Vitalízate

Sensacións ou sustancias?

Que sustancias se poden considerar drogas?, cales son os seus efectos?, que riscos entraña o seu uso?, por que se consumen? Existen poucos asuntos tan cheos de estereotipos e de prexuízos como o consumo de drogas. Pensamos que estamos ben informados pero na práctica a información que temos é moi limitada.

Ás veces nos relacionamos coas drogas para experimentar certas sensacións, para non sentirnos diferentes, para evadirnos de certas preocupacións, etc. Non nos paramos a pensar que eses mesmos efectos os podemos conseguir doutras maneiras sen que a nosa saúde se vexa afectada. Na mocidade é frecuente a búsqueda de experiencias e sensacións intensas e novas, para acadalas podemos elexir entre moitas alternativas: deportes de aventura, o amor, a música, o baile, colaboracións con ONG’s, viaxar, coñecer xente nova…

Cando somos mozos, ás veces non valoramos a relación entre as accións de hoxe e as consecuencias do mañá, sentímonos indestructibles e invulnerables. Isto pode dar lugar a decisións arriscadas que non só afectan á nosa saúde física senón tamén ás relacións coa nosa familia, coas amizades, coa parella, á nosa autoetima, a forma que temos de resolver as dificultades, etc.

 

Queres saber máis?

 

Para que?icono


Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de facilitar unha información e asesoramento de calidade na relación coas drogas, promovendo e fomentando a toma de decisións responsable.

Obxectivos específicos:
•    Canalizar positivamente a curiosidade cara actividades constructivas e saudables.
•    Compartir unha información fiable sobre as drogas e os riscos asociados ao seu consumo, co fin de favorecer unha toma de decisións libre.
•    Estimular a autoestima co obxecto de reducir a influencia da presión grupal.
•    Promover unha vivencia rica do tempo libre.
•    Educar en habilidades que favorezan a toma de decisións responsables para un mesmo e para a comunidade.

 

Consultasicono


Un amigo quere que me fume un porro con el, ¿pareceralle mal se lle digo que non e deixará de saír conmigo?

Ás veces os nosos colegas propóñennos acompañalos en  experiencias que non sempre queremos compartir, ben porque non nos parecen atractivas, porque sabemos que non nos conveñen, ou porque sinxelamente non temos o mesmo interese. Nesas situacións, xúrdennos dúbidas sobre se as diferentes opinións poden afectar á relación.
Nalgúns casos acabamos facendo o que nos propoñen aínda que non sexa o que nós queremos.
Os porros están feitos con sustancias psicoactivas que poden ter efectos a nivel físico e psíquico que non sempre podemos controlar, é importante ter isto en conta para non expoñernos a situacións non desexadas.

 

Escoitei unha información contradictoria, escoitei que o alcol xeneraba euforia e tamén que xeneraba depresión, ¿cal é a información acertada?

É certo que moitas veces a información que  podemos recibir por distintas vías pode ser contradictoria. Como ben estás facendo, contrastar e verificar o que escoitamos é unha das mellores opcións.
O alcol é un depresor do sistema nervioso central, é dicir, ralentiza as funcións vitais a doses altas. Sen embargo, a doses baixas ou moderadas pode provocar estados de euforia e de estimulación, podendo confundirse cun estimulante.
Os seus efectos inmediatos poderían ser a euforia, desinhibición, relaxación ou aumento da sociabilidade. A medida que aumenta a cantidade inxerida, irán aparecendo dificultade para falar ou para asociar ideas, descoordinación motora ou aumento do tempo de reacción.

 

Informaciónicono


Información sobre drogodependencias

Páxinas web de interese

Ligazóns institucionais

Asociacións de axuda a drogodependentes

 

Documentaciónicono


Referentes estratéxicos

Estudos

Boas prácticas

Campaña Happy Hour: engánchate á vida sa