevistas aos actores rexionais

Os Encontros Internacionais de Mocidade Cabueñes 2010, que baixo o lema: 'JOVENES CONSTRUÍNDO UNA NUEVA CIUDADANÍA' celebraranse en Laboral Cidade da Cultura do 9 ao 11 de setembroO dereito á cidadanía é un dereito a vivir nun contexto social con capacidade de integración das persoas de distinta orixe que respecte e dialogue coa diferenza, nun contexto de igualdade de oportunidades e posibilidades de acceso a condicións de vida digna e a estar incluído nun tecido social onde se recoñeza e permítase a capacidade de cada cal de incidir nas decisións que lle afectan.Neste contexto, enfrontar retos como a Igualdade entre homes e mulleres ou a convivencia en sociedades multiculturais, esixe a participación e o liderado da sociedade no seu conxunto, e de xeito especial dos e as mozas, en tanto que se trata de procesos de longo percorridoCabueñes acollerá a máis de 400 mozos de distintas partes de España, Europa e América Latina, que terán a oportunidade de compartir e debater con máis de 40 profesionais e especialistas internacionais provenientes de Estados Unidos, Gran Bretaña, Suecia, Italia, Venezuela, República Dominicana e España nun ambiente de convivencia e solidariedade organizado en 4 eixos temáticos: participación e liderado xuvenil, igualdade, novas e emigración, Alianza de Civilizacións e organizado por tres Administracións: Ministerio de Igualdade, Instituto Asturiano de Mocidade e Concellaría de Emprego, Mocidade e Igualdade do Concello de Xixón e tres Consellos de Mocidade: España, Principado de Asturias e Xixón coa colaboración da FEMP.No apartado de Actividades Complementarias formarán parte dunha variada oferta que inclúe actuacións musicais entre as que destaca o concerto que pecha os Encontros de Quique González e o de benvida de Pauline na Praia ademais de proxeccións audiovisuais e as propostas creativas de ?Areas Movedizas?.Cabueñes continuará na súa aposta polas novas vías de comunicación. Ademais da súa páxina web, o Encontro contará co seu propio blog onde se irá avanzando información e promovendo a construción dunha comunidade arraigada a Cabueñes durante todo o anoO prazo de inscrición será desde hoxe 21 de xuño ata o 21 de agosto realizándose a través da páxina web www.cabuenes.org ou mediante o enlace da web municipal.
O programa Xuventur. Turismo rural para a mocidade galega rematou este domingo, tras acadar un importante éxito durante a súa duración nos meses de abril, maio e xuño. Así, conseguiuse a cobertura do 99 por cento das 1.500 prazas ofertadas para os mozos e mozas galegas de 18 a 35 anos. Esta iniciativa, desenvolvida en colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e mais a Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, cumpriu os obxectivos de facilitar os mozos e mozas o coñecemento da xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto.Ao tempo, Xuventur conseguiu desestacionalizar o turismo rural durante estes meses e fomentar o emprego dos monitores das empresas de multiaventura, que así non quedou restrinxido aos meses do verán.O programa tivo lugar durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño excluída a Semana Santa e ofertou aloxamento en casas de turismo rural -noites do venres e sábado- e manutención completa.Ademais, os participantes puideron disfrutar de trece programa diferentes, nos que practicaron actividades como bodyboard e skibus, cabullería, sendeirismo, piragüismo, paintball, tiro con arco, escalada, rutas en btt, rutas dacabalo, orientación, canoas, tiro con arco, visitas guiadas e culturais, descenso en kaiak, surf, padelboard, espeleoloxía, inciación á escalada e rapel, xogo de rol en vivo dramatizado, carreiras de orientación con gps deportivo...No programa participaron 106 establecementos rurais situados en 67 concellos galegos. As condicións do mesmo foron pactadas en colaboración con 15 asociacións de turismo rural e participan na iniciativa 13 empresas de turismo activo.En total ofertáronse 1.496 prazas -500 máis que o ano pasado- e o programa durou 11 fins de semana. Os prezos de aloxamento e máis as actividades resultaron entre un 50 e un 60% máis baratos que si se contrataran directamente sen facelo dentro do programa.
O delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, e o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, destacaron a labor que ven realizando o Colectivo de Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais de Galicia (COLEGA) na loita contra a discriminación e pola integración en tódolos ámbitos da sociedade dos seus membros.Durante a presentación dunha análise realizada por COLEGA sobre a situación do sector poboacional do colectivo de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais (LGBT), a realidade das súas demandas e peticións de información que recibiron nas súas oficinas no primeiro semestre de 2010.Os representantes autonómicos resaltaron que, neste senso, Galicia vai na boa dirección, pero que aínda queda camiño por percorrer para lograr a completa normalidade da orientación sexual nos ámbitos social, familiar e laboral. Dende a Xunta tamén incidiron no incansable exercicio pedagóxico que realizan entidades como COLEGA. Neste aspecto, tanto Calvo como Rodeiro coincidiron en que a orientación sexual non é ningunha traba nin impedimento para o completo desenvolvemento social e persoal dos seres humanos.O presidente de COLEGA Galicia, Rafael Moral, amosou a súa "moderada satisfacción" polas melloras na xestión dos servizos socio asistenciais e socio sanitarios e anunciou que, a través do programa ‘Quérote’, están a preparar un protocolo de derivación común, controlado por un observatorio de carácter rexional e participado por entidades educativas, xuvenís e socio asistenciais, có que pretenden garantir unha maior accesibilidade e transparencia dos LGBT galegos aos programas de atención.No que se refire ao informe, e á vista dos resultados, os datos que máis preocupan ao colectivo LGBT son a falta de coñecemento por parte dos seus membros da realidade do VIH e das enfermidades de transmisión sexual; a dificultade de inserción laboral e a alta taxa de fracaso escolar, ou a vinculación excesiva a economías sumerxidas e de baixa cualificación.Rafael Moral, informou aos representantes da Xunta de que, no que vai de 2010, COLEGA recibiu 387 consultas nos seus puntos de información, a maioría -294- relacionadas con temas sanitarios como o VIH e as enfermidades de transmisión sexual. Asemade, alertou do incremento da prostitución masculina ocasional por parte de menores de 26 anos, que pasou dos 27 casos rexistrados en 2009 aos 43 que se coñecen na actualidade.Outro dos problemas que preocupan a COLEGA é o acoso on-line que sofren os xoves LGBT, que chegou a ser a terceira causa de contacto nas súas oficinas, e do que xa deron constancia á Dirección Xeral de Xuventude.Con todo, os obxectivos de COLEGAS pasan por homoxeneizar e mellorar a derivación dos sectores en alta exclusión social por causa de orientación afectivo sexual e identidade de xénero, así como a promoción de información de calidade, non nesgada nin partidista. Ao mesmo tempo, a Xunta de Galicia fai unha aposta firme e decidida pola posta en marcha de políticas públicas que garantan os dereitos persoais e socias de cada un dos nosos cidadáns, sen tolerar ningún tipo de discriminación.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, mantivo hoxe unha charla con estudantes sobre os proxectos europeos que está a por en marcha a Xunta e as conclusións do programa Leonardo 2009-2010A Consellería de Traballo e Benestar presentou ao Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos unha nova convocatoria de bolsas de prácticas para 2010-2011 que si se aproba poderá beneficiar a máis de 180 mozosMáis de cen mozos e mozas de Galicia melloraron a súa formación profesional grazas as bolsas de prácticas do programa Leonardo da Vinci que promoveu a Consellería de Traballo e Benestar en colaboración coa Asociación Cultural Ingalicia durante os anos 2009 e 2010.Así o expuxo hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, no transcurso dunha charla informativa que mantivo con mozos e mozas para explicarlles, entre outros temas, as conclusións desta iniciativa e os novos proxectos europeos que o seu departamento está a por en marcha na actualidade.Rodeiro sinalou que un total de 103 mozos e mozas beneficiáronse dos tres proxectos Leonardo da Vinci que xa remataron: EverGrenn, New Energy Agew (NEA) e International Work in Europe (IWE). As tres iniciativas ofertaron aos mozos e mozas participantes bolsas para desenvolver prácticas durante un período continuado de tres meses en empresas emprazadas en catro países europeos, Alemaña, República Checa, Italia e Portugal.O plan contou cunha inversión de máis de 300.000 euros cofinanciados pola Dirección Xeral de Xuventude e o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE). Cada unha das bolsas cubriron os gastos da viaxe e da manutención, aloxamento e un curso de preparación lingüística no idioma do país de destino. Ademais, a área autonómica encargouse de contactar coas empresas axeitadas ao perfil de cada mozo ou moza que se beneficiou do programa.As prácticas abarcaron nesta convocatoria os sectores das novas fontes de enerxía, turismo e mercado laboral europeo.Rodeiro destacou por unha banda que unha gran parte dos mozos recibiron ofertas laborais nos países nos que fixeron as prácticas e apuntou que agora mesmo están a traballar e, por outro lado, apuntou que outros atoparon un posto de traballo en España grazas os beneficios que obtiveron ao contar cun certificado de prácticas dunha empresa europea, un documento avalado ou ben pola propia compañía o pola Comisión Europea. Ademais, os mozos e mozas acadaron tamén un certificado de habilidades no idioma do país de destino.Así mesmo, o director xeral de Xuventude e Voluntariado resaltou que a Xunta está á espera de que o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos aprobe as novas bolsas de prácticas presentadas para a convocatoria 2010-2011 do programa Leornardo Da Vinci.O proxecto solicitado polo Goberno galego está dirixido a 187 mozos e mozas titulados recentemente o que están a traballar nos sectores do moble e madeira, deseño, restauración, imaxe, informática, turismo, electricidade e mecánica.Rodeiro fixo fincapé na xuntanza en que os obxectivos que a Xunta persegue con esta iniciativa é que "ao mesmo tempo que os mozos perfeccionan un idioma comunitario, melloren as súas habilidades profesionais que se relacionan coa titulación de cada participante e aprendan a desenvolverse con soltura no mercado laboral europeo co fin de ampliar as súas posibilidades profesionais e persoais".Ademais de expoñer as conclusións do programa Leonardo da Vinci, o director xeral de Xuventude e Voluntariado indicou que na actualidade o departamento autonómico está a desenvolver Volangteer, o proxecto piloto de inmersión lingüístico-cultural de persoas estranxeiras que están en Galicia por traballo ou estudos, que rematará en novembro de 2010. Lembrou que a Universidade de Santiago colabora na execución do plan.Por último, na charla informativa presentouse a guía de Axudas e Programas da Unión Europea para mozos emprendedores, unha iniciativa que forma parte do proxecto 'Un espazo novo na axenda de Lisboa, Espazo Xuvenil'. Rodeiro recalcou que a través desta publicación o que se pretende é dar unha información "sinxela e sintética" da ampla variedade de programas e axudas que a UE oferta á mocidade.
