Os espermatozoides son as células que fecundan os óvulos, dando lugar a un embarazo. Igual que os óvulos, contan con 23 cromosomas, en lugar de 23 pares, que teñen o resto das células da especie humana. Proceden da maduración das espermátides, que se van dividindo por meioses para reducir os cromosomas.
Son células móbiles, que se desprazan polo interior dos túbulos e condutos e que, logo dun coito, ascenden polo útero arriba e introdúcense polas trompas de Falopio.
Teñen una forma alargada e constan de cabeza (parte voluminosa), colo (estreitamento que segue á cabeza) e cola (flaxelo que lles proporciona mobilidade).
Durante o tempo que permanecen no interior dos túbulos seminíferos están suxeitos ás células de Sertoli, que lles proporcionan nutrición para rematar o seu período de crecemento e maduración.