| Roteiros para a Xuventude |
|
|
|
O programa “ROTEIROS PARA A XUVENTUDE” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ó mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental. Os obxectivos xerais destas actividades son ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal. O programa oferta dezaseis programas de actividades. A información detallada de cada un dos programas atópase no PDF informativo.Reserva de praza Os/as interesados/as na participación neste programa poden facer a reserva de praza chamando aos números de teléfono 981 545937/ 981 545702/ 981 545822 e 981 541689, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pago da cota no prazo máximo de 48 horas. |


















