Os aparatos xenitais

 

Chamamos aparato xenital ao conxunto de órganos que interveñen na procreación. Algúns destes órganos tamén interveñen no exercicio da sexualidade, aínda que non son os únicos.

Cremos que che pode vir moi ben ter unhas nocións básicas sobre estes aparatos, xa que che permitirá comprender mellor o funcionamento de determinados métodos de protección fronte á xestación e ás Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS).