Tipos de métodos anticonceptivos

 

Existen moitos tipos de métodos, que se adoitan clasificar segundo múltiples criterios. Escollemos, neste caso, unha das clasificacións máis sinxelas, coa que te poidas manexar mellor.

  • Naturais ou biolóxicos: baséanse na identificación dos días de maior fertilidade da muller e consisten en evitar o coito nesas datas.
  • Barreiras: tentan evitar o encontro do óvulo cos espermatozoos ou espermatozoides, tapando os condutos polos que circulan.
  • Hormonais: evitan a ovulación.
  • Intrauterinos: son os D.I.U., que funcionan por varios mecanismos anticonceptivos.
  • Cirúrxicos: evitan o contacto entre o óvulo e os espermatozoides, por interrupción permanente dos condutos polos que circulan estas células.