Diafragma

diafragma


Trátase de unha especie de carapuchiña de forma redondeada e cunha cúpula, relativamente grosa e moi flexíbel. O bordo da carapucha ten un lixeiro engrosamento que lle permite manter a súa forma. A súa eficacia é dun 80% a 90% e custa 30 euros (valor aproximado).

Precisa consulta e aprendizaxe do uso. Gratuíto en todos os Centros de Orientación Familiar.

Normas para a súa correcta utilización:

  • O diafragma introdúcese na vaxina previamente untado en abundante crema espermicida. Para colocalo, apértanse os bordes e métese coa cúpula cara abaixo (entrará sen dificultade ningunha). Empúrrase cara arriba até que quede tapado o colo do útero.
  • Tamén se pode introducir sen a crema e aplicar logo de colocar un óvulo vaxinal espermicida.
  • Pódese introducir ao comezo da práctica sexual, porque non estorba nin molesta. Polo tanto, non hai que esperar ao momento da penetración.
  • Despois do coito, cómpre esperar un anaco para retiralo, xa que os restos de seme que quedan na vaxina poderían implicar un risco de embarazo.
  • Unha vez retirado, lávase, sécase ben, bótaselle po de talco e gárdase no seu estoxo, ata un novo uso.
  • Unha das diversas vantaxes do diafragma é que vale para moitas veces, pero para non lle restar efectividade hai que coidalo ben: lavalo, secalo e botarlle pos, e non telo en lugares moi quentes ou húmidos.

Debes saber que:

  • Para utilizar un diafragma debes acudir ao teu Centro de Orientación Familiar, para que o persoal médico mida o teu colo do útero xa que existen varios tamaños e é conveniente que se che axuste ben ao seu sitio.
  • O uso do diafragma, sen esta medición previa, pode facer que ao non ser da túa medida, faga aumentar moito o risco de embarazo.
  • O diafragma só protexe fronte ao embarazo: nunca fronte ás ETS.
  • É un método anticonceptivo relativamente seguro. A porcentaxe de fallos, co uso habitual que lle dá a xente, é de entre un 12 e un 20%.