|
O modelo de solicitude publícase no DOG nº 131, do 8 de xullo 2011 como Anexo I. É válida unha fotocopia ou descargalo onde se indica máis abaixo.
As solicitudes tamén poden recollerse nas propias residencias e nos servizos de Xuventude dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
>> Descarga Modelo Solicitudes Prazas
>> Descarga Modelo Solicitudes Bolseiro
Presentación
A solicitude efectuarase utilizando o devandito modelo de solicitude, que en caso de que o solicitante sexa menor de idade deberá ir asinada polo pai/nai ou titor/a legal.
1. Onde? A solicitude, xunto coa restante documentación, deberá presentarse en calquera dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. Cando remata o prazo? O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG da presente orde.
3. Que documentación cómpre presentar?
- Fotocopia compulsada do DNI para españois ou equivalente para estranxeiros da Unión Europea, ou tarxeta de residencia do solicitante no caso de naturais doutros países.
- Fotocopia compulsada de todas as follas do libro de familia na que figuren os membros da unidade familiar, ou fotocopia compulsada do título de familia numerosa, de ser o caso.
- Acreditación, a través dun certificado de empadroamento, no que figurará a composición da unidade familiar á que pertenza o/a solicitante, de posuír a residencia familiar en Galicia ou ser fillo de emigrantes.
- Acreditación da condición de orfandade, no seu caso.
- Acreditación da condición de discapacidade igual ou superior ao 33% de calquera membro da unidade familiar.
- Certificación académica orixinal ou copia compulsada na que figure as notas das disciplinas correspondentes ao último curso. No caso de que fose o último curso de bacharelato LOXSE, xuntarase certificación académica da selectividade. No caso de non ser requisito necesario realizar a selectividade certificación académica do último curso do bacharelato LOXSE.
- Fotocopia compulsada da preinscrición na facultade ou escola universitaria, ou ciclo formativo de grao superior ou grao medio correspondente para os alumnos que vaian cursar o 1º ano de estudos universitarios de grao medio ou superior, ou 1º ano do ciclo formativo de grao superior ou grao medio. No caso de tratarse de estudantes de bacharelato, solicitude de praza no centro no que pretenda cursar estudos, condicionado a que no seu momento presente a formalización da matrícula.
- Xustificación de ingresos da unidade familiar: copia compulsada da declaración do IRPF, correspondente ao último exercicio, de cada membro da unidade familiar obrigado a declarar. No caso de non ter obriga a declarar certificación de Facenda da dita circunstancia.
- Acreditación da situación de desemprego sen prestación económica do pai e nai.
Estes requisitos son para as prazas nas residencias.
Criterios de selección
Cando o número de solicitudes para cada residencia supere a dispoñibilidade de prazas, estas serán asignadas segundo o seguinte baremo:
Artigo 4º da orde do 11 de xuño de 2009, do DOG nº 119, do 19 de xuño.
a) Aqueles que xa foron residentes no anterior curso,e cuxo comportamento e rendemento académico os fagan merecentes: 2 puntos.
- Este criterio preferente non se terá en conta para o caso daqueles residentes que abandonasen a residencia xuvenil antes de rematar o curso académico, agás por enfermidade persoal ou dalgún familiar cos que conviva, debidamente xustificado.
- A admisión de persoas que xa fosen residentes en cursos anteriores, queda condicionada á inexistencia dun informe desfavorable por parte da comisión cualificadora prevista no artigo 5º, baseado no incumprimento das normas de réxime interno ou inadaptación á normal convivencia e mínimo respeto cívico que debe rexer nestes centros.
b) Cursar estudos universitarios: 1 punto.
- Cursar ciclos formativos de grao superior, medio ou bacharelato: 2 puntos.
c) Rendemento académico segundo a nota media obtida no último curso ou na proba de selectividade.
- A puntuación neste caso corresponderase coa dita nota media.
d) Renda da unidade familiar. Terase en conta a relación de ingresos/nº de membros da unidade familiar. Para estes efectos, poderanse incluír como membros da unidade familiar os fillos menores de 30 anos de idade, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, nos termos previstos na lexislación tributaria. Puntuarase segundo o seguinte baremo:
- Inferior ao 50% do IPREM: 4 puntos.
- Entre o 50% e o 75% do IPREM: 3 puntos.
- Superior ao 75% e inferior ao 100% do IPREM: 2 puntos
- Entre o 100% e o 125% do IPREM: 1 punto.
- Superior ao 125% do IPREM: 0 puntos.
e) Situación de familia numerosa:
- Categoría xeral: 0,25 puntos.
