Son métodos anticonceptivos que conteñen só unhas das hormonas sexuais, neste caso os proxestáxenos que impiden a ovulación e, polo tanto, impiden o embarazo. Tamén fan máis espeso o moco cervical, co que dificultan a entrada dos espermatozoides no útero. Son moi seguros.
Igual cós métodos combinados, podes atopar no mercado diferentes modalidades e presentacións.