Os vínculos mediados polo amor


As persoas somos quen de sentir amor e de saber que o sentimos. O amor é un sentimento moi complexo, que pode ter modalidades diferentes. Por exemplo, podemos sentir amor cara ás persoas coas que temos relación: a nosa nai, o noso pais, as nosas irmáns e irmás, outras familares, as nosas amigas e amigos, a nosa parella... e todos estes tipos de amor son diferentes entre si. Algunhas veces disinguimos entre agarimo e amor (agarimo é oque sentimos cara a familiares e amizades, e amor o que sentimos cara á parella). Os distintos "tipos de amor" diferéncianse entre si polas súas "cualidades" (características que reúnen) e tamén pola súa intensidade ou forza.