Producida por Trichomonas vaginalis, un protozoo parásito que coloniza o tracto uro-xenital. É a ETS non vírica máis frecuente en todo o mundo.
A frecuencia da transmisión é máis alta de home a muller, sempre por contacto sexual. No parto, a nai infectada pode transmitirllo ao bebé. Non está demostrada a transmisión por roupa, obxectos ou louza sanitaria contaminados. Afecta sobre todo as mulleres, causando fluxo vaxinal abondante, de cor amarela-verdosa ou gris-verdosa, e fedorento; e un proído vulvar intenso. Nos homes pasa desapercibida, agás nuns poucos casos de uretrite. Tanto nos homes coma nas mulleres, o 50% dos casos non dan síntomas.
A tricomoniase case sempre está asociada a outras ETS, en especial á gonorrea (máis do 45% dos casos). Ten tamén relación especial co VPH. O tratamento médico é sinxelo e cómpre dárllelo sempre ás parellas sexuais, aínda que non presenten síntomas. Entre as doenzas de transmisión sexual producidas por parásitos inclúense a tricomoniase, a amebiase, a xiardiose, a pediculose e a sarna