Esponxas vaxinais


esponxa_vaxinal


Trátase dunha esponxiña moi suave, de forma redondeada e de varios centímetros de grosor, que vén suxeita a un cordeliño (semellante ao dos tampóns) e está enchoupada en crema espermicida.

As esponxas veñen en envases individuais (igual cós preservativos). Neste caso nunha especie de tarriño de plástico semirríxido, tapado cunha lámina de plástico máis flexible que vén pegada ao seu bordo.

Utilízase basicamente igual có diafragma e, para retirala, tírase polo cordón.

É un pouco menos segura có diafragma (o fracaso do método pode chegar ata o 28%), e debes ter en conta que só protexe fronte ao embarazo, nunca fronte ás ETS.

Por outra parte, a súa distribución é irregular, polo que non sempre é doado atopalos nas farmacias ou nas parafarmacias.