A Xunta de Galicia e o Goberno central organizan o 16 de xuño no palacio de congresos de Santiago o Día Galego do Emprendedor, onde a través de charlas, conferencias, talleres e exemplos prácticos se ofrecer todas as claves para iniciar a aventura da empresa. Se estás pensando en cómo emprender un negocio este é o momento de facer realidade os desexos, de pór os soños a traballar para desenvolver proxectos reais, tanxibles, sostibles e viables tanto económica como socialmente. Hoxe, máis que nunca, para emprender é necesario ser aberto e participativo, compartir coñecementos e intercambiar experiencias.A tecnoloxía é a túa aliadaO coñecemento é o teu socioA creatividade é a túa enerxíaNesta V edición, o Día do Emprendedor de Galicia evoluciona para consolidarse como o acto de referencia da iniciativa emprendedora e a empresa innovadora en Galicia.Así, o Día do Emprendedor 2010 ofrecerache un evento máis participativo orientado ao negocio e ao contacto, poténcianse as actividades de networking, coa participación de máis entidades e empresas vinculadas ao mundo emprendedor, dando espazo a novos conceptos e actividades complementarias.Na presente edición os espazos de coñecemento, asesoramento e contacto estarán enfocados aos negocios de franquías, Negocios tecnolóxicos, Segundas oportunidades, Financiamento, etc.Se queres crear ou facer crecer unha empresa, esperámosche o 16 de xuño no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela:Atoparás asesoramento, servizos de soporte, oportunidades de negocio, ...Poderás levar a cabo unha axenda de encontros con expertos, institucións, posibles socios, investidores ou provedores ...Escoller entre unha amplía oferta de cápsulas para emprender e crecer, casos de éxito de emprendedores, talleres prácticos, ...Participar en encontros de networking en ámbitos como as TIC,...e moito máis.É o momento de emprender.Tes unha cita o día 16 de Xuño de 2.010 na V edición do Dia do Emprendedor de Galicia. A partir do 20 de abril poderás inscribirche nesta mesma Web, onde tamén poderás consultar as novas sobre os relatorios, talleres, mesas de asesoramento, actividades complementarias, etc.¡Consulta xa o programa do Día do Emprendedor 2010!

O concurso para a prevención do tabaquismo Clases sen Fume entregou hoxe os galardóns aos gañadores. Na edición deste curso 2009-2010 participaron un total de 5.732 escolares, pertencentes a 268 aulas e 115 centros educativos. Con este concurso educativo, o departamento que dirixe Pilar Farjas Abadía persegue evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, retrasar a idade dese inicio. Este ano, a Consellería de Sanidade destinou un orzamento de 61.051 euros para facer realidade esta iniciativa.Neste acto, a directora xeral de Saúde Pública e Planificación, Sagrario Pérez, sinalou que "o tabaco é unha das substancias máis aditivas que se coñece e iniciarse nel é iniciarse na escravitude. Cando fumamos estamos a comprometer o noso futuro porque nos condenamos a unha enfermidade que se cura pero con gran dificultade, e que pode ter recaídas que nos fan ter que volver a empezar".Segundo a representante da Consellería de Sanidade, "hoxe en día o maior investimento en saúde é aquel que se centra na prevención, en evitar que apareza o problema. Traballar na promoción de estilos de vida saudables, dende idades temperás, na escola, conseguirá que podades decidir sobre o voso futuro sen ataduras e adiccións como o tabaco, que comprometen a vosa saúde e o voso proxecto de vida. O noso lema é o futuro como obxectivo", rematou Sagrario Pérez.Pola súa banda, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, destacou que "a alguén pode soarlle raro que se traballe a prevención do tabaco nas aulas; sen embargo, isto é vital, xa que a medida que se vai achegando a adolescencia, logrando unha progresiva autonomía conductal, é preciso manter un enfoque máis amplo e introducir contidos máis específicos que permitan aos nosos nenos e nenas decir non ao tabaco, non ao alcohol, e non as drogas".Clases sen Fume é un concurso educativo que organiza a Consellería de Sanidade, en colaboración coa de Educación e Ordenación Universitaria, para a prevención do tabaquismo. Está dirixido a escolares de 1º e 2º da ESO, é dicir mozas e mozos de entre 12 e 14 anos, que é a idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo a Administración ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.O concurso baséase no compromiso individual e colectivo de toda a aula (escolares e titor), de non fumar durante, polo menos, seis meses. A través desta iniciativa refórzase o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilítase a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e dun