A proba rápida do VIH nos centros Quérote+

                                                  DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA – 1 DE DECEMBRO

 

“+Info sobre VIH?”, “Eu pensaba que sería outra cousa”, “eu xa sei todo o que teño que saber”,…

Se pensas iso, é posible que tamén penses “Que me pode aportar Quérote+?”

Proba de detección do VIH en saliva (resultado reactivo en 20minutos)

+ Confidencial

+ Anónima

+ Sen cita previa* 

+ De balde

+ Equipo de atención especializado

Estímase que o 25% das persoas con VIH descoñecen que son portadoras. O VIH non ten por que presentar síntomas e o único método é facer unha proba específica.

Quérote+ quere facelo contigo… e ti?

FACÉMOLO?

Achégate polos nosos centros Quérote+ de toda Galicia e farémolo!

*(recomendada  para o centro Quérote+ de Vigo)

                                                            logos_querote

 

FACÉMOLO?

Facémolo é unha campaña para difusión de información sobre o VIH e a realización da proba de detección en fluido oral. A experiencia do equipo de traballo de Quérote+ neste ámbito, amósanos que a día de hoxe, continúan a existir determinadas cuestións que non están de todo claras en relación ao virus. Vías e prácticas de transmisión, detección, protección fronte ó virus,… Por iso vólvese preciso achegarse ás persoas para, ademáis de ofrecer unha información clara, directa e comprensible, posibilitar a interacción e o intercambio de opinións sobre o camiño a seguir na prevención do VIH. Nos centros Quérote+ traballamos unha equipa de profesionais especializados, con formación específica para o asesoramento sobre o VIH e a realización da proba de detección. Unha equipa co que poderás conversar, preguntar e por suposto, realizar a proba rápida do VIH. Unha proba totalmente grauita, anómina e confidencial, coa que poder coñecer se existe a presenza, ou non, de anticorpos de VIH no organismo. 

Estímase que o 25% da poboación portadora, descoñece que ten VIH. Como é posible? Porque o VIH pode estar asintomático, é decir, non presentar síntomas nen manifestarse externamente no corpo. A persoa pode sentirse perfectamente, sen nengún tipo de molestia ou afección. Pero a pesares de non mostrar síntomas, esa persoa, ao ser portadora do VIH, pode transmitirllo a outra persoa, esta a outra, e así é como se produce a cadea de transmisión do virus. A única maneira de detectalo é cunha proba específica, xa sexa a través de sangue ou con fluido oral, que é a que realizamos nos centros Quérote+.

O diagnóstico precoz é fundamental. Canto antes se coñeza a presenza de VIH no organismo, antes se poderá iniciar o seguemento especializado, e deste xeito, continuar a vida cotiá, tendo en conta esta nova particularidade.

Quérete un pouco máis, faino con nós!

Este ano contamos coa colaboración de diferentes Asociacións de Hostalaría de Galicia, que gracias ao seu esforzo farán unha distribución das pegatinas editadas para a campaña nos locais asociados aos que acode un público maioritariamente xoven.

1- Cuestións previas: Cando facer a proba?

 

O primeiro paso é coñecer as vías polas que é posible a transmisión do VIH. En internet poderás atopar moitas páxinas que ofrecen información, ás veces incongruentes, outras contradictorias e incluso referencias que non responden á realidade científica e que poden provocar máis dúbidas ao respecto.  Por isto, tentamos ser o máis concretos e específicos posibles, con fin de clarexar posibles dúbidas.

A infección só pode producirse cando unha cantidade suficiente de virus, que se atopa en determinados fluidos con capacidade infectante (sangue, seme, secrecións vaxinais ou o leite materno), penetra no sangue a través de feridas, pinchazos, lesións na pel, na mucosa vaxinal, anal ou bucal.

Situacións nas que isto pode acontecer e grado de risco:

- A penetración anal ou vaxinal sen preservativo comportan un elevado risco de infección

- A estimulación bucoxenital comporta risco de infección se se mantén na boca ou se traga o seme ou o fluxo vaxinal porque pode haber feridas  nas mucosas de boca e/ou farinxe (risco principalmente para quen realiza a estimulación)

- Compartir agullas ou outros instrumentos que teñen contacto directo co sangue dunha persoa infectada

 Se consideras que estiveches nalgunha destas situacións non o dubides e  realiza unha proba de detección do VIH. Podes solicitala no teu centro de saúde ou nun laboratorio, consiste nunha proba diagnóstica que se realiza a través dunha analítica de sangue. Outra opción é valorar a realización dunha proba rápida sobre a que che ofrecemos máis información a continuación.

2- Importancia da proba rápida

 

Está proba está pensada para persoas que tiveron unha posible situación de transmisión e que teñen dificultades, por causas variadas, para acudir aos servizos de saúde.

Un dos obxectivos da posta en marcha da proba é, entre outros, acurtar o tempo de diagnose. Isto é así xa que se unha persoa é sabedora de que ten o VIH, que se poida beneficiar, o máis axiña posible do tratamento e das ferramentas de prevención existentes. O diagnóstico precoz ofrece a posibilidade de beneficiarse da terapia antiviral nas etapas precoces da infección, e pode contribuír a modificar as condutas que favorecen a transmisión do virus a outras persoas.

3- Descrición breve da proba

 

- É unha proba que se realiza de forma anónima e individual, de modo confidencial e sen custe.

