Os xenitais externos

xenitais_externos

 

Chámanse xenitais externos ao conxunto de elementos do aparato xenital da muller que están situados no exterior do corpo, no espazo comprendido entre ambas as dúas coxas, desde a parte de diante ata a parte de atrás. Esta rexión onde se ubican recibe o nome de vulva. Os elementos anteditos son: O monte de Venus, os labios maiores, os labios menores, o clítoris e o vestíbulo vaxinal.