RURALIZARTE: XORNADAS DE CONVIVENCIA CREATIVA

DOS 12 AOS 17 ANOS

Buscamos unha nova xeración de artistas galegos!


As consellerías de Política Social e Medio Rural a través das direccións xerais de Xuventude, Participación e Voluntariado e de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, respectivamente, en colaboración cos concellos de Melide, Riós e Palas de Rei poñen en marcha o programa Ruralizarte.

Podes participar no casting en liña enviando un vídeo e a ficha de inscrición ao correo electrónico: ruralizarte2017@gmail.com

Ruralizarte é unha plataforma para dar a coñecer o talento da xuventude galega dunha maneira natural e entretida, co obxectivo de fomentar a creatividade das nenas e nenos tomando por contexto o noso rural.

Tomando Galicia como plató, 14 nenos e nenas convivirán en distintos puntos do rural, en 3 albergues xuvenís, amosando os seus dotes creativos. Guiados por expertos das diferentes disciplinas, recibirán sorpresas moi especiais!

Un grupo de participantes convivirán en Melide e o outro grupo en Palas de Rei. Despois desta convivencia, os dous grupos xuntaranse en Riós, escenario da X edición do Festival das Artes escénicas, onde darán os seus últimos pasos.
Despois de completar a súa formación, relacionaranse cos artistas convidados do festival podendo ensaiar todo o aprendido no lugar elixido para o seu gran debut artístico: “o escenario da ruta do talento”

SELECCIÓN PARA O PROGRAMA


1ª Fase: Casting en liña

Data: do 2 ao 25 de xuño (ambos incluídas).
Correo electrónico: ruralizarte2017@gmail.com

A primeira fase realizarase utilizando as novas tecnoloxías mediante un casting dixital. Un xurado composto por expertos fará a selección das 14 nenas e nenos participantes.

As rapazas e rapaces deberán mandar os seus vídeos e a ficha de inscrición ao correo electrónico: ruralizarte2017@gmail.com

Vídeo:

  • Tempo: 2 min máximo
  • 1 min presentación (relación co rural, cóntanos a túa historia, en que se diferencia?).
  • 1 min actividade escénica.


2ª Fase: Casting presencial

Data: sábado, 1 de xullo.

Localización: Santiago de Compostela.

Horario: comunicación por parte da produtora.

A segunda fase realizarase a través dun casting presencial onde as rapazas e rapaces prepararán con anterioridade a súa actuación para sorprender o xurado.

Posta en escena:

  • Tempo: 3 min máximo
  • 1 min presentación (historia de vida, relación co rural).
  • 2 min actuación.

Criterios de valoración

A empatía, o equipo, a humanidade, a túa historia, o teu compromiso, a capacidade e calidade artística, a posta en escena, a coordinación

Rematada a primeira fase do proceso de selección, a produtora porase en contacto coa nai/pai/titora/titor dos participantes seleccionados do casting en liña (antes do 28/06/2017). Así mesmo, rematada a segunda fase, a produtora comunicarase coas persoas seleccionadas para a convivencia (antes do 05/07/2017).

As persoas participantes ás que non se lles comunique a selección nas datas indicadas para cada fase, deberán entender que non superaron a correspondente fase de selección.

 

 

FOLLETO
                                           
FICHA DE
INSCRICIÓN