Son como anacos de esparatrapo, cadrados, que conteñen as mesmas hormonas dos produtos anteriores. Teñen unha eficacia dun 98% a 99%. Unha caixa con 3 parches custa 14 euros (valor aproximado).
Uso
Debes colocar o parche sobre a pel de calquera destas zona do corpo: nádegas, ombreiros, brazos ou abdome, e premer despois por toda a súa superficie para que quede ben pegado.
O parche deberá permanecer pegado durante 7 días, transcorridos os cales deberás cambialo por outro (o cambio debe coincidir sempre no mesmo día da semana), e así ata tres veces. En total, os tres parches botan 21 días postos.
Igual que o anel, o custo dos parches non está cuberto pola Seguridade Social, así que debes abonar ti a totalidade do importe, que ascende a 14,50 euros por cada ciclo (tres parches).