Relaciónate

 

Súmate ao bo trato!

Coas nosas amizades conversamos sobre cousas relevantes e atractivas, escoitamos e compartimos experiencias, damos e recibimos, temos puntos de vista distintos á par que comúns, podemos dicir polo tanto que crecemos xuntos. As diferenzas coas amizades son polo tanto unha realidade e un valor engadido, non teñen que ser un problema!

A amizade pode producirnos grandes satisfaccións, alimentar a nosa estima persoal e darnos seguridade. Por iso é un valor ter unha rede social coa que poder contar! Todas as persoas desexamos sentirnos aceptadas e integradas nos espazos nos que nos movemos, non si?

Nalgunhas ocasións xorden conflitos porque partimos de puntos de vista distintos e a clave é como xestionamos esas situacións. Expresar como nos sentimos, pedir o que necesitamos, agradecer e desculparse, poñerse no lugar da outra persoa...poden ser algunha das habilidades que nos poden ser de axuda nesa xestión.
Poden darse situacións que a miudo comezan como unha burla ou broma, ás veces sin ser intencionada, pero pouco a pouco vanse convertindo en algo de todos os días, podendo mesmo derivar en situacións de acoso.

Como podemos evitar estas situacións? Que podemos facer se acontecen? Contacta con Quérote+ para ter respostas ás túas preguntas!

Trata ás demais persoas como queres que a ti te traten! Súmate ao bo trato!

 

Queres saber máis?

 

 

Para quen?icono


Para mozos e mozas.

Algunhas intervención irán dirixidas a nais e pais, profesorado, axentes sociais  e outras persoas que desenvolvan actividades nesta área dirixida á mocidade.

Para que?icono


Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de promover que a mocidade solucione os seus conflitos dun modo positivo, ademais de que sexan os propios compañeiros os que medien á hora de resolver situacións de conflito.

Obxectivos específicos:

•     Potenciar  o desenvolvemento de actitudes de asertividade e empatía, nos procesos de interacción persoal.
•    Fomentar á resiliencia á hora de resolver os conflitos que se poidan plantexar nas diferentes relacións interpersoais (amizades, escola, familia)
•    Fomentar o traballo cooperativo entre pais, nais, nenos e nenas, profesorado e profesionais da rede de Centros de Asesoramento para abordar situacións de violencia ou de acoso que se poidan detectar.
•    Dotar de ferramentas ao profesorado para traballar a xestión das emocións e a prevención dos conflitos.
•    Fomentar as relacións de apoio entre iguais.
•    Coñecer os distintos elementos que forman parte nos procesos comunicativos e relacionais, e como inflúen nos diferentes contextos comunicativos.

Como?icono



Para a consecución dos diferentes obxectivos, o 'Quérote Máis' vai poñer en marcha unha serie de accións específicas que figurarán neste apartado. Entre elas as actividades previstas serán:

 

Consultasicono


Fai xa uns meses que a un compañeiro de clase, sempre que saímos ao patio, insúltano e péganlle, el dime que non quere vir máis á escola, que ten medo, ¿Que lle podería dicir?

As veces tomámosnos certas situacións a broma e as deixamos pasar sen facer nada ao respecto, sen darnos conta de canto lle pode estar a afectar a unha persoa. Cando estas situacións se prolongan no tempo poden chegar a convertirse en feitos que poden ter efectos moi negativos. Ante estas situacións nas que alguén sofre agresións verbais e físicas a diario, unha forma de actuar podería ser falar cos pais e/ou co profesorado do centro educativo.
Se non sabemos como facelo, a Rede de Centros de Asesoramento pode ser un lugar onde asesorase. Podes ou podedes poñervos en contacto connosco para falar deste situación que vos está a preocupar.

Son profesora nun centro de ensino de secundaria, ¿como podo traballar na aula para mellorar a convivencia e as relacións positivas entre o alumnado?

Unha das maneiras podería ser programar actividades grupais que fomenten a adquisición de habilidades para lograr:

  • unha autoestima forte, seguridade nun mesmo, coñecer as porpias capacidades e limitacións, o que lles levará a actuar en consecuencia.
  • a expresión das emocións, os medos, a defensa dos “dereitos” pese á presión do grupo, o respecto aos demáis, a asertividade e a autonomía.
  • a sociabilidade, e que, en definitiva, non se necesite danar nin agredir a outros para conseguir os propios obxectivos, e defenderse das agresións e presións externas, acudindo sen medos ás figuras de referencia (familiares, profesorado, etc.) cando se vexa necesario.

 

Campañas


Cultivando as relacións

Cartaz

Folleto

 

Teñamos un bo trato, fagamos un trato bo

Folleto

 

Documentación

Referentes estratéxicos

Estudos

Normativa

Boas prácticas