Quérete

 

Queres coñecer os segredos do sexo?

banner

¿Temos claro que é iso do sexo?, ¿o sexo é algo que se ten, algo que se fai ou algo que se é?, entón, ¿de que estamos a falar? Confúndese 'sexo' con 'sexualidade', e socialmente considéranse sinónimos, pero esta amalgama sería o mesmo que confundir 'persoa' con 'personalidade'. ¿E se 'sexo' é algo que somos, home e muller, e a 'sexualidade' é como o vivimos?

Na nosa sociedade existen contradicións no referente á mocidade e á sexualidade. Por unha banda, semella que existe formación suficiente para que vivamos a sexualidade de forma satisfactoria, pero por outra, comprobamos que seguen a existir prexuízos, mitos e situacións non desexadas.

Necesitamos conseguir habilidades que nos permitan unha vivencia plena, responsable e constructiva da nosa sexualidade. É un paseo no que cultivamos e exploramos os camiños nos que cada quen toma as súas decisións e constrúe a súa biografía, de maneira que poida afrontar as dificultades que poidan xurdir ou mellorar aqueles aspectos que consideremos.

Sentimos de maneiras diferentes, temos desexos do máis diverso, os nosos corpos son únicos e cada quen marca o seu propio ritmo. Hai, polo tanto, tantas sexualidades como persoas e esta diversidade é unha das riquezas do ser humano.

 Queres saber máis?

 

Para quen?icono


Para mozos e mozas.

Algunhas intervención irán dirixidas a nais e pais, profesorado, axentes sociais  e outras persoas que desenvolvan actividades nesta área dirixida á mocidade.

 

Para que?icono


Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de contribuir ao coñecemento, aceptación e vivenciación da sexualidade do xeito máis pracenteiro e satisfactorio posible, promovendo así a vivencia libre da sexualidade e da construción da propia biografía como seres sexuados.

Obxectivos específicos:

•    Transmitir a concepción da sexualidade dun xeito plural, de respectar á diversidade, de aceptar a igualdade dentro da diferenza, a explorar os nosos medos e a potenciar as nosas fortalezas, os noso desexos, de buscar o pracer de xeito constructivo e duradeiro, e ser responsables das nosas conductas.
•    Promover o respecto á diversidade, o dereito á diferencia sexual, o respecto polos sexos e a valoración positiva dos mesmos.
•    Apoiar e asesorar na resolución das dificultades no eido da sexualidade que actualmente inciden na sociedade (embarazos non desexados, infeccións de transmisión sexual, homofobia, transfobia, situacións de desigualdade, etc.)
•    Promover as habilidades que fomenten a convivencia entre os sexos.
•    Informar e asesorar no tocante ás prácticas eróticas, contribuíndo a aclarar tabús e falsos mitos.
•    Promover actitudes positivas fronte as diversidades e peculiaridades sexuais, aportando elementos clarificadores e información para a comprensión de feitos habituais no noso día a día (orientación do desexo, identidade sexual, gustos e desexos, etc.).

Como?icono


Para acadar os obxectivos marcados,o 'Quérote Máis' vai poñer en marcha unha serie de accións específicas que figurarán neste apartado. Entre elas as actividades previstas serán:

 

Consultasicono


A miña parella dime que lle poña o preservativo, pero a min dame corte porque nunca llo coloquei antes, que fago?

O preservativo é o medio que temos para evitar algunhas das situacións non desexadas nas nosas relacións eróticas como a transmisión de certas infeccións e os embarazos non planificados. Ás veces utilizalo pode dar vergoña por medo a non saber cómo colocalo, ou por non telo feito nunca. A súa colocación é sinxela, soamente necesitarías practicar antes para facelo con mais maña!. Pode ser incluso unha parte máis do xogo erótico. Se aínda así non o tes claro, podes propoñerlle a túa parella que che ensine a colocalo, seguramente o fará con moito gusto!
Tamén poderías pasar por un dos nosos centros se tes dúbidas sobre como se coloca.

 

Teño fantasías nas que teño relacións cunha muller, son lesbiana?

As fantasías eróticas son pensamentos ou imaxes que evocamos que nos poden resultar excitantes, pero que non sempre teñen que gardar relación co que desexamos ou facemos na realidade.
Independentemente de que sintas desexo cara as mulleres ou non, na túa man está fantasear con este feito ou con moitas outras cuestións que che poidan resultar excitantes.  As fantasías teñen os límites que nós mesmos lles estipulamos, son parte do noso imaxinario e un recurso moi recurrente na busca de sensacións e momentos excitantes.
Se tes dúbidas ou queres afondar máis neste tema podes pasarte por un dos nosos centros.

 

Documentaciónicono


Referentes estratéxicos

Estudos

Normativa

Guías

Documentación

 

Campañasicono

  BLIKELike pola diversidade

Cartel

Tarxeta

 

 

  BPONTECampañas e publicacións

 Folleto Ponte ao día coas ITS

 

BEROTICA

 

Folleto A erótica do bo trato

 

 

 probavihProba rápida do VIH   

Campaña Proba rápida do VIH  

 

 

 B20Que fas en 20 minutos?

Cartel

Tarxetón