Entón... que sentimos as persoas?


Os sentimentos son un conxunto de cambios de estado de ánimo. Aínda que podemos saber que se están producindo, é moi difícil poñerse de acrodo no seu significado... e se non pensade que é o amor?, e a ledicia?, e o medo?... verdade que non resulta moi doado buscar un significado para isto?... e se o atopáramos... sería probábel que coincidísemos co que lle dan outras persoas?... seguramente non... Cando unha persoa tenta definir un sentimento, dáse de conta de que carece das palabras axeitadas para facelo... moitas veces recorre a xestos, outras veces a exemplos e outras veces logra dar unha definición das principais cualidades que ten para ela... quizais por iso non cincide coas demais na súa apreciación, porque os exemplos e as principais cualidades de algo así dependen da nosa experiencia e esta é diferente segundo a persoa... pero, así e todo, podemos comentar algunhas cousas importantes sobre os sentimentos... animádesvoas a exploralos?