Son dous condutos longos e estreitos, cun dos seus extremos unido ao útero e o outro aberto, situado moi perto do ovario. Este extremo aberto é máis ancho có outro é ten forma de funil. No seu borde hai unhas prolongacións que se chaman fimbrias.
A superficie interior das Trompas está recuberta por unha capa de cilios, que son unha especie de velosidades moi finiñas con capacidade para realizar movementos.
A función das Trompas de Falopio é a de captar ou sucionar o óvulo, e conducilo a través del ata chegar a un punto do seu percorrido onde pode ser fecundado por un espermatozoide.
No caso de que o óvulo fose fecundado, aloxan o ovo durante os primeiros días e logo axúdano a percorrer o resto do traxecto ata chegar ao útero, onde se implanta para continuar coa xestación.
No caso de que non se produza a dita fecundación varren o óvulo que xa non é útil para ser desbotado.