Os labios maiores son dous pregamentos longos que comezan no monte de Venus e diríxense cara atrás. A súa parte externa tamén se cubre de pelo durante a puberdade e a interna, lisa e húmida, e recubre o resto dos xenitais externos.No seu interior hai graxa, algún músculo e moitas glándulas secretoras de sebo.