| Reserva de prazas |
|
|
PREZOSO prezo das actividades inclúe estancia, manutención e, de ser o caso, clases teóricas ou prácticas durante o período de duración do programa; non así o desprazamento ata a instalación correspondente, que correrá pola vosa conta. Os que posuades o carné xove teredes un desconto do 10% sobre os prezos establecidos neste folleto. Os que posuades o título de familia numerosa teredes un desconto do 25% sobre os prezos establecidos neste folleto. Ambos os descontos non son acumulables. RESERVA DE PRAZASA reserva podédela facer a partir do 6 de marzo, por teléfono nos servizos de xuventude e voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Unha vez que fagades a reserva da praza teredes un prazo de 48 horas, contando dende o día seguinte a aquel no que fixerades a reserva, para:
De non presentardes a documentación no prazo de 48 horas perderedes o dereito á praza. DEVOLUCIÓN DE COTASSó se devolverá a cota de participación no caso de suspensión da actividade. ACTIVIDADES
A Coruña ExpressA Coruña, Ferrol e contorna (A Coruña) Estadías de 4-5 días realizando diferentes probas nas que, por grupos e parellas, os diferentes participantes teñan que retarse e acadar obxectivos tendo que superar exercicios de intelixencia, esforzo físico, etc., desfrutando do contorno cultural, natural e patrimonial da zona. Aloxamento: A Coruña Express. As Mariñas: Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo). A Coruña Express. Ferrol: Albergues,cámpings, pavillóns.
A Coruña Express: As Mariñas
A Coruña Express: Ferrol
Ruta en embarcacións tradicionaisO Barbanza (A Coruña) O obxectivo deste programa é fomentar e impulsar a navegación en dorna de vela mediante unha actividade de tempo libre e aproximar os seus participantes aos costumes e culturas dos diferentes paraxes nos que se faga terra. Realizar a navegación mariña con coñecemento dos métodos e costumes na navegación tradicional. Apuntamento: Nota: é necesario saber nadar. Actividades: Navegación a vela tradicional, snorkel, banana acuática, aperitivos no Galeón durante a navegación, birdwatching, cata de mexillón en Cabo de Cruz, visita ás dunas de Corrubedo e aos cascos antigos mariñeiros (casas de Patín, cruceiros) e actividades alternativas.
Ruta Embarcacións Tradicionais: O Barbanza
En Contacto Coa NaturezaCosta da Morte (A Coruña)
Neste programa coñeceredes a contorna a través de actividades náuticas e de aventura. Convidámosche a navegar por este programa e desexamos que teñas unha boa marea. Equipamento necesario: Crema de protección solar, gorra, lentes de sol e roupa de baño, útiles de aseo persoal (incluída toalla), algunha peza de abrigo e de choiva, botas de montaña, calzado deportivo cómodo e unha mochila pequena. Aloxamento: Casa Rural Montur Carnota (A Coruña). Entrada o venres ata as 12:00 horas e saída o domingo ás 19:00 horas. Actividades: Surf, paddleboard, rutas en bicicleta de montaña, kaiaksurf, ruta de sendeirismo.
H2o+18Outeiro de Rei e a Mariña Lucense Preténdese darlle un coñecemento á xuventude de dous referentes na cultura da auga galega, o mar Cantábrico e o Río Miño, a través de actividades deportivas e de coñecemento do medio. Actividades de surf, escalada, xeocaching. Equipamento necesario: Saco de durmir, útiles de aseo persoal (incluído toallas), algunha peza de abrigo e choiva, chanclas para a ducha, botas de montaña, calzado deportivo cómodo e mochila pequena.. Para as actividades náuticas é recomendable crema de protección solar, gorra, lentes de sol e roupa de baño. Tamén convén levar escarpíns e se tedes neopreno podedes traelo tamén. NAVEGANDO POLO MIÑO Programa de achegamento á cultura do Río Miño a través de actividades deportivas e de coñecemento do medio a través da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”. Aloxamento: Complexo xuvenil LUG2 Actividades: Singradura polo Miño en kaiak, visita a insuas do Miño que non se poden ver por terra, escalada en rocha no Monte Segade, ruta en BTT polo Miño e xeocaching nocturno.
SURFEANDO NO CANTÁBRICO Programa de achegamento á cultura do mar a través da Mariña Lucense e o seu maior atractivo: a Praia das Catedrais, unha xoia que a mocidade galega debería de coñecer; descubriremos os segredos da auga salada. Aloxamento: Campamento Xuvenil A Devesa en Ribadeo (bungalós). Actividades: Surf, ruta de sendeirismo por riba dos arcos das Catedrais, escalada en rocódromo e rapell nas Catedrais, ruta en BTT polas cetáreas de Rinlo, xeocaching nocturno.
Aventura e DeporteMuíños (Ourense) Goza do contacto coa natureza e dos deportes naúticos no marco incomparable do Parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Aloxamento: Albergue do Corgo (Muíños)
Excursión ao centro de interpretación Aquis Querquenis (Santa Comba-Bande).
Rutas en Kaiak de MarIlla de San Simón Ruta en kaiak de mar a través da Ría de Vigo. Trátase de fomentar o respecto polo medio mariño, as rías e costas e achegarlle á mocidade a riqueza cultural e costumes do mundo mariñeiro e das vilas que se visitarán. Visitas e actividades culturais. Equipamento necesario: Cómpre que traiades lentes de sol, viseira, roupa de baño, chancletas con peche ou fanequeiras, saco de durmir e esteira, chuvasqueiro lixeiro, lanterna, cantimplora e crema solar de factor alto. Aloxamento: Fundación Illa San Simón Nota: é necesario saber nadar. Actividades: Navegación en kaiak de mar (k1 e k2), snorkel, banana acuática, sendeirismo, práctica de esquimotaxe, dinámicas de rol playing e actividades alternativas.
RUTA EN KAIAK DE MAR: ILLA DE SAN SIMÓN – RÍA DE VIGO
Rutas Coñece GaliciaA CORUÑA, VIGO E OURENSE Programa rotatorio de convivencia entre participantes galegos e procedentes da Galicia exterior, coa finalidade de dar a coñecer a realidade galega de xeito lúdico a través de xogos nos que sexan protagonistas. Excursións, Olimpíada Inter-Ruta, viaxes en catamarán, xeocaching, visitas culturais. Aloxamento: Rotatorio. Residencia Xuvenil Altamar, Residencia xuvenil F.L. Cuevillas e Albergue Xuvenil de Gandarío. Nota: Só de 18 a 22 anos.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

















