Centro Coordinador de Información Xuvenil

O Centro Coordinador de Información Xuvenil é o centro neurálxico da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil. Dende el envíase toda a información ao resto de centros galegos. O seu obxectivo principal é desenvolver e coordinar actividades de interese xuvenil que respondan a demandas da mocidade galega.

AULA22AULA33É o encargado de promover diferentes accións en materia de xuventude. Elabora información de interese para os mozos e mozas e coordina os puntos onde ésta se distribúe. Coopera coas entidades públicas para a promoción de actividades de interese para os novos, organiza cursos de formación complementaria do persoal dos servicios de información xuvenil e asesora aqueles mozos e mozas que pretendan emanciparse ou precisen información en materia educativa.

Enderezo: R/ Ramón Piñeiro, 17-19 baixo. 15702 Santiago de Compostela.

Horario: de luns a venres de 9:00 h a 19:00 h

Teléfonos: 881 997 605, 881 997 606 e 881 997 608

Enderezo electrónico: informacion.xuventude@xunta.gal