Método do calendario, ou Método de Ogino-Knaus

calendario

 

Os doutores Ogino e Knaus (de aí o nome deste método) demostraron que a ovulación se produce aproximadamente no día intermedio entre dúas regras e idearon unha fórmula para calcular o período fértil de cada muller. Previamente á aplicación da fórmula, a muller debe rexistrar nun calendario entre 8 e 12 regras seguidas.

O método consiste en manter abstinencia sexual durante os días fértiles (anteriores e posteriores á ovulación).

É un método moi pouco seguro en todo caso, pero en especial se a muller non ten os ciclos moi regulares, o cal lle ocorre a moitísimas adolescentes.