Método do coito interrompido

marcha_atras


É a popular e antiquísima marcha atrás, por outra parte moi pouco recomendable. O home debe retirar o pene da vaxina antes de exacular, dando por rematado o coito.

Se non se controla ben e se exacula dentro haberá risco evidente pero tamén o hai dende o inicio da penetración, por mor dos fluídos contidos nos conductos xénito-urinarios masculinos, con espermatozoos de exaculacións anteriores e que saen do pene sen orgasmo e sen que se note.

Por outra parte, repenetrar na vaxina tras exacular fóra ten un alto perigo de embarazo, polos mesmos motivos que indicamos anteriormente.