Proxecto LEWO
Proxecto LEWO “ Vida permanente con voluntarios” -  LIFE16 ESC -: un proxecto para a xuventude que desfruta e coida a natureza

Queres participar nun proxecto de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia?
Tes interese pola natureza e a contorna na que vives?
Presta atención.....

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural (DXPN) poñen en marcha o proxecto “Vida permanente con voluntarios” (Evergreen With volunteer) -acrónimo LEWO-, ao abeiro do programa LIFE 2016 do Corpo de Solidariedade Europeo.

Con este proxecto preténdese:

- Contribuír á redución do impacto que a acción humana ten sobre o Patrimonio Natural.
- Facer sustentable  o uso de recursos naturais.
- Promover a educación ambiental  e a participación cidadá no coidado da natureza.

O obxectivo final é potenciar  o patrimonio natural de Galicia  a través da creación dun grupo de mocidade voluntaria que ata xuño de 2019 realizará diferentes actividades dentro de 17 dos hábitats naturais da rede Natura 2000 e áreas especiais de protección de aves en Galicia.

As persoas voluntarias desenvolverán actividades de:

- Preservación e conservación de 17 áreas Natura 2000 de Galicia.
- Investigación (catalogación de flora e fauna de Galicia)
- Educación (Sensibilización, formación, exposición)


Se tes entre 18 e 30 anos e interésache participar nesta actividade de voluntariado ambiental, primeiro debes inscribirte como persoa voluntaria no Corpo Europeo de Solidariedade:

 http://europa.eu/youth/SOLIdARity_es

 (Portal Europeo da Xuventude)

Prazas: 300. Prevese unha reserva dun 10% das prazas para mozos e mozas con diversidade funcional.

Podes solicitar máis información:

No correo electrónico erasmus.xuventude@xunta.gal
No teléfono 881 999 567

life

 LIFE16 ESC ES 001