Curso Online: CLOUD COMPUTING DESENVOLVEMENTO

06 Set 2022

A Escola de Organización Industrial e Generation, en colaboración con Microsoft e a IAMCP, forman á xuventude e achegan as competencias necesarias para a incorporación ao mundo laboral.

Participa neste programa, completamente gratuíto, en formato presencial virtual, con formación síncrona co profesor en directo.

Este programa forma parte da iniciativa de Microsoft Crea Futuro Alumno 4.0, que está dirixido a axudar a mozos sen emprego a adquirir os coñecementos, certificacións e experiencia necesarios en todas as áreas de solucións de Microsoft que lles permitirán incorporarse ao mercado laboral.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 09 de outubro de 2022.

Data de inicio o 10 Outubro 2022. Clases de luns a venres. Xeralmente horario de mañá 9.00 – 14.00 horas e titorías individuais e grupais algunhas tardes.

Requisitos

  • Ter entre 18 e 29 anos.
  • Estar desempregado e ser beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Estudos mínimos recomendados de formación profesional e universidade.
  • Dispoñibilidade completa con alta esixencia de estudo.
  • Dispoñer de equipo informático con micrófono-altofalante incorporado e boa conexión a internet, recomendable cámara para as sesións en liña.

 

Páxina web | seleccion@generation.org