|
De bo rollo!
¿Quen non quere sentirse a gusto cos seus amig@s e compañeir@s? Nas nosas relacións de amizade conversamos sobre cousas relevantes e atractivas, escoitamos e compartimos experiecias xuntos, damos e recibimos, temos puntos de vista distintos á par que comúns, podemos dicir polo tanto que crecemos xuntos.
A amizade prodúcenos satisfacción, alimenta a nosa estima persoal e nos dá seguridade. Tod@s desexamos sentirnos aceptad@s e integrados nos espazos nos que nos movemos. Nalgunhas ocasións, nas relacións que se establecen aparece actitudes como a rivalidade, a competitividade, a insolidariedade, e o abuso. Poden xurdir por moi diferentes razóns pero frecuentemente teñen efectos negativos para as persoas que o viven. Poden darse situacións que a miudo comezan como unha burla ou broma, ás veces sin ser intencionada, pero pouco a pouco vanse convertindo en algo de todos os días, podendo mesmo derivar en situacións de acoso.
¿Como podemos evitar estas situacións?, ¿cales son as claves para o bo rollo? Tratar ás demais persoas como queres que a ti te traten, ¿podería ser unha das claves?
Queres saber máis?
Para quen?
Para mozos e mozas.
Algunhas intervención irán dirixidas a nais e pais, profesorado, axentes sociais e outras persoas que desenvolvan actividades nesta área dirixida á mocidade.
Para que?
Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de promover que a mocidade solucione os seus conflitos dun modo positivo, ademais de que sexan os propios compañeiros os que medien á hora de resolver situacións de conflito.
Obxectivos específicos:
• Potenciar o desenvolvemento de actitudes de asertividade e empatía, nos procesos de interacción persoal. • Fomentar á resiliencia á hora de resolver os conflitos que se poidan plantexar nas diferentes relacións interpersoais (amizades, escola, familia) • Fomentar o traballo cooperativo entre pais, nais, nenos e nenas, profesorado e profesionais da rede de Centros de Asesoramento para abordar situacións de violencia ou de acoso que se poidan detectar. • Dotar de ferramentas ao profesorado para traballar a xestión das emocións e a prevención dos conflitos. • Fomentar as relacións de apoio entre iguais. • Coñecer os distintos elementos que forman parte nos procesos comunicativos e relacionais, e como inflúen nos diferentes contextos comunicativos.
Como?
Para a consecución dos diferentes obxectivos, o 'Quérote Máis' vai poñer en marcha unha serie de accións específicas que figurarán neste apartado. Entre elas as actividades previstas serán:
Consultas
Fai xa uns meses que a un compañeiro de clase, sempre que saímos ao patio, insúltano e péganlle, el dime que non quere vir máis á escola, que ten medo, ¿Que lle podería dicir?
As veces tomámosnos certas situacións a broma e as deixamos pasar sen facer nada ao respecto, sen darnos conta de canto lle pode estar a afectar a unha persoa. Cando estas situacións se prolongan no tempo poden chegar a convertirse en feitos que poden ter efectos moi negativos. Ante estas situacións nas que alguén sofre agresións verbais e físicas a diario, unha forma de actuar podería ser falar cos pais e/ou co profesorado do centro educativo. Se non sabemos como facelo, a Rede de Centros de Asesoramento pode ser un lugar onde asesorase. Podes ou podedes poñervos en contacto connosco para falar deste situación que vos está a preocupar.
Son profesora nun centro de ensino de secundaria, ¿como podo traballar na aula para mellorar a convivencia e as relacións positivas entre o alumnado?
Unha das maneiras podería ser programar actividades grupais que fomenten a adquisición de habilidades para lograr:
- unha autoestima forte, seguridade nun mesmo, coñecer as porpias capacidades e limitacións, o que lles levará a actuar en consecuencia.
- a expresión das emocións, os medos, a defensa dos “dereitos” pese á presión do grupo, o respecto aos demáis, a asertividade e a autonomía.
- a sociabilidade, e que, en definitiva, non se necesite danar nin agredir a outros para conseguir os propios obxectivos, e defenderse das agresións e presións externas, acudindo sen medos ás figuras de referencia (familiares, profesorado, etc.) cando se vexa necesario.
|