adulto, que é o titor ou titora, e, ademais, fortalécese a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que se utiliza a recompensa/premio como incentivo.O primeiro premio á actividade creativa foi para o curso 2º A, do Colexio Amor de Dios de Vigo. O segundo premio foi para o curso 2º C do IES Frei Martín Sarmiento, de Pontevedra. O premio especial da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado foi para as aulas 2º A IES Val do Asma de Chantada, 2º A Seminario Menor María Inmaculada de Ourense, e, ademais, para 2º B do Colexio Padre Feijoo Zorelle, tamén de Ourense.Os accésits foron para as aulas: 1º D do IES A Sangriña de Ferrol, 1º A do IES Laxeiro de Lalín, 1º B do IES Canido de Ferrol, 2º C do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, e, 2º A do IES Fontem Albei de A Fonsagrada.O apartado do premio ao mellor slogan ("Se xogas, perderás"), foi para o curso 2º C do IES Ramón Otero Pedraio de Ourense.O premio Clases sen Fume 2009-2010, foi para o curso 1º A do CPI Mosteiro en Meis.Pola súa banda, o premio Fogares sen Fume, foi para Ricardo García, do curso de 1º B do Colexio Luis Vives de Ourense.As aulas gañadoras dos premios ao slogan, primeiro premio de mellor actividade creativa e Clases sen Fume 2009/2010, disfrutarán dunha viaxe de fin de semana ao parque temático da Warner Bross en Madrid.O premio especial da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado consiste nun programa de multiaventura de cinco días no Albergue Marina Española de Sada. O segundo premio á actividade creativa é un reprodutor mp4 para cada un dos escolares da aula gañadora.Os gañadores dos accésits recibiron entradas para o parque acuático Aquapark de Cerceda, incluíndo o traslado dende o centro educativo. O premio fogares sen fume, consiste nunha viaxe de fin de semana a un parque temático á unidade familiar gañadora.Ademais, todos os escolares e titores que chegan ao final do concurso recibiron un diploma acreditativo da súa participación, así como material de recordo do programa, como premio ao esforzo realizado.A edición de Clases sen Fume 2009-2010 conta co patrocinio da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, que é a entidade organizadora, así como da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Tamén ten cinco patrocinadores externos como son o Concello de Cerceda, Mombús, Puleva, Eroski, e a Fundación Feiraco.O acto estivo presidido pola directora xeral de Saúde Pública e Planificación, Sagrario Pérez Castellanos, quen estivo acompañada polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema, e polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato.

O vindiero 14 de xuño terá lugar na casa Jimena Elisa Fernández de la Vega (Casas Reais, 8) a presentación dun libro e a información relativa a proxectos europeos destinados a mozos e mozas galegos e galegas.O encontro comezará ás sete da tarde e contará coa presenza do director de Relacións Exteriores, Jesús María Gamallo Aller e o director xeral de Xuventude e Voluntariado Ovidio Rodeiro Tato.Para máis información consulta o anexo ou envia un e-mail a galeuropa@xunta.es
O voluntariado do Xacobeo xa se ten comezado a despregar ao longo do territorio galego. En concreto, na provincia de Lugo hai _ata o momento- 94 voluntarios locais inscritos neste programa, co fin de informar e atender aos peregrinos. Ademais, en Palas de Rei organizarase un campo de traballo pioneiro centrado no Camiño de Santiago, que constitúe unha das principais novidades das actividades deste ano. Así o explicaron hoxe en rolda de prensa o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Ambos representantes autonómicos resaltaron a importancia das actividades de voluntariado neste ano Xacobeo.Rodeiro sinalou que o programa para voluntarios abrangue un gran "abano de idades, que ten como único límite a maioría de idade", ademais dunha ampla diversidade de actividades e de orixe dos propios voluntarios, "aínda que o maior continxente estará formado pola xente das nosas vilas e aldeas". Este gran esforzo reflíctese en que, por primeira vez, haberá presenza efectiva dos voluntarios nos nove camiños de Santiago, con especial atención ao Camiño Francés, por ser o de maior afluencia.O director xeral de Xuventude explicou que o voluntariado se divide en diversos eidos: voluntariado local, da sabedoría, campos de traballo no Camiño, voluntariado sanitario, e proxecto Eu Camiño. No que se refire ao voluntariado local, destacou que en toda Galicia xa hai 300 voluntarios distribuídos nos puntos de información fixos desde a Semana Santa.Os puntos de información fixos que se atopan en Lugo sitúanse nos seguintes lugares: Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín