Os labios menores son dous pregamentos máis pequenos, situados por debaixo dos labios maiores, que cubren a entrada da vaxina. A súa superficie é lisa e húmida e a súa parede delgada, sen nada de graxa.
Na parte de diante, o extremo de cada labio divídese en dous: un sitúase por cima do clítoris (porción externa), e o outro por debaixo (porción interna), formando o freíño.
Na parte de atrás, os extremos únense, formando o que se chama freíño labial.