- Categoría especial: 0,50 puntos.
f) Condición de orfandade: 0,50 puntos. g) Minusvalidez de calquera membro da unidade familiar: 0,50 puntos. h) Situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai e nai: 1 punto por cada situación. i) Ter a súa residencia familiar en Galicia: 1 punto. j) Por calquera outra circunstancia sociofamiliar que sexa susceptible de valoración a xuízo da comisión cualificadora e axeitadamente acreditada como a condición de familia monoparental, ou por irmán/á-áns/ás con praza renovada na residencia: 1 punto.
Documentación
Documentación que deberán presentar aqueles/as que sexan admitidos:
- Fotocopia da tarxeta sanitaria, ou, no seu defecto, calquera outro documento de asistencia médica e farmacéutica.
- Certificado de non padecer enfermidade infectocontaxiosa e de vacinacións.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Xustificante bancario de pagamento de dúas mensualidades (outubro/2009 e xuño/2010). O pagamento dos meses de setembro e xullo quedará condicionado aos días de estancia do residente.
- Fotocopia compulsada do xustificante de matrícula correspondente aos estudos que vai cursar ou, no caso dos alumnos de 3º ciclo, certificado do xefe do departamento universitario correspondente conforme o interesado está realizando o doutoramento naquel.
A dita documentación terán que presentala no Servizo de Xuventude do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde radique a residencia xuvenil correspondente, no prazo de 10 días hábiles contados desde aquel en que reciban a comunicación de admisión, agás a fotocopia compulsada do xustificante de matrícula ou o certificado do xefe do departamento universitario correspondente, que poderán presentala ata o 31 de outubro de 2009, con excepción do establecido no artigo 3.º2 punto 7 para o caso de alumnos de 1º curso. No caso de que o interesado non poida presentar a fotocopia compulsada do xustificante de matrícula no referido prazo por causa imputable ao centro no que vaia cursar os seus estudos, deberá comunicar esta circunstancia por escrito, presentando unha fotocopia compulsada da preinscrición na facultade ou escola universitaria correspondente, debendo non obstante presentar a fotocopia compulsada do resgardo de matrícula no momento en que a faga.
Prezo
De acordo co estipulado na letra C do anexo I da Orde do 4 febreiro de 2009, pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á xuventude da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, durante o ano 2009 (DOG nº 36, do 20 de febreiro) a cota que haberá que aboar por mes será:
Residentes INTERNOS: 263 €
A cota poderase aboar por trimestre ou por mes. Os pagamentos faranse nos cinco primeiros días de cada trimestre ou mes, segundo a modalidade de pagamento escollida, durante a duración do curso,desde o 18 de setembro de 2009 ao 15 de xullo de 2010, non habendo descontos por vacacións, permisos, etc.
Unha vez comunicada a admisión, farase unha entrega de dúas mensualidades en concepto de pagamento polo primeiro e o derradeiro mes do curso (outubro/2009 e xuño/2010). A renuncia voluntaria que se comunique despois do 15 de outubro dará lugar á perda da devandita cantidade entregada, e a que se comunique ata a dita data dará lugar á devolución da cantidade entregada agás da parte proporcional a media mensualidade, debendo neste caso solicitar a devolución da cantidade correspondente no impreso que figura no anexo II da orde correspondente.
Incorporación
Os adxudicatarios poderán incorporarse ás residencias xuvenís a partir do 18 de setembro e sempre antes do 5 de outubro, salvo causa de forza maior debidamente acreditada. No seu defecto entenderase que renuncia á praza adxudicada, perdendo os seus dereitos, e procederase a cubrir a vacante conforme o disposto no artigo 6º da orden correspondente.
Obrigas dos residentes
Os residentes comprometeranse a respectar e cumprir as normas de réxime interno da residencia xuvenil. O seu incumprimento, logo de tramitación do expediente disciplinario no que se respectará, en todo caso, o trámite de audiencia, poderá dar lugar, de ser o caso, á perda da condición de residente.
- Os residentes deberán deixar os cuartos libres inescusablemente o día 15 de xullo. No caso de que o residente sexa menor de idade deberá abandoar a residencia as fins de semana e días non lectivos.
- Os desperfectos ocasionados polo mal uso das instalacións, material e utensilios, serán de responsabilidade individual dos seus autores ou colectivamente de quen teña asignadas as dependencias concretas ao seu uso, tendo que aboar o seu custo.
- Os adxudicatarios poderán incorporarse ás residencias xuvenís a partir do 18 de setembro e sempre antes do 5 de outubro, salvo causa de forza maior debidamente acreditada. No seu defecto entenderase que renuncia á praza adxudicada, perdendo os seus dereitos, e procederase a cubrir a vacante conforme o disposto no artigo 6º desta orde.
- O estado de saúde do residente deberá en todo momento permitir o normal desenvolvemento da vida residencial, debendo, en caso contrario e, por prescrición facultativa, abandoar a residencia ata a súa recuperación.
|