Método da temperatura basal

temperatura_basal


Tenta identificar o día da ovulación polo aumento da temperatura corporal, que é 0,5ºC máis alta do habitual as 24-48 horas despois da ovulación.

O método consiste en medir a temperatura corporal diaria e escrupulosamente, sempre á mesma hora, durante varios meses, e ila anotando nunha gráfica especial.

Suponse que, deste xeito, a muller remata por saber cando ovula... pero só se supón, porque aínda en mulleres cos ciclos moi regulares só detecta un 62% das ovulacións.

O método é moi pouco seguro e esixe grande autodisciplina.