É un anel moi flexible que contén as hormonas estróxenos e proxestáxenos. Só existe un preparado no mercado. Ten unha eficacia dun 98% a un 99% e custa 14 euros (valor aproximado).
Uso
Introdúcese o anel dentro da vaxina, presionando polo medio para que entre sen dificultade, e lévase, tamén co dedo, ata a parte superior da mesma.
O anel debe permanecer no interior da vaxina durante tres semanas, ao cabo das cales se retira moi facilmente, tamén co dedo.
Polo tanto, cada anel dura un ciclo. Neste sentido, debes saber que o seu custo aproximado é duns 13-14 euros, que debes abonar ti na súa totalidade, xa que non está cuberto pola Seguridade Social.