DIU con proxestáxeno
No canto do cobre, leva un depósito cunha hormona sintética semellante á proxesterona, o levonorxestrel, moi usado nas pílulas anticonceptivas. Ten unha eficacia do 99% e custa 170 euros (valor aproximado).
A liberación constante do proxestáxeno impide ou minimiza o crecemento da mucosa endometrial, reducindo moito ou mesmo eliminando a regra nos cinco anos de uso recomendado.
Nas consultas do Sergas ponse como tratamento da menstruación esaxerada (menorraxia), gratuitamente.