Métodos cirúrxicos
Hai dous métodos cirúrxicos, con moitas variantes en cada un deles:
* Anticoncepción cirúrxica feminina, ou ligadura das trompas. Consiste, como o seu nome indica, en ligar as trompas de Falopio, impedindo así o encontro entre o espermatozoide e o óvulo.
* Anticoncepción cirúrxica masculina: a vasectomía. Consiste na ligadura dos condutos deferentes, á altura do seu paso polas éngoas. A intervención é moito máis simple cá ligadura de trompas, realízase con anestesia local e non produce complicacións.
Émbolos dous métodos son moi seguros, pero só fronte ao embarazo. Nunca fronte ás ETS. Ademais estes dous métodos cirúrxicos son irreversibles.