- Poden solicitala persoas maiores de 16 anos

- Busca a presenza de anticorpos antiVIH-1 e2

- Faise cunha mostra de fluído oral e o resultado sábese en aproximadamente 20 minutos

- É unha proba de cribado, non diagnóstica , de gran sensibilidade e especificidade

- Pode facerse a partir dos 3 meses dende a situación que se valora con posibilidades de transmisión

                                             VIH1

 4- Como se realiza e como funciona

- Realízase un consello asistido, por parte dunha persoa profesional formada na realización da proba, no que se valora se se cumpren os “requisitos” para a súa realización (idade, situación real de posibilidade de transmisión, tempo mínimo dende a situación que se valora con posibilidade de transmisión, condicións que non alteren o resultado da proba*). En caso de cumprilos, e que a persoa coñecendo as características da proba desexe realizala, o proceso sería:

- Tomar unha mostra de fluído oral cunha paleta
- Introducir esa paleta nunha solución reactiva
- Recibir información e asesoramento durante os aproximadamente 20 minutos no que tarda en saír o resultado
- Recibir consello asistido tras o resultado da mesma

*Se comiches, bebiches ou tomaches goma de mascar haberá que agardar a que pasaran 15 minutos.
*Se empregaches produtos de hixiene bucal haberá que esperar 30 minutos.

 Os resultados poden ser:

A)- Proba rápida non reactiva: indica que a persoa é seronegativa, non é portadora dos anticorpos anti-VIH

B) Proba rápida reactiva: as probas reactivas precisan dunha análise posterior. Un resultado reactivo no quere dicir que esa persoa sexa seropositiva, hai que facer outras verificacións para eliminar calquera posibilidade de erro.

C) Hai casos nos que as probas resultan non válidas: nesa caso poderase repetir o proceso.

 

 

 

5- Cando tempo ten que pasara para poder facela

 

A proba rápida é rápida na lectura do resultado, aproximadamente 20 minutos. O que non acurta é o que se chama o período ventá: é dicir, o tempo que transcorre dende a última situación de posibilidade de transmisión ata que os anticorpos son detectables. O período ventá e de tres meses dende a última práctica con posibilidade de transmisión. Pasara ou non este tempo pódesnos consultar sobre a túa situación concreta.

 

6- Facer a proba rápida nos centros Quérote+

 

Podes achegarte a calquera dos centros Quérote + de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela. Os días de realización son de luns a xoves, xa que non se recomenda facela en véspera de fin de semana ou festivo.

Os horarios dos centros para a súa realización son de 9:00 a 13:30 e de 16:30 a 18:30 horas.  Hai centros como é o de Vigo no que se recomenda a solicitude de cita previa.

Deixámosche os enderezos e os teléfonos dos diferentes centros:

Quérote+ A Coruña

981 223 913
Av. Linares Rivas, 28
15005 A Coruña
Situación:
https://goo.gl/maps/qZmj2

Quérote+ Lugo

982 241 732
Rúa Pintor Corredoira, nº4.
Complexo Xuvenil LUG II
27004 Lugo
Situación:
https://goo.gl/maps/UN8sf

Quérote+ Ourense

988 231 470
Rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 27, 4º.
32004 Ourense
Situación:
https://goo.gl/maps/BWbTr

Quérote+ Vigo

986 095 977
Rúa Ferrería, nº 41.
36202 Vigo
Pontevedra
Situación:
https://goo.gl/maps/m6STe

Quérote+ Santiago

881 997 613
Rúa de Ramón Piñeiro, nº 19.
15702 Santiago de Compostela
A Coruña
Situación:
https://goo.gl/maps/FvXsf

 

Campañas e publicacións:

 
- Actividades formativas: ao longo do ano fanse actividades formativas de educación sexual tanto en centros educativos coma en diferentes entidades. Podes poñerte en contacto con nós se desexas ter información sobre estas formacións.

                                     VIH2

- Servizo de dispensación de preservativos de balde: en todos os nosos centros. Achégate e facilitámoschos.

                                    VIH3

- Accións arredor do VIH:

         A) Día da proba rápida do VIH e do Día de loita contra o VIH:

                                  VIH4

      B) Semana Europea da Proba do VIH:

                                  VIH5

    C) Outras campañas:

                                 VIH6

                                VIH7

     Campaña "Ti que fas en 20 minutos"?:

                                VIH8

     Campaña da proba rápida en aplicacións móbiles Bender e Grindr "Pon a proba do VIH entre os teus favoritos":

                               VIH14

     Campaña "Facémolo?":

                                      QR1_4

      D) Asistencia e participación en actos:

                                   VIH9

                                   VIH10

    E) Mesas informativas:

                                   VIH11

     Mesa informativa na Coruña:

                                      VIH12

     Mesa informativa na Biblioteca Intercentros de Lugo:

                                      VIH13

 

 

 

Datos de interese: estudo epidemiolóxico

Vixilancia epidemiolóxica do VIH-sida en Galicia 2018. Consellería de Sanidade.

https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/5818/INFORME_2018_vih-sida_galego.pdf                                

Gráfica VIH

Bibliografía:

http://www.sergas.es/gal/DocumentacionTecnica/docs/SaudePublica/sida/PROTOCOLOS%20VIH%20gal_DEFINITIVO.pdf

http://www.sergas.es/gal/documentacionTecnica/docs/SaudePublica/sida/venres_epidemioloxico_vol3_n4_20140207.pdf

http://www.fda.gov/downloads/BiologicsBloodVaccines/BloodBloodProducts/ApprovedProducts/PremarketApprovalsPMAs/UCM091933.pdf

http://www.meridianbioscience.eu/media/pdf/OraQuick%20HIV.pdf

http://www.kabla.mx/descargas/enfermedades_infecciosas/OraQuick-instructivo.pdf