e Palas de Rei (Camiño Francés); Ribadeo e Vilalba (Camiño Norte); e Lugo polo Camiño Primitivo.A estes participantes, hai que sumarlle aos preto de 100 maiores de 65 anos que se despregarán nos meses de verán nos Camiños. O "voluntariado da sabedoría" contará aos peregrinos as súas experiencia e vivencias, a través de lendas, contos, cantigas e historias que coñezan. Actualmente, estase a traballar con eles para a organización destas actividades.Campos de traballoUnha das principais novidades das actividades do Xacobeo neste ano é a organización de campos de traballo que estarán centrados, por primeira vez, no camiño de Santiago. Un deles terá lugar en Palas de Rei, onde os participantes organizarán actividades de animación sociocultural.Arias precisou que en Palas de Rei organizaranse dúas quendas nos meses de xullo e agosto.O campo de traballo ocuparase da rehabilitación e recuperación do entorno natural da lagoa de San Xulián do Camiño, e colocarán a sinalización e mobiliario axeitado, segundo explicou a delegada territorial.Ademais, estes mozos e mozas participarán nos proxecto "Preto de Palas" que consistirá en acompañar aos peregrinos que así o queiran a coñecer os arredores da localidade, a través de rutas guiadas en bicicletas, nas que visitarán monumentos como o Castelo de Pambre ou o Mosteiro de Vilar de Donas.O prazo de inscrición para esta actividade está aberta desde o pasado 26 de abril. Ademais, haberá campos de traballo centrados no Camiño de Santiago en Rois, Ourense, O Pino e Fisterra, que en total sumarán 154 prazas.Voluntariado sanitario e proxecto "Eu Camiño"Ao voluntariado local, da sabedoría e aos campos de traballo, hai que engadirlle o voluntariado sanitario. Máis de cen alumnos de Medicina e Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela incorporaranse nos meses de verán como voluntariado sanitario. Realizarán o seu labor nos centros de saúde de atención primaria do Camiño Francés. Para poder realizar este servizo, realizaron un cursos de formación teórico-práctico de 90 horas.Pola súa parte, o proxecto Eu Camiño constitúe a primeira ocasión en que voluntarios internacionais participarán no Ano Santo Xacobeo, o que garante a atención aos peregrinos en diferentes idiomas ao longo do Camiño Francés. Son un total de 30 persoas procedentes de 19 países (Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía).Todos eles están xa incorporados aos albergues do Camiño Francés. En Lugo están despregados nos de O Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín e Palas de Rei. Fundamentalmente, colaboran en labores de información ao peregrino e de difusión da ruta e dos seus recursos. Previamente, teñen realizado un período de formación especializada. A súa estadía prolongarase ata setembro.
A Consellería de Traballo e Benestar convoca un programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade xerar emprego estable, principalmente entre os mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.Poderán ser beneficiarias das axudas previstas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten e que cumplan os seguintes requisitos: Que sexan empresas de nova creación. Que sexan viables técnica, económica e financeiramente. Que xeren emprego estable para persoas desempregadas. Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia. Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non figure ningunha persoa xurídica. Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 €. Que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa. O programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), inclúe os seguintes tipos de axudas: Subvención á xeración de emprego estable,entre outras, 5.000 € para mozos desempregados de 30 ou menos anos. Subvención financeira. Subvención para asistencia técnica Subvención para o inicio da actividade. Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finalizará o 30 de xuño de 2010, excepto para a subvención á xeración de emprego estable e a subvención financeira, que terán como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da alta na Seguridade Social.Máis información no DOG do 18 de maio de 2010 e en http://traballo.xunta.es.

Descarga o programa

 

 

O vindeiro día 20 de maio comeza o segundo prazo de inscrición para os campos de traballo no estranxeiro. O prazo rematará o 25 de maio ou cando as prazas se ocupen.Tede en conta que cada día do periodo de inscrición só dispoñemos de aproximadamente un 6% do total das prazas ofertadas ese día (o día 25 de maio non existe ningunha porcentaxe límite).Os teléfonos de inscrición e información son: 981 544 838 e 981 54 48 51

<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

 

Ir atrás    Ir arriba